3.2. Asesorar e orientar: son o mesmo?

3.2. Asesorar e orientar: son o mesmo?

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

3.2. ASESORAR E ORIENTAR: SON O MESMO?

   O asesoramento ten unhas características e condicións que fan qué as relacións que se establecen entre as persoas sexa máis ligada á axuda real, á posibilidade de desenvolvemento. Segundo Rodríguez Romero, o asesoramento está moito máis comprometido cos aspectos curriculares (referidos estes á definición dos propósitos do centro, ós estilos de ensinanza, ó currículo oculto, ás prácticas de avaliación, ás regras e ós rituais das rutinas da aula e do centro) e organizativos e de desenvolvemento profesional.

   A orientación, pola súa parte, ten unha función un tanto paradóxica. Trátase dunha acción que se vai diluíndo pouco a pouco porque semella a desaparecer facéndose progresivamente innecesaria, pois intenta conseguir que a persoa sexa cada vez máis autónoma, máis libre, máis independente.

   A priori, pódese pensar que o asesoramento e a orientación son o mesmo ou non, polo que ó longo deste epígrafe será esta a cuestión que nos ocupe, de xeito que  iremos vendo se é así ou non.

 

O asesoramento

   O traballo do asesoramento é en si mesmo un acto de intervención, onde o asesor colabora e acompaña na creación de coñecemento e no desenvolvemento de cambios persoais en contextos caracterizados pola incerteza e a imprevisión. Así mesmo, o asesor ocupa o lugar de un testigo de segundo orden o testigo de alguien que testimonia” segundo Mezzano (1996).

    Cómpre dicir que o asesoramento como acto de intervención non supón atender unicamente aquilo que non sae ben, aquilo que non funciona como debería e merece buscar unha solución para ser arranxado, aquilo que se escapa á orde do esperado, aquilo que non logra satisfacer a expectativa prevista, aquilo que está en crise...Tal e como di Ardoino (1981): “El asesoramiento como acto de intervención es la interrogación acerca del sentido, la puesta en evidencia y la elucidación de lo que hasta entonces quedaba oculto […]. Tal vez, lo que realmente cambia el curso de la intervención es la mirada que los actores dirigen hacia la situación que sufrían hasta entonces, sin poderla comprender muy bien por el hecho de su complejidad y de su opacidad. El trabajo de elucidación, aun cuando sea parcial, modifica pues, en cierta medida, la relación de cada uno […] con la situación […]. La lectura de los fenómenos se enriquece y se vuelve más exigente. Hay un desarrollo de las capacidades críticas. Pero la situación en sí misma, en la medida que se halla determinada por fuerzas externas, en la medida que constituye la traducción de modelos más generales que la trascienden y que quedan fuera del alcance del poder real de los protagonistas (al menos en la situación de la intervención), se mantiene fundamentalmente incambiada en lo esencial […]. Toda la cuestión es saber si este imaginario va a desembocar en una invocación ritual de un cambio social […] o en la intención de transformación de los imaginarios individuales y colectivos a través de un trabajo de educación y formación crítica”.

    Tendo en conta isto, o asesor quizais non sexa a persoa que contén a palabra xusta, a mellor estratexia ou a solución ideal para afrontar cada problema ou dificultade que se presenten. A súa intervención supón ver de forma pausada e detallada a situación de cada un, abrindo interrogantes e facéndose preguntas arredor daquilo que semellan certezas sobre o que se sabe, o que se necesita e o que ocorre. A tarefa do asesor, en palabras de Van Velzen (1993) consiste en “Promover, diseñar, diagnosticar, planificar, ayudar y evaluar el cambio”. Independentemente de cal sexa a posición do asesor/a, ou ben interna ou ben externa, o seu propósito é lograr acadar a exterioridade que non semelle algo alleo.

    Deste modo, é posible definir o traballo de asesoramento como “práctica especializada en situación”  como afirman Sandra Nicastro e Marcela Andreozzi (2003), marca un punto de partida que non admite ser cuestionado e que se vincula ó recoñecemento dunha intencionalidade que soe estar ligada á expectativa de progresar na mellora, no cambio e no desenvolvemento das persoas, dos proxectos e da organización.

