Navegación

4.9 Investigamos

4.9 Investigamos

Última actualización de en EU

O asesoramento e os seus modelos

Modelo

MODELOS DE ASESORAMENTO

Para que serve ter un modelo de asesoramento?

  • Para axustar as diversas expectativas
  • Ordenar o meu traballo e saber como responder a determinadas preguntas como a qué problemas debo responder; por qué forman parte das miñas funcións… Como un experto que sabe todo o que hai que facer, como un consultor que aconsella pero non toma as decisións finais, como un coñecedor de programas que se poderían adaptar ás necesidades demandadas polos seus clientes, como alguén que se implica tanto na definición da demanda como nas accións pertinentes para dar resposta á mesma.
  • Integrar, coordinar e facer converxer as miñas funcións coas de outros axentes que interveñan na tarefa educativa. Como o equipo directivo, titores, profesorado, logopeda, psicólogos, familias, servizos…
  • Necesitamos diversos modelos de asesoramento para dar respostas ás preguntas quén son eu? Cal é o meu rol profesional? Quen son os meus clientes ou interlocutores? A que tipo de problemas debo responder? Como deben resolverse eses problemas? Como entendo o cambio educativo e os procesos de ensinanza – aprendizaxe? Con que finalidade realizo o meu traballo?...

MODELO “REMEDIAL”

  • Son un experto que sabe máis que o meu asesorado ou cliente. Existe unha relación asimétrica e directiva e debo “facerme cargo” dos problemas que se me derivan.
  • Os alumnos/profesores son considerados individualmente cunha relación diádica pasiva.       La relación entre el líder y cada uno de sus seguidores en una unidad de trabajo. Explica porque los líderes varían su comportamiento con diferentes seguidores. Os problemas escolares que son “colaterais” aos procesos de ensinanza – aprendizaxe son resoltos cun diagnóstico axeitado; a prescrición dunha intervención ou terapia específica e aceptando pasivamente a miña proposta como asesor.
  • cambio educativo é algo que non me compete particularmente; intervense para restaurar o “benestar” do cliente. Modelo curativo ou paliativo

Monereo en 1996 define o Modelo Remedial ou Asisitencial de Intervención en Orientación (comunmente coñecido como modelo clínico) como aquel modelo individualizado e intensivo realizado nun momento concreto e con finalidade remedial da orientación. A acción do orientador neste modelo é xeralmente externa ó centro e este é considerado como un especialista que atende ó suxeito en sesións periódicas. A relación co profesorado  é asimétrica, é dicir, o orientador é o experto da situación planteada polo orientado.

Contemplando esta definición do modelo clínico de orientación considero que coincide en moitos aspectos co Modelo Remedial de Asesoramento definido por Gerardo Echeita e Isabel Cuevas, no cal se define o asesorador como un experto, que mantén co cliente unha relación asimétrica, que se fai cargo dos problemas que lle derivan, é dicir, que os remedia. Os alumnos e mestres manteñen neste proceso de asesoramento unha actitude pasiva, aceptando o diagnosticado e proposto polo asesor. Como se pode observar estas características coinciden claramente co modelo clínico de intervención en orientación.

MODELO DE PROGRAMAS XERAIS

  • Son un experto que sabe máis que o asesorado ou cliente pero este “sempre ten a razón”, existe unha relación ambigua ou directiva – persuasiva. Os mestres son considerados individualmente ou grupalmente mediante unha relación triádica.Relación triádica es la relación que se establece entre el alumno, el docente y el conocimiento. Constituye un elemento esencial de la enseñanza. 
  • Os problemas escolares que “para os cales o profesorado se sinte ou se sabe sen competencias – eu non sei – “ solucionanse con programas ou productos estandarizados de “proba de eficacia”; un bo manual de usuario ou unha axeitada aplicación.
  • cambio educativo ten que ver con incorporar novas técnicas ou metodoloxías.
  • Intervense para mellorar as prestacións. Por exemplo: o asesor experto en programas educativos.

Ten un carácter sistémico e ecolóxico xa que os programas se desenvolven en interacción directa co contexto que os xera (analizando as necesidades do contexto no que se van desenvolver).

Estes programas créanse atendendo aos principios de prevención, desenvolvemento e acción social e diríxense a todos os demandantes ao longo do seu ciclo vital.

Algo importante neste modelo é que os usuarios dos programas son considerados axentes activos e participativos no proceso, polo tanto a intervención é grupal e directa; e a implicación de todos os axentes educativos e socio-comunitarios xa que os considera a todos axentes de cambio ou transformación, polo que todos participan na planificación, deseño e elaboración dos programas.

