Navegación

4.1 Borradores e primeiras notas

4.1 Borradores e primeiras notas

Última actualización de en EU

Asesor? asesoramento?

Perdido          Pareceume máis que interesante preocuparme un pouco polo que se entende pos asesoramento e asesor. A tarefa consiste en recapitular en qué materias tratamos o asesoramento curricular ou en cales se mencionou etc.

Para iso, considero coller ideas e definicións sobre asesoramento e logo observar se verdadeiramente traballamos con este contido no que levo de vida universitaria.

 Son diversas as definicións que podemos atopar na rede, feitas por diversos estudosos do campo. Á clave é coller o convinte de cada unha delas e facernos unha idea do que estamos a buscar. Debemos saber tamén que non todo o que aparece na rede é correcto, polo que é interesante contrastar a información que atopamos así como lela e non simplemente pegala.

 

 

ASESORAMENTO EN SENTIDO AMPLO: Calquera persoa que coñece algo e, en función dese coñecemento, presta un apoio determinado (informar, dar un consello, etc).


ASESORAMENTO EN SENTIDO RESTRINXIDO: Un profesional específica formado para ofrecer apoio nun campo determinado (alguén que ten un coñecemento "experto").


Definición: Experto que intervén nun proceso de cambio ante unha demanda individual ou colectiva -explícita ou implícita. A sensibilidade do asesor e a súa habilidade para percibir as demandas nunha situación determinada marcan a súa oportunidade.


ASESORAMENTO (Lippit e Lippit, 1986): "O asesoramento é unha interacción en dous sentidos, un proceso de buscar, dar e recibir-axudar. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto de resolver as confrontacións con problemas e ocuparse de esforzos de cambio. "


ASESORAMENTO (reelaboración): "Proceso de axuda sistemática, continuo, puntual, que trata de guiar, canalizar, informar... a unha persoa, grupo ou institución en relación cun determinado ámbito. "


ASESORAMENTO (Autrey, 1990): O asesoramento é un servizo indirecto que ten lugar entre profesionais de igual status. É iniciado polo asesorado, quen ten total liberdade de aceptar ou de rexeitar os servizos en calquera momento. Involucra o asesor e o asesorado nunha relación confidencial e colaboradora que se configura polas seguintes metas que ten o asesor: ofrecer un punto de vista obxectivo; axudar a mellorar as destrezas na resolución de problemas; axudar a incrementar a liberdade de elección de acción do asesorado; apoiar o asesorado nas eleccións feitas; incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes.

 SIMILITUDES ENTRE DEFINICIÓNS:

  1. É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coa clientela e non directamente sobre esta.

2. É unha interacción ou comunicación bidireccional dedicada á axuda.

3. Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado.

4. Prodúcese entre profesionais do mesmo status, sen diferenciación de posición e de poder.debate

          As vaguidades empezan a quedar atrás e cada vez estamos máis centrados nunha visión concreta do asesoramento e somos capaces de empezar a caracterizar un profesional moi concreto, mesmo dende o punto de vista humano; falamos dunha persoa cunha sensibilidade para detectar necesidades, con habilidades de relación cos demais... 

          De todas formas, comezamos un longo camiño, gustaríame saber que pensamos realmente dun asesor. Debater na clase realmente a nosa opinión, e non só aquilo que queda ben, ou que desexa escoitar a mestra. Se facemos realmente útil este tipo de clases, estas metodoloxías aportaremos grandes coñecementos á nosa mochila, a cal nunca estará o suficientemente chea.