Navegación

4.14 Compositor queimado? as corcheas non poden con NÓS!

4.14 Compositor queimado? as corcheas non poden con NÓS!

Última actualización de en EU

Malestar docente

        image  A raíz dos recortes en educación anunciados recentemente xurdiu o tema do malestar docente, pero... que entendemos por malestar docente? Seguindo a De la Torre Ramírez (2007) podemos dicir que "cando se fala de malestar docente se fai referencia a un fenómeno que afecta a unha boa parte do profesorado e que se orixina en resposta a unha serie de factores ou acontecementos negativos que afectan ao devandito profesorado no marco educativo"

        Resulta evidente, como dixo Lourdes, que os temas de malestar/benestar son xa "vellos" e non algo exclusivo do momento que vivimos pero o que si é certo é que os recortes poden intensificalos.

Nós ao falar de malestar docente tamén temos que considerar a outra cara da moeda pois tal e como se dixo en clase, "fronte a unha situación de malestar existe a outra cara da moeda" e mentres que uns se sentirán identificados con ese malestar do profesorado, outros encontrarán razóns para o seu benestar. Desta idea xorde realizar un debate onde a clase se atopa dividida en dúas metades. A metade da dereita defenderá o malestar docente e pola contra, o lado esquerdo defenderá a ben estar docente.

        Malestar docente:

  • Limitacións de tipo material, falta de recursos
  • Atribución de demasiadas esixencias
  • Falta de apoio por parte do centro
  • Concepción do labor docente como unha actividade idílica, sinxela (Maxisterio é a titulación do "pinta e colorea")
  • Desprestixio da figura do docente na aula (e fóra dela), falta de autoridade
  • Falta de motivación dos alumnos/ás
  • Aumento das horas lectivas
  • Falta de ilusión/motivación do profesorado, estrés, frustración...
  • Escasa colaboración (falta de implicación) das familias
  • Ratio de alumnos/ás excesiva
  • Diminución do seu salario
  • Imposición de responsabilidades
  • Ameazas, violencia, agresións, comportamentos antisociais...

 image

          É complexo marcar puntos concretos para o ben estar docente, pois ao meu parecer é algo moi persoal; a nivel motivacional e nivel de experiencias cada un debe realizar unha pequena reflexión e ver todo o bo que podemos facer. Ser a ferramenta de cambio; non podemos cambiar o mundo, pero si a nosa aula, o noso departamento, as nosas ideas, as nosas metodoloxías a nosa forma de enfrontarnos á realidade...

           Despois de consultar diversas páxinas web e navegar polos diferentes artigos que existen na rede caio na conta de que todos falan cun fondo de malestar docente, non se observan mostras de positivismo, de optimismo....por iso resalto un artígo de Esteve, estudoso destacado por Mónica durante esta clase sobre o malestar docente. Na seguinte entrada poñerei este artigo.

 image