Proactividade é unha actitude na que o suxeito ou organización asume o pleno control da súa conduta de modo activo, o que implica a toma de iniciativa no desenvolvemento de accións creativas e audaces para xerar melloras, facendo prevalecer a liberdade de elección sobre as circunstancias do contexto. A proactividade non significa só tomar a iniciativa, senón asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan; decidir en cada momento o que queremos facer e como o imos facer.
Non obstante, tanto a palabra proactividade coma a palabra proactivo, non están aceptadas pola Real Academia Española, segundo a vixésima segunda edición do dicionario da lingua española.En castelán pódense utilizar, por exemplo, termos como iniciativa ou persoa con iniciativa.
Diferenzas entre persoas reactivas e proactivas
As persoas reactivas
Vense afectadas polas circunstancias, as condicións, o ambiente social... Só se senten ben se o seu ámbito está ben. Centran os seus esforzos no círculo de preocupación: nos defectos doutras persoas, nos problemas do medio e en circunstancias sobre as que non teñen ningún control. Non teñen a liberdade de elixir as súas p ropias accións.
As persoas proactivas
Móvense por valores coidadosamente meditados e seleccionados: poden pasar moitas cousas ao seu arredor pero son donas de como queren reaccionar ante eses estímulos. Centran os seus esforzos no círculo de influencia: dedícanse a aquelas cousas con respecto ás cales poden facer algo. A súa enerxía é positiva, co cal amplían o seu círculo de influencia.