Navegación

3.9 Sétima base: Relacións despois das prácticas

3.9 Sétima base: Relacións despois das prácticas

Última actualización de en EU
Entrada de GRUPO:
 
Por Iria Balayo Abeijón hace 19 días

¿Que pensan futuras/os asesoras/es das/os profesores de Infantil, Primaria e Secundario con quenes van a traballar?. ¿Que pensan profesoras/es de asesoras/es?. ¿Que conocemos de estas relacións?

Despois de vir do periodo de prácticas e tras traballar en conxunto cos mestres de Infantil e Primaria a nosa opinión sobre a súa labor é boa en xeral salvo contadas excepcións. Á hora de dar esta opinión existen dous puntos de vista diferentes:

Por un lado, unha compañeira no seu periodo de practicas fixo test a nivel grupo-clase que a parte de avaliar aos nenos están a valorar a labor do mestre. Neste caso os mestres sentíanse temerosos ante a opinión que se puidera ter deles á hora de avaliar os test dos seu alumnado.

Por outro lado, outro compañeiro fixo test individuais a nenos con posibles NEE, e neste caso a actitude dalgún mestre era que reacia a que o neno salira da aula para ir facer o test ao Departamento de Orientación, outros en cambio tiñan unha actitude positiva e colaborativa ante a valoración e axuda que se lle aportaría a estes nenos.

Noutros casos observamos que a visión dos mestres sobre os orientadores é que son persoas que nunca traballaron con nenos, e que so se dedican a facer test que teñen pouca utilidade.

Como en calquera oficio existen profesionais e non profesionais, de aí as diferentes relacións que poidan haber.

Polo tanto podemos dicir que a visión do orientador por parte dos mestres é boa ainda que con certas reticencias e posible temor por sentirse avaliados e xuzgados, algo que debemos atallar deixando claro que o noso traballo é en colaboración con eles.

Por outra banda, a opinión que os orientadores teñen dos mestres é boa en xeral, salvo excepcións por motivos de desconfianza mútua, por un lado un pode pensar que o traballo do orientador non ten valor e que teñen unha actitude de superioridade, e polo outro o orientador pode pensar que os mestres non valoran o seu traballo e non siguen as pautas que lles pode marcar para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

O necesario é facer entender a orientadores e asesores o valor da colaboración e a confianza mútua para poder levar a cabo un traballo eficaz. Non se trata de que uns estén sobre outros senon que trátase de traballar “man a man”

orientacion_12-12-12.doc

colaborar.jpg