Navegación

4.10 Na clase tamén aprendemos a compoñer

4.10 Na clase tamén aprendemos a compoñer

Última actualización de en EU

A técnica dos tres círculos

Tipo de técnica

Técnica de discusión en grupo.

Duración Aproximadamente

1 hora e media ou dúas horas.

Que se pretende conseguir con esta técnica?

Ten como obxectivo tratar un tema en concreto dunha forma especializada dende diferentes grupos (concretamente, tres) para así chegar a dominar dunha forma experta o tema. Traballamos o artigo de  Jesús Domingo Segovia que ten como título "Comprender e redireccionar as prácticas de asesoría"".

Organización:

Primeiro CÍRCULO: colócanse 4 persoas que días antes preparan minuciosamente o artigo e tema relacionado con el; serán as encargadas de comezar o tema.

Segundo CÍRCULO: persoas denominadas, grupo de observación, serán a segunda liña de actuación. Son as persoas encargadas de que as primeiras interventoras non deixen nada no tinteiro e aporten novas ideas ao discurso do Primeiro CÍRCULO.

Terceiro CÍRCULO: Tamén chamado, Gran Grupo; será o resto de persoas asistentes á técnica e intervirán como último elemento, aportando riqueza e opinións diversas aos dous primeiros circulos de actuación.

Tecnica dos tres círculos