3.1. Orixes de ambos

3.1. Orixes de ambos

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

3.1. ORIXES DE AMBOS

O asesoramento

   O asesoramento concíbese como bastante recente no ámbito educativo, pero non noutros terreos como as organizacións financeiras e empresariais ou os servizos de asistencia que gozan de unha tradición ben fortalecida.

   A figura dos consultores ou investigadores sociais xorde xa hai unhas décadas a partires dos modelos de intervención no ámbito da Psicoloxía Social. O termo consultor é empregado anos máis tarde desde unha perspectiva estritamente educativa.

   A función asesora concibida como apoio externo ós centros educativos empeza a ter lugar como consecuencia do movemento da reforma curricular acontecido en Europa e nos Estados Unidos a mediados do S. XX, o que provocou que no seo das distintas comunidades educativas se cuestionara o modelo de profesor existente e a demanda de alternativas formativas axustadas ás necesidades dos cambios producidos; potenciando valores como a reflexión, a investigación partindo das necesidades da propia práctica, o traballo en grupo entre os docentes, rómpese a idea de profesor individualista e do “celularismo” propio da aula ofrecendo deste xeito unha nova visión do valora da planificación no centro.

   Isto foi considerado como a Época do “cambio planificado”, pois era necesario un novo modelo relacional entre os expertos e o profesorado, xa que non era suficiente que os expertos estipularan as directrices de como facer as cousas, o momento e os contidos ee o profesorado tan so se limitara a cumprilas. Polo tanto, había numerosas razóns que xustificaban a presenza dunha nova figura, a figura do asesor, que tal e como di Fernando Harnández (1992):

"a) la confirmación en la práctica de la escasa validez de los modelos prescriptivos de planificación curricular y la tendencia a ser sustituidos por propuestas consensuadas. La planificación se realizaría en función de las necesidades de los enseñantes y centros.

b) la definición del enseñaste como un ejecutor de los “buenos planes” de los expertos, a la de un “agente que toma decisiones”, “práctico reflexivo”, o un "profesional crítico”.

c) se va configurando una tendencia en la investigación que trata de poner el saber de los investigadores en relación con el de los profesores."

   Esta nova figura traería consigo un determinado tipo de relación entre os asesores e o profesorado, o asesoramento educativo, que xorde con uns fins totalmente distintos xa que a relación entre o experto e a institución residía en tarefas basicamente de apoio. Os centros precisaban de apoio para dirixir o cambio cara unha dirección concreta á vez que fora controlada, sendo estas tarefas as que conformaban as fontes de asesoramento. Nos últimos anos estas tarefas para as que nun primeiro momento se concibira o asesoramento foron evolucionando progresivamente cara outras dirixidas á axuda, as cales configuran a nova base do asesoramento educativo.  

   Nas primeiras prácticas de asesoría nos centros, o profesorado poñía en práctica innovacións da forma máis eficaz posible axudados por especialistas (asesores) que lles indicaban o que tiñan que facer. Isto supoñía como di Nieto Cano (1992):

"a) mediante asesores externos, las escuelas podían ser más receptivas a los resultados de la investigación, incrementando la difusión de innovaciones y el uso local de la información.

b) los asesores externos podían ejercer una influencia positiva en el desarrollo de innovaciones.

c)  la asistencia técnica externa era importante en ayudar a las escuelas a mantener un compromiso de mejora con programas de mejora a largo plazo, aumentando la probabilidad de su institucionalización."

   Non se precisaron de moitos anos para decatarse de que a pesares de ser unha práctica bastante recente, a figura do asesor/a é cuestionada desde múltiples ámbitos, sobre todo desde os sectores máis críticos do sistema educativo; pois o profesorado e os centros non consideran ó asesor como un elemento capacitado para apoiar os cambios e as iniciativas xeradas en e polos centros. A relación entre os asesores e os centros caracterízase por ser ocasional e apenas sistemática, provocando importantes resistencias do profesorado no momento de confiar e lexitimar a figura do asesor/a.

   Actualmente a situación tanto do asesoramento como do asesor/a defínese como de incerteza, e como consecuencia máis directa da mesma dáse o grao de insatisfacción do profesorado, dos centros, dos propios asesores/as e, mesmo, da Administración.

                                                                                                                          

A orientación

   O concepto actual de orientación e os seus distintos enfoques teóricos e prácticos son o resultado da influencia dunha serie de acontecementos e achegas producidas ó longo do século XX, aínda que a acción de orientar é un feito natural que sempre estivo presente en todas as culturas sendo necesaria ó longo da historia. Un dos seus precursores é Juan Huarte de San Juan (1529-1588).