   A función asesora pode ser concibida de distintas formas en función dos parámetros de referencia cos que se observe de modo que da lugar a diferentes modelos de actuación, os cales han de ser dinámicos e flexibles e que se vaian adaptando ás diversas situacións que nos podemos encontrar na práctica educativa; pois o que é efectivo nuns casos non o é en outros, polo que non se pode quedar en modelos puros senón optar a varios e integralos dando pé a un amplo marco de posibilidades.

   En función do saber do asesor teñen lugar modelos de expertos en contidos ou especialista nun ámbito de actuación (actúa en base o coñecemento de xeito puntual e específico), en procesos ou xeneralista (destinado a procesos e estratexias de dinámicas de grupos) e en contidos (que actúa co grupo a modo de experto en procesos e colega crítico). Con respecto a isto, resulta importante salientar a figura do colega crítico do que se destaca a relación de confianza que non debe caer na tentación de ser colega senón que se avoga por unha boa acción profesional.

    Así mesmo, poden darse diferentes estilos de actuación como son o directivo e o indirecto. O directivo dirixe a acción e permite a actuación directa sobre o problema. O indirecto, seleccionado polo autor, é máis produtivo xa que se fala do asesor como persoa oportunista que aproveita as accións dos docentes para que adquiran autoconciencia e tomen as rendas dos seus procesos de mellora/acción; dito oportunista, considerado como estratéxico, busca a situación concreta sobre a cal vai xerar a oportunidade de reflexión.

    Ademais, o asesoramento en base a súa ubicación pode ser interno, que permite coñecer en profundidade a realidade do centro (as súas posibilidades e os seus límites) e externo, onde o asesor non pertence a institución; aínda que estes últimos poden volverse internos a través dunha participación directa co centro.

    A pesares de ser necesarias accións puntuais, o autor defende a dimensión de continuidade sendo así moito máis produtiva e sostible. Así, os axentes conseguen unha maior autonomía, ferramentas e estratexias que lles permiten afrontar os problemas cotiás a través da colaboración crítica (o colega crítico sitúase aquí).

    Xeralmente, o asesor/a traballa simultaneamente sobre máis dun fin, pois os seus propósitos sempre son múltiples, plurais. Algúns de ditos propósitos están directamente vinculados ós cambios que se intentan promover no asesorado e na súa situación (persoal, de traballo...), mentres que outros son condicións que o asesor precisa ter en conta para poder soster o campo do asesoramento.

    Así como sucede noutras prácticas profesionais, o asesoramento implica traballar sobre problemas que resultan dun traballo de construción e definición por parte daqueles que interveñen no desenvolvemento desta práctica. Tal e como afirma Schon (1998): “Si es cierto que la práctica profesional tiene al menos tanto que ver con el hallazgo del problema como con la solución del problema encontrado, también es cierto que el establecimiento del problema es una actividad profesional reconocida […].

Cuando nos planteamos el problema, seleccionamos lo que trataremos como los “asuntos” de la situación, establecemos los límites de nuestra atención respecto a ello, le imponemos una coherencia que nos permita decir lo que está equivocado y en qué direcciones necesita ser cambiada la situación. Encuadrar el problema es un proceso en el que, interactivamente, nombramos las cosas a las que prestaremos atención y enmarcamos el contexto en el que las atenderemos”.

    Deste xeito, cómpre salientar que a focalización do obxecto-problema de asesoramento supón delimitar aqueles aspectos ou variables e relacións significativas de maior potencial explicativo desde o punto de vista do asesor e dos asesorados. A definición do obxecto-problema de asesoramento é un dos puntos de maior dificultade no traballo do asesor, pois en si mesma aparece como unha situación incerta e sen especificar á cal o asesor/a debe dar sentido unha e outra vez a partires dun continuo traballo. O asesor focaliza a súa mirada en aqueles aspectos da realidade ós que da prioridade como vía de entrada ó traballo de asesoramento, avanzando na caracterización destes aspectos desde unha perspectiva situacional ó consideralos no “aquí” e “agora” recuperando a dimensión histórica, o momento preciso, no que tiveron lugar os fenómenos, os problemas ou necesidades. Con isto dáse resposta a dous requisitos imprescindibles para comezar coa práctica asesora, tales como a contextualización do obxecto-problema no tempo e espazo e a consideración da situación no seu devir e movemento.

