8. Diario de Asesoramento

8. Diario de Asesoramento

Última actualización de en Leti

Despois de coñecer xa a todos os seus familiares e amigos, chegou o momento de volver a falar do noso amigo o rato, e é que antes non volo contei pero,  sabiades que este rato ademais de facer de asesor ás veces tamén fai de alumno? Non vai a unha escola como a que todos coñecemos de cando eramos pequenos, se non que vai a diversos cursos e outras modalidades de formación para seguir actualizando os seus coñecementos e adquirir outros novos.

Pois ben, cada vez que este ratiño vai a algún curso sempre toma nota do que fai e das novas teorías que lle resultan de interese e arquívao nunha especie de diario. O último ao que asistiu foi un curso cuxo nome é Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, e polo tanto é do que ten feito o último diario. Queredes saber o que pon nel? Pois aquí o vai!

CURSO: ASESORAMENTO CURRICULAR A CENTROS E PROFESORES

SESIÓN 1: Tarefa 1: QUÉ ENTENDEMOS POR ASESORAR?

1)  Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento (cantos máis diversificados mellor).

Centros educativos, oficinas de emprego, penitenciarías, voluntariado, concellos, hospitais, clínicas de beleza, axencias matrimoniais, asociacións, ámbito deportivo, publicidade, internet, universidade, política, atención al consumidor, centros viales, centros de ocio, sucursais bancarias (asesor financeiro), notarías, gabinetes psicopedagóxicos, bufete de avogados, asesor de imaxe, asesor persoal, asesor contable, asesor de contidos, asesor comercial, ámbito inmobiliario.

2)  Que fai un asesor ou asesora?Describir as tarefas desenvolvidas.

Algunhas das tarefas desenvolvidas por un asesor ou asesora poden ser:

  • Proporcionar información sobre calquera asunto de interese.
  • Prestar axuda a quén o solicite.
  • Ofrecer solucións alternativas.
  • Dirixir a asesoría de acordo ó tipo de investigación que deriva do problema a investigar.
  • Asesorar, seguir e elaborar informes.

3)  Que entende por asesorar o grupo de traballo?Elaborar unha definición.

   O grupo de traballo entende que asesorar é un proceso de apoio e busca para dar e recibir axuda. Trátase dunha acción conxunta dirixida a axudar a persoas, grupos, organizacións, etc., coa finalidade de guiar a toma de decisións así como de solucionar as confrontacións ofrecendo recursos internos e externos. 

4)  Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?

   Consideramos que si pode falarse da profesión de asesor/a no relativo a que, como puidemos observar durante a realización desta práctica, existen diversos tipos de asesores en múltiples ámbitos.

   En cánto á formación que se necesita, pensamos que se require dunha formación profesional “especializada” acorde co ámbito de traballo no que estea inmerso dito asesor. Deste xeito, un asesor psicopedagóxico precisa ser licenciado en Psicopedagoxía.

 

SESIÓN 2: Día 3 de outubro de 2012.

Hoxe traballamos en pequenos grupos analizando as cuestións realizadas na tarefa ¿Qué entendemos por asesorar? realizada anteriormente de xeito grupal.

Tras entregarnos a mestra unha copia con todas as preguntas e respostas dadas por todos e cada un dos grupos, ao grupo bolboretas tocounos analizar o apartado 3, que debía ser analizado tamén polos grupos Pool comunitario e La banda del patio. O noso traballo consistía en analizar nas diversas respostas de todos os grupos se se había entendido a tarefa, resaltar as diferenzas significativas, dicir qué considerábamos que faltaba, as semellanzas nas respostas, ….

Unha vez que tiñamos claro o traballo a realizar, as tres compoñentes do grupo dispuxémonos a ler as respostas e comezar con unha análise individual, que finalmente puxemos en común entre nós. Cando todos os grupos rematamos, comezamos coa posta en común en gran grupo. Para iso comezaron os grupos que tiñan que analizar o apartado 1 e logo falaron todos os do apartado 2.

Con esta forma de traballo preténdese fomentar unha intelixencia múltiple a través do enriquecemento colectivo acadado coas diversas aportacións realizadas por todo o grupo-clase.

