3.3. Diferenzas e semellanzas

3.3. Diferenzas e semellanzas

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

3.3. DIFERENZAS E SEMELLANZAS

   Neste apartado farase referencia ás características que tanto diferencian como asemellan ó asesoramento e á orientación entre si. 

   O asesoramento é unha labor de apoio enfocada, como xa se citou antes, cara os profesionais das diversas institucións educativas e asistenciais (Rodríguez Romero 1996). Deste xeito, o asesoramento é aquela práctica profesional que reúna as seguintes características:

~ Un servizo indirecto dirixido cara o profesional (profesorado, traballadores, sociais...) que traballan cos clientes das institucións educativas, neste caso, e non directamente cara esta.

~ Unha interacción ou comunicación bidireccional dedicada á axuda.

~ Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado ou asesorada.

~ Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, sen diferenzas de posición e poder.

~ Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.

~ Trátanse asuntos e problemas procedentes da práctica profesional.

~ Trabállase sobre a base de acordos negociados.

~ A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

 

   No caso da orientación e seguindo a Patterson (1968), a Orientación NON É:

~ Dar información, aínda que durante o asesoramento poida darse.

~ Dar consellos, suxerencias e recomendacións (os consellos deberían ser recoñecidos coma tales, pois non é correcto disfrazalos de asesoramento).

~ Influír sobre actitudes, crenzas e condutas a través da persuasión, influencias ou convición a pesares de ser moi indirectas, sutís e inocuas.

~ Consiste na selección dos individuos para diversas tarefas ou actividades.

~ Consiste en realizar entrevistas.

 

   No seguinte cadro fanse explícitas as principais diferenzas entre o asesoramento e a orientación.

 

ASESORAMENTO

ORIENTACIÓN

ORIXE

Support, adviser

Guidance, Counseling

PRÁCTICA

Indirecta: con profesores ou outros membros da comunidade educativa

Directa: con estudantes

PODER

Horizontalidade, profesionais co mesmo estatus

Asimetría

COMUNICACIÓN

Bidireccional

Unidireccional

META

Capacitación asesores/asesorados

Resolución de problemas