Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

1. Introducción

1. Introducción

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

O xogo, e en xeral a actividade creadora, é a actividade máis importante dos nenos. Os nenos xogan, crean non só para divertirse ou distraerse, senón tamén para aprender, é a súa universalidade, o termómetro que mide a súa saúde. O xogo non é unha pérda de tempo, é fundamental para os nenos. Se un neno xoga é indicativo de que está san física, mental e emocionalmente.

Da mesma forma que o xogo e a creación son importantes no neno, tamén o son para a persoa adulta. A expresión artística en xeral posee cualidades exclusivas de creación que son básicas para a felicidade do ser humano. As persoas que teñen un mínimo contacto co traballo creador tenden a desenrolar as súas capacidades non só creativas, senón tamén de pensamento, conciencia e perspectiva de vida. O xogo para os nenos é unha forma de representar situacións reais, pero tamén hay un forte uso da imaxinación e creación para as representacións. A capacidade dos nenos para crear espacios e situacións imaxinarias, e sobre todo, creelas e vivilas coa mesma profundidade coa que viven na realidade, lévaos a coñecer un mundo máis amplo do que vemos ó noso arredor.

A arte, ou máis específicamente a creatividade, toma un papel do xogo nos adultos posto que nos abre as portas a pensamentos e creacións máis alá do que podemos palpar na sociedade. Os nenos tenden a perder a capacidade de xogar coa mesma intensidade imaxinativa a medida que van madurando e se van adentrando cada vez máis na sociedade e nas conductas aceptadas en xeral. Sen embargo, é moi raro ver que un neno de curta idade deixe de debuxar algún obxeto, situación ou emoción porque “non o saiba facer”. Se todos nacemos con esta capacidade, ¿por qué este bloqueo mental ante calquer acción que teña que ver coa creatividade? Hai que convencernos a nós mesmos para volver pensar da maneira en que pensabamos cando eramos pequenos: todo é posible. E isto é aínda máis certo en arte/xogo, xa que é expresión pura, é pensamento e liberdade. O arte é o único que facemos o seres humanos que non trata de satisfacer as nosas necesidades básicas, non é traballo, non é sociedade. Como o xogo, a arte é un medio onde as regras as poñemos nós mesmos, nós nos plantexamos a meta e nós decidimos a nosa propia expresión.  

 image


Só a persoa dotada dunha creatividade flexible pode realmente dirixir o futuro, só aquel aque poida enfrentarse á novidade confiadamente e sen temor (Maslow, 1987)