1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

1.  INTRODUCIÓN

   Xa tiveron lugar todos os encontros da materia de Asesoramento curricular a centros e profesores e agora é o momento de plasmar todo o recollido e aprendido neste portafolios. Un portafolios que en palabras da nosa profesora Lourdes Montero (2002) pode definirse como: “Una recopilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artículos, prensa, publicidad, programas, trabajos, artículos, páginas web, notas de campo, diario, relatos, etc.) considerados de interés para ser graduados por los significados con ellas construídos”

   Este portafolios é desenvolto mediante unha aventura inesquecible que discorre polas tranquilas e ricas augas dun río, un río que me levou a emprender a comezos de curso unha marabillosa e trepidante experiencia que pasará por distintos lugares cheos de encanto pero tamén cheos de coñecementos que me permitirán mergullarme en determinadas cuestións fundamentais para chegar ás profundidades desta apaixoante materia. Estes lugares cheos de encanto serán as cuestións sobre as que versarán as miñas reflexións, lugares cargados de valiosos e suculentos coñecementos e experiencias que me enriquecerán académica, profesional e persoalmente, e ó mesmo tempo todas elas guiarán o meu camiño ofrecéndome a oportunidade de completar enormemente, pero non rematar, a miña formación.

   Os puntos centrais polos que discorrerá o meu portafolios serán os seguintes:

  • O asesoramento: unha práctica controvertida
  • Asesoramento e orientación
  • Asesoramento curricular
  • Malestar & Benestar dos docentes
  • Psicopedagogos e profesorado: Que relacións?
  • O traballo colaborativo: unha necesidade primordial
  • A necesidade do cambio e mellora da escola
  • Reflexións arredor do traballo realizado
  • Referencias bibliográficas

   Todo río se caracteriza por ter un comezo, un nacemento, e un fin, unha desembocadura nalgún lugar... polo que vou ver que me deparan as ricas augas deste río polo que discorre a miña experiencia na materia sobre o asesoramento curricular a centros e profesores/as, unha aventura que comeza con este portafolios pero que non rematará aquí.