Entre todo o falado ao longo da sesión, paréceme interesante resaltar a necesidade de distinguir entre orientación e asesoramento e que este último non só se dirixe á resolución de problemas senón que tamén está ligado ao concepto de mellora

Nesta clase non dou tempo a rematar a todos os grupos, polo que continuamos o próximo día.

 

SESIÓN 3: Día de outubro de 2012.

Neste día continuamos coa tarefa do día anterior, escoitando desta vez as análises dos apartados 3, 4 e 5.

Xa ao comezo da clase tocounos falar ao grupo Bolboretas, que analizamos o apartado 3. A continuación expoño brevemente as nosas aportacións:

Características comúns dos grupos:

  • Asesorar entendido como un proceso de apoio, guía, axuda.
  • Asesor como persoa cualificada.
  • Asesoramento entendido como un proceso sistemático de axuda e apoio.

“Críticas” apreciadas: non estamos de acordo con que…

  • Fálase maioritariamente do carácter reactivo do asesoramento, e consideramos importante resaltar tamén o seu carácter proactivo.
  • Vincúlase en moitas ocasións o asesoramento coa resolución de problemas e apenas se fala de que está ligado co concepto de mellora.
  • Consideramos que o feito de comezar as definicións coas realizadas por autores pode influenciar ao grupo na súa propia, e cremos que sería máis enriquecedor facer primeiro unha propia e logo complementala coas definicións de autores.
  • Un grupo define asesorar como tomar decisións, e non estamos de acordo xa que consideramos que asesorar é guiar á persoa asesorada na toma de decisións, pero esta ten a última palabra.
  • Parécenos apropiada resaltar a horizontalidade, que apenas aparece nomeada.

Ao longo da sesión interviron todos os grupos que faltaban, e despois de escoitar as diversas aportacións farei unha pequena reflexión na que se resuma o que me pareceu mais importante.

Pódese falar de asesoramento como un servizo de apoio (en sentido amplo) e como a acción realizada por un profesional que emprega os seus coñecementos en determinados contextos (definido en sentido restrinxido). En ambos casos, os dous piares do asesoramento son, e deben ser, a axuda e o apoio.

En canto ao carácter do asesoramento, este pode ser tanto reactivo como proactivo, xa que tanto actúa na resolución de problemas xurdidos como na busqueda de posibilidades de mellora.

Orientación e asesoramento non son sinónimos, xa que a primeira delas é intervencionista e directa e a segunda é suxerinte e pode ser directa ou indirecta; actuando en ambos casos con persoas con un coñecemento “inferior” ao seu (alumnado) e con outros profesionais.

Con isto xa remato por hoxe  e me despido ata a próxima sesión.

 

SESIÓN 4: Día 31 de outubro.

En esta sesión traballamos o texto Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría escrito por Domínguez Segovia. A técnica empregada foi a técnica da cebola e, tras ler o texto e analizar a información recopilada na aula, dispóñome a facer unha pequena síntese do que considero máis importante.

“Que facemos e cara ónde vamos?” Sen dúbida paréceme unha gran pregunta que plantexarme para comezar. Ao longo do texto fálase dunha imaxe negativa do ámbito educativo e das políticas, za que di destas que son escasamente significativas e con dificultades de adaptarse a la realidade.

Ante esta situación faise necesario un consenso, un pacto educativo e unha revisión das accións e as políticas, xa que estas están fóra da realidade do centro e non apostan á escola o apoio que precisa.

En canto ás accións de titoría, pode falarse de luces e sombras que xiran en torno a elas, e son as seguintes:

  • Sombras: accións profesionais expertas, “colaboración” como algo superficial, a transformación das accións en meros trámites burocráticos.
  • Luces: dar aos docentes o recoñecemento de axentes do cambio, facer da aula o foco fundamental das prácticas de asesoramento, considerándoa o centro de aprendizaxes verdadeiras.

No que se refire aos modelos de actuación, o autor fala de que estes deben ser o suficientemente dinámicos e flexibles para adaptarse á realidade educativa, xa que o que é efectivo nuns casos non ten por qué selo en outros.

