Navegación

3.6 Cuarta base: Entre a realidade e o desexo: unha visión do asesoramento

Entre a realidade e o desexo: unha visión do asesoramento

“Para educar a un niño hace falta la tribu entera”

Colaboración

O artigo de Montero e Sanz (2008) “Entre a realidade e o desexo: unha visión do asesoramento”  é de gran axuda para entender e clarificar varios conceptos clave no mundo do asesoramento e ademais ofrece unha visión do ideal de asesoramento nos centros educativos.

Lourdes Montero y Mª Dolores Sanz Lobo busca resaltar a importancia de aspectos como o traballo en rede, a colaboración e a dinamización de proxectos de innovación, como eixes fundamentais do asesoramento psicopedagóxico nun centro educativo, centrándose na realidade da figura do asesor interno, o orientador escolar.

Tal e como xa comentamos en varias ocasións, o asesoramento é un servizo indirecto no que se ofrece apoio e axuda e no cal ten lugar unha comunicación bidireccional, que se produce entre profesionais do mesmo estatus. O asesoramento pode sufrir variacións ou adaptacións, neste artigo as autoras falan de tres tipos de asesoramento:

Asesoramento interno: o asesor forma parte do sistema e traballa “dentro” da propia institución.

Asesoramento externo: o asesor responde a unha demanda concreta dunha institución da cal non forma parte. Aquí a función do asesoramento é dar un apoio externo que ofreza oportunidades de comunicación para a resolución do problema ou da situación. Ten importancia a coordinación e o compromiso entre os profesionais para que tomen decisións conxuntamente.

Asesoramento interno-externo: o asesor forma parte dunha entidade independente pero traballa periodicamente nunha institución determinada. Neste tipo de asesoramento o idóneo é traballar por programas, tal e como recomendan as autoras do artigo.

O orientador dun centro educativo debe considerarse como un asesor de tipo interno e non como un terapeuta. As autoras recalcan que dende a perspectiva da psicopedagoxía ou da socio-psicopedagoxía o orientador se corresponde coa figura do asesor interno.

Na actualidade, o proceso educativo é unha relación permanente cos outros e, por este motivo, a educación debe estar ligada á orientación xa que ambos son procesos complexos, integrais, colectivos… A relación máis frecuente que se da nas escolas é entre o profesor e alumno e o alumno e o profesor. Referíndonos ao asesoramento á relación idónea que debería darse nos centros educativos sería de tipo triádica: asesor-profesor-alumno (modelo de consulta). As relacións que se dan no asesoramento poden darse dentro do propio centro ou fóra deste, incluíndo deste xeito á comunidade educativa, a outras institucións da zona, etc. Vitaminas

Existen diferentes de modelos de asesoramento, hoxe en día no ámbito educativo o máis indicado é falar de asesoramento de consulta colaborativo. O asesor axuda, asesora ao profesorado para dar resposta as súas demandas e que poda tratar adecuadamente cos alumnos, pero o asesor pode tamén traballar directamente cos alumnos, ampliando así as relacións dadas en esta práctica. Poden e deben intervir máis axentes nestas relacións tales coma o equipo directivo, as familias, a comunidade e os servizos comunitarios, etc.

Polo tanto este modelo de intervención caracterízase por: entender ao centro como un sistema no que é preciso coñecer o clima e a cultura propias de dito centro, tendo tamén en conta que a diversidade é riqueza; considerar que o idóneo é traballar por programas e que este traballo sexa colaborativo e ademais hai que lograr traballar en rede (coa comunidade, cos servizos comunitarios, coas familias…); ter en conta que os cambios deben ser poucos e deben ter continuidade no tempo para lograr alcanzalos e cumprilos con plenitude.

As autoras do artigo crean unha metáfora para falar dos grandes eixes sobre os que traballar a práctica asesora nun centro educativo: falan do “pegamento” e das “vitaminas”. O primeiro eixe fai referencia ao conxunto de tarefas relacionadas coa colaboración e cooperación, e o segundo, á actitude positiva para crear e xerar situacións que propicien cambios para a mellora.

Para concluír, gustaríame dicir que este artigo mostra a práctica ideal de asesoramento que se debe dar nos centros educativos.

Pegamento

O orientador é un asesor interno que traballa no e co centro educativo, pero debe contar non só coa axuda e apoio dos profesionais que traballan neste senón tamén coa colaboración das familias e de toda a comunidade, incluso en ocasións pode precisar a outros asesores externos cós que traballar cooperativamente e tomar decisións conxuntamente. O modelo idóneo para desenvolver esta práctica asesora é o modelo de consulta colaborativo e/ou o traballo por programas xa que son os máis adecuados para propiciar este tipo de relacións e un clima favorable para traballar cooperativamente e traballar en rede.


 Ademais hoxe en día, as novas tecnoloxías (TIC) son un recurso que nos ofrecen este traballo en rede xa que en ocasións non podemos contar coa axuda de outros nun momento determinado por diferentes motivos pero as TIC axúdannos a contactar con diferentes persoas en calquera momento e en calquera lugar. Tamén poden crearse grupos de traballo en aulas virtuais o que facilita a flexibilidade para o traballo.