Navegación

3.4 Segunda base: O Asesoramento na miña vida académica

3.4 Segunda base: O Asesoramento na miña vida académica

Última actualización de en EU

Aseoramento na miña vida académica (...upsss...)

          Xa antes de comezar a escribir, só con pensar no que vou poñer nesta  pensativo entrada, xórdenme numerosos  interrogantes. O primeiro que podería compartir é o seguinte: ¿Por qué non se me veñen facilmente á memoria as materias nas que traballei sobre este tema? ¿Pode que o asesoramento estivera en moitas salsas e en ningún xantar?

          Onde traballei ou escoitei asesoramento durante a miña etapa de estudante de maxisterio e de psicopedagogo? Pois debería saírme rápido non? Penso que non é así…de feito planteome numerosas dúbidas cando escoito asesor…asesoramento…debería ser un contido claro xa nas miñas estruturas cognitivas? Podo falar de estrutura cognitiva etc pero non de asesoramento? De todas formas, vouno intentar…

          Recordando as materias nas que participei en Maxisterio creo que a materia que máis se achegou a este termo foi Organización do Centro Escolar. Quizais tamén podo mencionar a materia do Prácticum, grazas as titorizacións tanto da escola como da USC puidemos mencionar ditos elementos, pero máis como símiles de orientación que como asesor propiamente dito. 

          En Psicopedagoxía estes dous conceptos, “asesoramento” e “asesor” foron tomando maior relevancia na miña vida académica, pero sempre quedaba ca mesma sensación de nomealos e nunca profundizar de quen realmente é un ASESOR!

          Materias como Deseño, Desenvolvemento e Innovación no Currículo; Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica; Atención Temperá e incluso Familia, escola e comunidade; pero na súa ampla maioría todas estaban centradas nun papel de orientación, os termos anteriormente citados só se mencionaban para indicar explicitamente que un asesor non é o mesmo que orientador, pero só se quedaba nesa pequena e ínfima afirmación.

           Realizada esta pequeña análisis, digo eu…é triste non saber máis non? Realmente parece un concepto base…algo que incluso debería ter moi claro dende Maxisterio…Isto plantexa temores… Realmente aprendemos o necesario, ou vémonos sometidos a contidos superfluos? Estamos motivados como para indagar por nós mesmos? Non nos equivoquemos, o sistema pode estar mal…pero como futuros profesionais deberíamos ser un pouco máis críticos con nós mesmos…de todas formas…facer este tipo de cousas, de tarefas, e darnos conta xa é un paso non? Saber que non sei nada, ou que non sei sobre determinado aspecto, É SABER ALGO!!!!