Navegación

4.3 Reflexionamos sobre as bases e seguimos coa OBRA LIBRE

Clase interesante

En realidade, un plantexamento tan sinxelo fai que unha clase pase a ser entretida e divertida ao mesmo tempo que productiva.

O mercores realizamos unha lectura e análise das respostas feitas por cada grupo sobre a tarefa 1, Qué entendemos por asesorar? Cada grupo tivo como obxectivo a analise dun punto concreto desta tarefa, realizando así unha minuciosa lectura das respostas de cada grupo.

Isto con leva a observar os seguintes puntos:

  1. A comprensión da tarefa
  2. O común
  3. O diferente debate1
  4. O que hai
  5. O que non hai
  6. Autores emerxidos e a súa relación co asesoramento

A realización desta tarefa en común despois da análise produce pequenos debates e reflexións que levan a unha maior comprensión dos contidos traballados, así como cambios de opinións.

Un exemplo disto, foi o noso grupo, que non entrara na posibilidade de considerar o asesoramento como unha non profesión, e unha vez vistas algunhas respostas e razoamentos, cambiamos a nosa postura con respeto a este punto.

Durante o transcurso da clase numerosas preguntas e dúbidas foron xurdindo a causa do plantexamento da tarefa, é dicir, que pensamos, traballamos, reflexionamos...Parece que con sencillos planings de traballo podemos realizar unha tarefa interesante na que podemos sacar grandes coñecementos.