2. O asesoramento: unha práctica controvertida

2. O ASESORAMENTO: UNHA PRÁCTICA CONTROVERTIDA

   O asesoramento será o primeiro dos lugares polos que discorrerá este río de ricas augas, augas desta trepidante e enriquecedora aventura polo ámbito psicopedagóxico. Considero que o asesoramento é unha práctica controvertida por distintos motivos que irán sendo desenvoltos durante todo o portafolios. Neste apartado, en concreto, serán tres os aspectos esenciais a traballar, tales como: que entendemos por asesorar, os escenarios do asesoramento e distintas definicións sobre o mesmo.

2.1. QUE ENTENDEMOS POR ASESORAR: COÑECEMENTOS PREVIOS

   “Que entendemos por asesorar” foi a primeira das cuestións que se planteou nada máis comezar coa materia de “Asesoramento curricular a centros e profesores”, unha tarefa que se desenvolveu en dúas sesións e da que puiden extraer numerosas ideas, tanto a partir dos meus coñecementos como dos compañeiros/as.

   Revisando as materias de cursos pasados, comprobei como en varias delas traballaramos a temática do asesoramento, por suposto que nunhas delas foi tratado dun xeito máis profundo e noutras máis superficial. Polo tanto, os coñecementos previos dos que dispoño sobre o asesoramento residen nas seguintes materias:

Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica:

   Nela afondamos en aspectos propios do asesoramento tales como que este é multifuncional e que os asesores teñen que desenvolver nos centros educativos unha ampla gama de funcións, entre as cales se pode destacar: a colaboración na mellora da práctica docente, do funcionamento dos centros e dos procesos de renovación educativa; un axeitado tratamento da diversidade nos centros; o apoio nos procesos de ensinanza aprendizaxe; a orientación académica e profesional...Ademais, tamén se fixo fincapé nas tarefas dos asesores de formación ligadas estas á formación permanente do profesorado e á axuda na elaboración e revisión dos Proxectos Curriculares dos centros educativos.

   Outro aspecto tratado foi que o asesor pode ser considerado desde dous puntos de vista, por un lado, como resultor de problemas de conduta e aprendizaxe e, por outro, como previsor da aparición de ditos problemas a partires da optimización dos distintos servizos escolares. Tamén tivemos a oportunidade de estudar os distintos modelos de orientación e intervención psicopedagóxica.

   Así mesmo, traballouse a lexislación que concirne a esta temática onde se partiu da Reforma Educativa que derivou na promulgación da LOXSE en 1990, a raíz da que comeza un importante proceso de reforma global da ensinanza que orixina unha nova perspectiva da concepción do currículo. Este novo modelo outorga unha gran importancia á orientación educativa e profesional do alumnado onde a figura do psicopedagogo/a vai garantir unha maior calidade á educación. Neste caso, tamén abordamos os distintos niveis de organización e os servizos que dela derivan, así como a súa evolución.

Diagnóstico en Educación e Intervención Psicolóxica nos Trastornos do Desenvolvemento:

   En ambas proporcionáronse pautas e/ou liñas de actuación principalmente a pais e alumnado e, en ocasións, tamén ó profesorado, unha vez que se detectaba algún trastorno que impedía o normal desenvolvemento do neno/a.

 

   Polo tanto, o asesoramento é unha práctica un tanto complexa de definir; pero pódese dicir que se trata dun proceso de axuda, de consello e de consulta para dar e recibir axuda,  unha acción conxunta dirixida a axudar persoas, grupos, organizacións, etc., que se produce a partires da necesidade de guiar a toma de decisións, de dar resposta a un problema e/ou dificultade, proporcionar melloras, solucionar confrontacións ofrecendo recursos internos e externos... A partires disto, pódese dicir nun primeiro momento que algunhas das tarefas desenvolvidas por un asesor ou asesora poden ser:

  • Proporcionar información sobre calquera asunto de interese.
  • Prestar axuda a quén o solicite.
  • Ofrecer solucións alternativas.
  • Dirixir a asesoría de acordo ó tipo de investigación que deriva do problema a investigar.
  • Asesorar, realizar seguimentos e elaborar informes.