  • Modelo de experto:
  1. en contidos ou especialistas nun ámbito de actuación
  2. en procesos ou xeneralistas
  3. en contidos

Estilos de actuación: directa ou indirecta      indirecta (asesor como oportunista que aproveita accións dos docentes para que estes adquiran conciencia e tomen as rendas dos seus procesos de mellora).

Ubicación: interna o externa     interna (coñece mellor a realidade e con ela as súas posibilidades).

Grao de integración das súas propostas:

  • De servizos: actuación experta e illada.
  • De programas
  • Modelo-programa: aunar o esforzo nun obxectivo común.

 

Zona de desenvolvemento próximo de cada escola: non todas son iguais nin se atopan na mesma situación. É importante que os plans de mellora partan da realidade da propia institución na que se leva a cabo.

Unha vez superado o contexto internacional prodúcese un retorno ao básico, ao centro, á aula; entendendo que a escola é capaz de xerar materiais. As accións descontextualizadas, impostas dende fóra provocan rexeitamento. É necesario que o cambio se dea dentro do grupo, e non que veña imposto dende fóra. (Bolívar)

Con respecto ao liderazgo, considero importante destacar que o asesor non debe ser o líder que provoque o cambio nin ser aquel ao que sigan os docentes. O liderazgo debe ser democrático, promovendo accións profesionais e de xustiza, e establecendo as pautas necesarias para, traballando todos xuntos en colaboración, conseguir o cambio buscado. Hai que dar cabida a tódalas voces da comunidade educativa. Polo tanto, é necesario falar de “traballar con” en lugar de “intervir en”.

No referente ao papel do asesor en todo este proceso, dicir que este debe dar autonomía ás persoas coas que traballa, fomentar un liderazgo democrático, infundir confianza aos docentes, promover o cambio e non debe limitarse á solución de problemas. “O noso traballo non é aportar a claridade, senón axudar a que a atopen”. Todo este asesoramento do que falo debe ter a democracia como fundamento propio, partindo sempre de que está inmerso nun contexto cambiante, diverso e exixente.

Outro aspecto tratado no texto é a neutralidade, e é que segundo Domínguez Segovia estamos nunha situación na que non está permitida a neutralidade profesional e camiñamos cara escenarios democráticos que non son ríxidos nos que non nos situamos neutrais. Todos temos matices que aportar con ideas distintas e a distintos niveis de acción {dimensión institucional (teórica), dimensión estratéxica (funcional) e interacción con el alumnado}

Finalmente, rematar recordando unha idea fundamental que debemos ter presente en todo momento, e é que o asesor debe ser facilitador de cambio e servir de guía e axuda nas necesidades que se presenten ante el.

 

SESIÓN 5: Día 7 de novembro.

 TÉCNICA DAS 3P:

Esta técnica consiste no cuestionamento de tres preguntas, as cales vou ir respondendo coa miña opinión persoal a medida que as nomeo.

1.       Que actuacións observamos que definiriamos como asesoramento curricular?

Pola miña vivencia persoal podo falar de dúas situacións concretas que definiría como asesoramento curricular. A primeira delas trata da adaptación dunha A.C.S. (adaptación curricular significativa), e é que durante a miña estancia de prácticas puiden asistir a varios reunións da orientadora coa titora dunha nena de primaria que o curso anterior non conseguiu alcanzar os obxectivos marcados coa A.C.S. que lle habían feito, e entón decidiuse facer unha pequena modificación para adaptala máis as características e necesidades da nena, que se atopaba moi por debaixo do que se lle estaba “pedindo”.

A outra situación que definiría como asesoramento curricular é a realización, de xeito colaborativo por parte dunha mestra e da orientadora do centro, de actividades adaptadas ás características dun alumno que presentaba dificultades de lectorescritura.

2.       Como poden asesorar sobre o curriculum quen non son especialistas nun ámbito curricular?

No meu caso, aínda que non creo ser “especialista” no ámbito curricular considero que, debido á miña formación de maxisterio, si que teño unha formación que me pode axudar e servir para desenvolver asesoramento curricular.

