Navegación

3.8 Sexta base: A técnica das tres P

3.8 Sexta base: A técnica das tres P

Última actualización de en EU
Entrada de GRUPO:
 
Por Iria Balayo Abeijón hace 53 días

TÉCNICA DAS 3 P

Onte na clase traballamos coa técnica das 3 P:

image

1P: Que actuacións observamos que se definiría como asesoramento curricular?

Durante o noso periodo de prácticas observamos reunións por parte do psicopedagogo do centro cos mestres PT para levar a cabo ACIs cos seus alumnos, ademais de reunións con algúns pais que ían á escola con dúbidas sobre o aprendizaxe dos seus fillos e  noutro caso houbo algún mestre que acudiu ao psicopedagogo do centro en búsqueda de recursos e habilidades que lle permitiran responder aos requerimientos de alumnos con dificultades de aprendizaxe na sua aula.

2P: Como poden asesorar curricularmente se non son especialistas no ámbito curricular?

Aprendendo de maneira colaborativa, traballando de maneira interdisciplinar xunto con outros profesionais especialistas do currículos (comunidades aprendizaxe) 

3P: Que coñecementos sobre o curriculum posúen os psicopedagogos no proceso de formación como tal? Cales debemos posuír?

Un problema co que nos podemos atopar é que temos moitos coñecementos teóricos pero estamos faltos coñecementos prácticos, polo que é necesaria a colaboración con outros profesionais.

Os psicopedagogos estudamos de forma teórica a maneira de elaborar o curriculum e debemos ter en conta de que carreira se provén porque por exemplo os mestres terán mais coñecemento sobre o currículo que os que proveñan de outra carreira como psicoloxía.