    Algúns dos principios que deben caracterizar o traballo dun asesor/a son os que a continuación se presentan:

-A neutralidade coa que se fai alusión á actitude de abstinencia que todo asesor/a debe manter respecto de alianzas e coalicións preexistentes no ámbito de traballo onde desenvolve a súa tarefa. Adoptar unha posición de neutralidade e abstinencia non significa que o asesor/a non estea implicado de forma afectiva nin que deba adoptar unha actitude frívola respecto de aquilo que sucede. A súa tarefa relaciónase con opinar, tomar posición e emitir xuízos que o comprometen, o cal supón un importante e forte grao de implicación. En palabras de Droeven (1997) “El asesoramiento es un compromiso sensible propio de quién no forma parte de la escena de trabajo del otro pero que tampoco es totalmente ajeno a ella”.

-A independencia e autonomía relacionada coa discreción que o asesor/a ten para tomar decisións relativas ó seu traballo. Pódense explicar en base, por unha banda, á relación que o asesor/a mantén co sistema de autoridade e poder ou, por outra, coa liberdade que cada asesor/a ten para manexarse co seu propio criterio, respectando o seu marco de referencia e definindo o plan de traballo que considere oportuno. 

-A confidencialidade referida ó uso responsable da palabra e da información en termos de produción e circulación. Esta última, a circulación, caracterízase por ser restrinxida xa que non pode ser compartida nin ser coñecida por todos, pois se non fora así estaríamos ante unha falta de ética profesional.

   En termos xerais, o traballo de asesoramento cambia para soster moito do que habitualmente se fai, pois inscríbese nunha temporalidade que o atrapa e que o exclúe á vez, que se axusta e desaxusta nun permanente movemento, xógase entre conservar e prescindir e asimilarse ó coñecido ou definirse como diferente.

  

A orientación

   A orientación é entendida actualmente como un proceso de axuda dirixido a todas as persoas ó longo do seu ciclo vital coa finalidade de potenciar o desenvolvemento da personalidade integral.

   O termo orientación está caracterizado por unha certa confusión debido á utilización de distintos adxectivos como vocacional, profesional, ocupacional, educativa... para especificar o significado da orientación; ó uso de forma indistinta de termos conceptualmente diferentes (counseling e guidance) para referirse xenericamente á intervención dos orientadores e á diferenza de funcións asignadas en cada momento ós profesionais da orientación.

   Son numerosas as definicións existentes arredor da orientación, sendo algunhas delas recollidas de a continuación:

-Escudero (1986): “La orientación es un proceso de asistencia, facilitación y colaboración con los profesionales prácticos de la educación”.

-Rodríguez y Forns (1977): “Es un proceso paralelo al mismo proceso educativo; su función central será la de adelantarse a los problemas: estudiar al alumno, sus posibilidades, la adecuación de las exigencias y contenidos escolares a su capacidad operatoria, estudio del fracaso escolar...”

-Weimberg (1969): “La Orientación puede ser considerada como una filosofía, como una función, un papel y una actividad. Como filosofía, la orientación supone la concepción programática de la relación existente entre la institución escolar y los alumnos. Como función, representa un sistema de responsabilidades que la escuela considera que legítimamente puede y debe asumir. Como papel, presupone un sistema de ocupaciones estructuradas que permite cubrir las responsabilidades. Como actividad, representa un conglomerado de prácticas que en cada institución han adquirido distintas formas de rutina, pero que deberán ser coherentes en cualquier caso con la filosofía, la función ye l rol”.

-Zabalza (1984): “Conjunto de intervenciones especializadas dirigidas a la optimización del nivel de logro global (instructivo y personal) del proceso de enseñanza-aprendizaje”.

-García, Moreno y Torrego (1993): “Proceso de ayuda inserto en la actividad educativa, cuyo objetivo es contribuir al desarrollo integral del alumno, con el fin de capacitarle para un aprendizaje autónomo y una participación activa, crítica y transformadora en la sociedad”.