Ademais, penso que para poder desenvolver esa acción é máis funcional a experiencia que os coñecementos, e é que moitas veces ese asesoramento pode ser realizado máis axeitadamente por alguén que leva toda a vida impartindo clase que alguén que posúe moitos coñecementos teóricos sobre o curriculum pero que nunca traballou con el.

3.       Que saberes sobre o curriculum posúen os psicopedagogos na súa formación como tales e cales deberían poseer?

  • Que sabemos? Teoría sobre o curriculum como documento (lexislación, tipos, fontes, graos de apertura, niveis de concreción, elementos, …).
  • Que debemos saber? Dende o meu punto de vista durante a carreira é necesaria máis práctica, saberes instrumentais, coñecemento aplicado.

---------------------------------------------------------------------------------------

REFLEXIÓN POSTPRACTICUM:

Para comezar, considero necesario situar un pouco a miña estancia de prácticas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dende o cal se xestionan a  Rede Galega de Escolas Infantís, centros de día e fogares residenciais para persoas maiores ou dependentes, o programa Xantar na Casa e os Centros Quérote de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade, prestando tamén atención a persoas e colectivos en risco de exclusión social nas Oficinas de Inclusión.

No tocante á Rede Galega de Escolas Infantís, entidade na que realicei o practicum, dicir que o nome que reciben os centros educativos que a compoñen é A Galiña Azul. Esta rede de escolas constitúese co obxectivo de que todos os nenos e nenas de Galicia poidan ser acollidos, coidados e educados en contextos de calidade e igualdade, nos que se responda ás súas necesidades, se respecten os seus dereitos, medren seguros e integrados nas dúas comunidades e nos que sexan axudados a desenvolveren todas as súas capacidades.

Dito servizo responde tamén ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal, con independencia do seu lugar de residencia, para superar as desigualdades territoriais e as diferenzas existentes entre as poboacións rurais e as urbanas na dotación deste tipo de equipamentos.

Para prestar asesoramento profesional de tipo técnico-pedagóxico dentro das competencias referidas ao funcionamento das escolas infantís púxose en marcha unha estrutura de apoio educativo e, a través dunha encomenda de funcións realizada a diversos directores escollidos entre todos os centros, creouse o Equipo de Atención Educativa para prestar ese apoio e asesoramento profesional a todos os centros da rede.

O Equipo de Atención Educativa, formado por dez educadores, é o encargado de xestionar, baixo a supervisión da  xerente adxunta, as diversas escolas que compoñen a Rede Galega de Escolas Infantís. Cada un deles é coordinador de un número determinado de escolas agrupadas por zonas e, ao mesmo tempo, forma parte dunha das tres comisións de traballo nas que se divide o equipo (Comisión de Formación, Comisión de Recursos e Comisión de Necesidades).

Tras unha longa reflexión sobre esta realidade, deime conta do necesaria que é a existencia dunha entidade orientadora en estes centros, xa que sen o Equipo de Atención Educativa o seu funcionamento non sempre sería o adecuado e, aínda así, considero que hai veces que a quen lle corresponde dar a atención necesaria non é a este equipo, senón a un profesional na orientación. Con isto non quero desmerecer para nada o traballo realizado polo EAE, senón que busco remarcar o gran esforzo que supón para eles ao non ter inicialmente unha formación específica (aínda que sí experiencia na práctica) debido á alta demanda de asesoramento por parte dos centros.

Como xa sabemos, dentro dun centro o Departamento de Orientación (D.O.) constitúe unha vía de asesoramento permanente a profesorado, alumnado e familias. A finalidade fundamental que se persegue dende este departamento é garantir a atención á diversidade favorecendo o proceso de inclusión de todo o alumnado do centro, é dicir, que todo o alumnado poida recibir unha resposta educativa axeitada ás súas necesidades. Esta atención educativa debe garantirse dende as primeiras idades para permitir a prevención e detección temperá das dificultades e o seguimento continuado da súa evolución. Por iso considero necesario incluír a orientación nas Escolas Infantís de primeiro ciclo, permitindo así a prevención e detección temperá das dificultades tanto no desenvolvemento persoal ou da aprendizaxe; sempre co obxectivo final de acadar unha integración persoal, escolar e social para os nenos e nenas e o desenvolvemento das competencias básicas.