Navegación

3.3.1 Analizamos a pregunta 4

3.3.1 Analizamos a pregunta 4

Última actualización de en EU

A gran maoría dos grupos afirma que podemos falar da profesión de asesora ou de asesor debido a que observamos esta práctica en diversos ámbitos e contextos. Só 4 grupos están dudosos desta existencia, deixando un si...pero non, e tan só un nega rotundamente que non existel tal profesión, afirmando que se trata dun rol ou tarefa presente na maioría dos profesionais da educación. Os grupos dudosos realizan unha pequena reflexión sobre que o asesoramento é unha profesión pero por outra banda unha función dentro das múltiples tarefas dun profesional.

Todos coincidimos en que o asesor, sexa considerado ou non unha profesión, é un experto no seu campo, onde debe ter coñecementos profundos da súa área de actuación. Debe contar tamén con aptitudes comunicativas e de expresión para transmitir e comunicarse correctamente co asesorado.

Falamos tamén de características e competencias do asesor; e sobre todo destaca a formación continua, o reciclase ao cal se ten que someter un asesor para estar ao día na súa área. Debe realizar cursos e formación diversa sobre os campos de actuación.