 

2.2. OS ESCENARIOS DO ASESORAMENTO

   O asesoramento pode ter lugar en múltiples escenarios e de diversas formas, entre eles os seguintes

  • Centros educativos
  • Oficina de emprego
  • Penitenciarías
  • Voluntariado
  • Concellos
  • Hospitais
  • Clínicas de beleza
  • Axencias matrimoniais
  • Asociacións
  • Ámbito deportivo
  • Publicidade
  • Internet
  • Universidade
  • Política
  • Atención al consumidor
  • Centros de educación vial
  • Centros de ocio
  • Sucursais bancarias (asesor financeiro)
  • Notarías
  • Gabinetes psicopedagóxicos
  • Bufete de avogados
  • Asesor de imaxe
  • Asesor persoal
  • Asesor contable
  • Asesor de contidos
  • Asesor comercial
  • Ámbito inmobiliario

  

2.3. DEFINICIÓNS DO ASESORAMENTO

   Son moitas as definicións que podemos atopar arredor do asesoramento, pois en palabras de Rodríguez Romero (1992) "la definición de asesoramiento se sitúa en una encrucijada de campos de actuación en los que se desarrolla solapada con otras prácticas pues los propósitos y los procedimientos de éstas no siempre están en concordancia con los más genuinos del asesoramiento".

   Rodríguez Romero (1992) aporta dúas definicións, por un lado: “Una labor profesional a la búsqueda de su propia identidad”. Por otro lado: “El asesoramiento forma parte de un conjunto muy amplio de prácticas profesionales surgidas en campos variados de las acción asistencial (escuela, salud mental, etc.) que se conocen como prácticas de apoyo, porque surgieron con la misión de ayudar, mejorar o sustentar las acciones estrictamente dedicadas a la enseñanza y el aprendizaje y la asistencia social de todo tipo”.

   Sparks (1992): “El acto de servicio en el que se espera que los asesores ayuden a lograr los fines determinados por los clientes”. Disto pódense salientar dous aspectos, por un lado, que se concibe simplemente como unha axuda, non é un axente responsable de unha acción, e por outro lado, non determina os fins da acción xa que a responsabilidade reside nos axentes; de modo identifícase ó asesor co rol de facilitador.

   Nieto e Portela (1999): “Un proceso de ayuda basado en la interacción profesional y orientado a la resolución de problemas de la organización”.

   Favaro (1983) afirma que “asesorar es, en su sentido fundamental, renunciar a la demanda de pericia técnica y participar activamente en sintonizar y compartir el mismo presente a través de una relación auténtica vivida en términos de nosotros”.

   Escudero (1992): "un proceso de prestación de servicios a las escuelas y a los profesores por parte de determinados especialistas o expertos en diversos ámbitos disciplinares o programas específicos, ya sea desde instancias privadas o , lo más frecuente, desde estructuras organizadas y legitimadas por la administración educativa correspondiente".

   Lippit y Lippit (1986): “El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos y ocuparse de los esfuerzos de cambio”.

   Aubrey (1990): “El asesoramiento es un servicio indirecto que tiene lugar entre profesionales de estatus coordinado. Es iniciado por el asesorado, quién tiene total libertad para aceptar o rechazar los servicios en cualquier momento. Involucra al asesor y al asesorado en una relación confidencial y colaborativa que se configura por las siguientes metas:

- Ofrecer un punto de vista objetivo.

- Ayudar a mejorar destrezas de resolución de problemas.

- Ayudar a incrementar la libertad de elección de acción del asesorado.

- Apoyar al asesorado en las elecciones hechas.

- Incrementar la conciencia del asesorado acerca de los recursos válidos para tratar con los problemas persistentes".