   Ó falar de orientación é preciso facer referencia ós distintos termos empregados conceptualmente, tales como “guidance” e “counseling”. “Guidance”(orientación) é o proceso de axuda/apoio sistemático e profesional a través do uso de procedementos educativos e interpretativos para mellorar o autocoñecemento, ensinar a resolver problemas de diversa índole, ensinar a tomar decisións, realizar unha planificación responsable do proxecto de vida e ensinar a relacionarse co entorno. Pola súa parte, “counseling” (consello/asesoramento) é tamén un proceso de axuda de natureza directa e interpersoal que mediante a comunicación persoal (cara a cara) pretende contribuír a solucionar ou mellorar os problemas da persoa. No seguinte cadro pódense observar claramente as características de ambos.

GUIDANCE (orientación)

COUNSELING (consello/asesoramento)

Natureza cognoscitiva

Natureza afectiva

Impersoal e pública

Persoal, privado e confidencial

Iniciado polo orientador e/ou docente

Iniciado polo cliente (alumno/a)

Colectivo (son actividades realizadas en grupo)

Individual

Ámbito de actuación vocacional, estendido ó ámbito educativo en xeral

Multidisciplinar (esténdese a varios ámbitos)

 

   A orientación contempla tres principios básicos: o principio de prevención, o principio de desenvolvemento e o principio de intervención social.

-O principio de prevención: O seu obxectivo reside en desenvolver a competencia funcional e social da persoa para facer fronte as situacións e ó seu fortalecemento interior (empoderamento= empowerment). Deste xeito haberá que distinguir entre a prevención primaria (actuar sobre suxeitos sans para tratar de evitar posibles problemas), a prevención secundaria (actúa sobre as persoas xa afectadas para reducir ou mitigar a intensidade dos efectos) e a prevención terciaria (pretende reducir a probabilidade de que se repitan problemas xa ocorridos e incrementar ou restaurar o funcionamento normal da situación).

-O principio de desenvolvemento: A súa finalidade é dobre xa que, por un lado, trata de dotar de competencias á persoa para que poida afrontar as demandas da etapa educativa e, por outro, proporcionar situacións de aprendizaxe vital que faciliten a reconstrución e progreso dos esquemas conceptuais da mesma. Deste xeito, a orientación concíbese como un proceso continuo dirixido ó desenvolvemento integral da persoa que involucra ó alumnado nun proxecto persoal de futuro no marco dunha intervención orientadora contextualizada.

-O principio de intervención social: A orientación debe ter en consideración o contexto social que rodea a súa intervención, ademais de intervir sobre ese contexto o que supón considerar ó orientador como axente de cambio. Non se trata so de axudar á persoa para que se adapte ó medio, senón tamén facelo consciente dos obstáculos que obstaculizan a súa plena realización persoal. Dita concienciación incentivará a acción para cambiar o sistema.

   

   En definitiva, o asesoramento e a orientación son dúas accións ligadas, que van da man, pero distintas. Pois, o asesoramento pode verse como unha acción fundamentalmente desinteresada, neutral e comprometida coa capacitación do profesorado e co benestar do alumnado, algo que tamén se podería asociar coa orientación no ámbito educativo; pero, á súa vez, o asesoramento caracterízase por un servizo a intereses que semellan contraditorios debido a que:

-O asesoramento como práctica de apoio foi unha peza clave nas tácticas de regulación social promovidas polo Estado para introducir novas formas de socialización profesional do profesorado e fomentadoras de determinadas maneiras de definir o cambio das institucións educativas.

-A pesares de que resulta complicado deslindar o asesoramento de outros campos de acción, entre eles a orientación, o asesoramento atópase nun terreo inestable entre o compromiso co profesorado e os centros educativos e a súa dependencia da Administración educativa.

-Hai determinadas peculiaridades vinculadas ó seu desempeño en educación que son fundamentais para definir cara onde se inclina o asesoramento, peculiaridades das que resulta complicado establecer os límites por mor do difícil equilibrio de posicións no que se move o asesoamento.