O modelo de programas aparece como un intento de superar as deficiencias dos modelos anteriores, máis tradicionais e máis antigos no tempo. Este modelo baséase na intervención por programas. Cabe preguntarse polo tanto que se entende por programa. As respostas son moi diversas, case tantas como correntes de pensamento existen nas ciencias sociais. as distintas definicións adoitan coincidir nos seguintes puntos:
- Trátase dunha actividade planificada.
- Aplícase nun contexto determinado.
- Deséñase e realiza coa intención de obter uns obxectivos concretos.
- Deséñase a partir da identificación unhas necesidades concretas (diagnóstico de necesidades).

O modelo de programa, como resultado natural dunha evolución na reflexión sobre a orientación educativa, así como o resultados dun intento por adecuarse aos contextos educativos contemporáneos, presenta unha serie de características que o diferencian de modelos previos. Entre outras as seguintes:
- A intervención que promove é directa, é dicir, sobre as persoas ou grupo de interese, se ben pode solicitar a colaboración de calquera axente para conseguir os obxectivos do programa.
- O programa adóitase deseñar para un grupo de suxeitos, aínda que con pretensións de que os resultados poidan alcanzar a todo o alumnado.
- O elemento primario é o conxunto de necesidades diagnosticadas inicialmente, a partir das cales se planifican as accións, sistematizándoas e contextulizándoas.
- A avaliación é unha parte máis da acción, acompañando a intervención en todo momento.
Estas características fai que o modelo xere unha serie de vantaxes sobre os anteriores:
- Permite establecer prioridades de intervención, a partir dos resultados obtidos no diagnóstico de necesidades.
- Fomenta a reflexión crítica da propia intervención baseándose nos resultados xerados na avaliación.
- Cando se estenden os resultados da intervención alcanzan un amplo número de persoas.
- Promove un sistema de traballo baseado na cooperación e a colaboración.

MODELO EDUCACIONAL – CONSTRUCTIVO

  • Son un experto que sabe cousas distintas e complementarias ás que sabe o meu asesorado. Existe unha relación colaborativa, simétrica e de estilo non directivo entre eu e o meu asesorado. Os mestres e os equipos docentes posúen unha relación activa e triádica.
  • Os problemas escolares que son “socialmente construídos” son resoltos con identificación, comprensión e construción conxunta; a aplicación dunha estratexia de resolución de problemas e intervencións sistémicas, converxentes e sostidas no tempo.
  • cambio compéteme e é o resultado dun traballo conxunto con outros axentes educativos. Intervense para promover a autonomía, autoxestión do asesorado e facelo o menos dependente do asesor ( o asesor desaparece). Posúe unha finalidade preventiva o empowerment.

Unha característica fundamental do modelo construtivista educacional é o seu carácter psicolóxico e por tanto tamén o son a consideración das causas e mecanismos que poden explicar o desarrollo do alumno. O modelo basease nunha visión constructivista do desarrollo, enmarcada no enfoque sociocultural, segundo a cal o alumno desarrollase no contexto de situacións de interacción social que lle permiten ir construíndo unha representación da realidade á vez que a súas propias estruturas de coñecemento.

O desarrollo non pode considerarse como un proceso no que só interveñen mecanismos individuais e  que na construción do desarrollo a través da aprendizaxe destaca fundamentalmente as posibilidades de axuda e cambio no suxeito que aprende.

A finalidade da intervención debe dirixirse á prevención das dificultades de aprendizaxe, mellorando no posíbel as condicións nas que se levan a cabo os procesos de ensinanza aprendizaxe.

 A relación entre o asesor e o asesorado de puramente colaborativa, unha labor que implica a todos os docentes, especialmente aos titores. No desempeño desta labor é necesario o “saber” dos profesionais, pero completado polo “saber” e a experiencia do resto dos docentes. Polo tanto corresponsabilidade e interdisciplinariedade son fundamentais para o asesoramento colaborativo.

CideMontserrat Grañeras PastranaAntonia Parras Laguna.Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. Ministerio de Educación, 2008

Álvarez González, M., y Bisquerra, R. (1997). Los modelos de orientación e intervención psicopedagógica. En AIDIPE (Comp.), Actas del VIII Congreso Nacional de Modelos de Investigación Educativa, Sevilla, Universidad de Sevilla, 22-25.

Rodríguez Espinar, S., Álvarez, M., Echevarría, B., y Marín, M. A. (1993). Teoría y práctica de la orientación educativa. Barcelona: PPU.

Vélaz de Medrano, C. (1998). Orientación e intervención psicopedagógica: concepto, modelos, programas y evaluación. Archidona: Aljibe.