   Debido á industrialización e ós cambios sociais de finais do século XIX, que xeraban situacións de privación nos mozos das clases menos favorecidas, foi necesaria unha intervención baseada na axuda ós individuos para que estes puideran adaptarse ós cambios a adecuarse ás novas situacións laborais para facilitar a ubicación de cada traballador a un posto laboral. Deste xeito, a orientación ten as súas orixes como actividade organizada a comezos do século XX en Estados Unidos, sendo a figura máis importante Frank Parsons(1854-1908) que fundou en Boston en 1908 a primeira Oficina de Orientación Vocacional como un servizo público á marxe do ámbito educativo. En dita oficina proporcionaban axuda os mozos desfavorecidos para a busca de emprego, sendo o seu obxectivo e a base da súa metodoloxía lograr un coñecemento da persoa para adecuala ó traballo máis idóneo. Na súa obra “Choosing a Vocation” usa por vez primeira o termo vocational guidance.

   Outras achegas importantes son as de Davis, considerado o pai da orientación educativa ó propoñer a integración da actividade orientadora no currículo escolar, e as de Kelly que introduce o termo educational guidance e considera que a orientación como un proceso formativo de axuda integrado no currículo para facilitar as eleccións nos estudos e a resolución de problemas persoais.

   Durante a Primeira Guerra Mundial e o final dos anos corenta empeza a desenvolverse o counseling, termo introducido por Proctor que é entendido como un proceso psicolóxico de axuda persoal para comprender a información profesional e a súa relación coas potencialidades e posibilidades da persoa, permitindo unha atención individualizada no proceso de asesoramento. Isto é asumido por Williamson na escola de Minesota, autor do principal enfoque de counseling.

   A partir dos anos trinta prodúcense importantes achegas que contribúen ó desenvolvemento da orientación como disciplina científica, pasando da orientación vocacional, na que so aparecían as funcións de adecuación e selección profesional, ó asesoramento psicolóxico que incorporaba a axuda individualizada para as persoas que requiren de atención psicolóxica no persoal ou apoio na toma de decisións vocacionais nas que o suxeito, tras avaliar as súas posibilidades, deberá chegar a un axeitado autocoñecemento. Nesta década cabe destacar a figura de Carl R. Rogers que avoga por un enfoque non directivo centrado no cliente, poñendo énfase no persoal e valorando a necesidade de aceptar, respectar incondicionalmente e comprender de fora empática ó outro. Metodoloxicamente pásase dun diagnóstico baseado na utilización de tests á aplicación da entrevista, o que supón a ampliación das funcións da orientación a aspectos persoais. Outros autores avogan pola independencia da orientación con respecto ó currículo e á formación profesional.

Nos anos corenta, coincidindo co remate do conflito bélico, xorde unha notable demanda de orientación que introduce como liña de intervención a atención ás relacións familiares. Por iso, nos anos cincuenta, a orientación entra nunha fase de expansión debido á aparición de asociacións como a Asociación Internacional de Orientación Profesional (AIOP) que a partir de 1963 pasa a chamarse Association Internationale d´Orientation Scolaire et Professionnelle (AIOSP). Nesta época hai que salientar a Super co movemento “revolución de la carrera”, que defende como enfoque do ciclo vital da persoa, ampliando o ámbito de intervención da orientación vocacional, centrada na adolescencia, á orientación ó longo da súa vida activa. Deste xeito, a orientación pasa a considerarse un proceso continuo e educativo dirixido á persoa como un todo global onde deben incluírse todos os aspectos da vida e os seus roles na sociedade estendéndose, a súa vez, ós medios comunitarios e ás organizacións.

   Nos anos sesenta ten lugar un interese progresivo pola atención ós grupos en lugar do tratamento individualizado. A finais desta década o concepto de carrera substitúe ó de vocación empregándose nos anos setenta termos claves como career guidance, career cunseling, areer education e career development, e xa na década dos setenta encontramos novas formas de entender a práctica orientadora para a prevención e o desenvolvemento, as cales eran educación para a carreira e educación psicolóxica. Nesta década a orientación adquire unha gran difusión e a figura do orientador cobra un recoñecemento profesional.

   Nos anos oitenta deséñanse programas de prevención e amplíase o campo de actuación da orientación co desenvolvemento da carreira nas organizacións, xurdindo departamentos de recursos humanos en institucións e empresas para atender as necesidades dos empregados. Xa, na década dos noventa o movemento para a carreira continúa coa súa expansión, afiánzanse os principios de prevención e desenvolvemento e téndese cara os programas comprensivos co fin de potenciar o desenvolvemento autónomo ó longo de toda a vida. Tamén se aprecia un especial interese e preocupación polo autocoñecemento, a planificación da carreira vital, a toma de decisións, a educación para  a saúde, as habilidades de vida e sociais, a intervención na familia, ocio e tempo libre, etc.