Navegación

  • Páginas
  • EU
  • 5. Toda composición ten unha historia. Unha conclusión

5. Toda composición ten unha historia. Unha conclusión

5. Toda composición ten unha historia. Unha conclusión

Última actualización de en EU

imageTodas as Obras de Libre interpretación dos Certames de Bandas de Música non son simples folios con notas e figuras musicais. Unha obra ten unha historia, unha lectura, unha interpretación, conclusións, aclaracións aos directores e moitos matices para aqueles que interpretamos.

Neste caso, é necesario facer unha conclusión de todo o proceso de elaboración desta obra sobre o asesoramento.

A forma de traballar nesta materia para min xa é coñecida, as dúas materias con Adriana Gewerc tanto en Maxisterio como en 4º de Psicopedagoxía realizaronse de forma moi parecida. Ao mesmo tempo que coñecida supón unha motivación extra de traballo, estás axil, coñeces a ferramenta, evoluciona...é un traballo apaixoante.

Sempre tiven unha boa conexión con esta ferramenta, e os traballos acadados sempre corresponden co tempo adicado. Neste caso creo que é o meu mellor cartafol electrónico dende que comecei con Adriana. A vida musical e persoal é inseparábel e conseguín crear unha metáfora que en realidade é a miña propia vida. Moitos aspectos da miña vida paralelamente vivoos como elementos musicais.

Durante este curso, moitos contidos foron tocados na clase tanto por parte de Lourdes como por parte dos músicos, os alumnos. A interpretación da directora e dos músicos fai que o nivel de enrequicemento sexa máxime, e poidamos disfrutar dunha clase e coñecementos que nunca se nos plantexaran.

En diversas entradas explico como se plantexan as clases, as prácticas e a maneira de motivarnos; unhas máis logradas que outras pero efectivamente rompe os esquemas de clases que temos habitualmente. Isto con leva un proceso; primeiro perdemonos, non sabemos que facer, que dicir, que facemos ahí; pero deseguido nun segundo paso empezamos a adentrarnos no mecanísmo, falamos nós, participamos, tocamos e a directora realiza un traballo de guia, de pautas para que o fío principal a musica sobre o asesoramento non desapareza.

A necesaria consulta á rede, o traballo diario no cartafol... abre posibilidades que non existen noutras materias. Estar en rede, ver o que suben as compeñeiras e compañeiros, ler analizar interpretar copiar ler modificar consultar...son verbos que están á orde do día!

Máis que unha conclusión sobre que contidos asimilei, que os hai, que os traballamos, que sabemos moito máis sobre as cuestións persoais das relacións entre profesionais, modelos, funcións, asesorar, que tipos...o que máis cabe destacar é a forma de traballo a asimilación de contidos a base de traballo, práctica e debates. Parece que con pequenas técnicas e metodoloxías traballamos mogollón de temas ( vemolo cando empezamos a facer a estructura do cartafol) e non se nos fixo pesado, non temos unha pila con miles de folios e definicións que aprender de memoria nin nada polo estilo. Temos un cartafol! un cartafol que construimos, que agora volvemos a analizar, a reelaborar na súa maioría, a estructurar!! Cunha simple ferramenta estamos traballando moitos temas de forma que non nos damos conta, así como a posibilidade da rede como anteriormente dixen.

Todo o mundo sabe que isto non é o fin de ningún camiño! Todo compositor ou compositora elabora unha obra, modificaa, melloraa, e logo hai que facer outra obra, aprender novas técnicas, novos ritmos...

Digamos que este é un CALDERÓN nesta materia! o director ou directora moverá de novo a batuta e os músicos emprederán outro mar de notas e figuras musicais para dar lugar a unha nova obra musical composta neste tipo de Certames de Composición!

Para despedirme:
 
MÚSICOS (ALUMNXS)
La música es sinónimo de libertad, de tocar lo que quieras y como quieras, siempre que sea bueno y tenga pasión, que la música sea el alimento del amor.

Kurt D. Cobain

Lourdes Montero e para nós, futuros Psicopedagogos

El arte de dirigir consiste en saber cuando hay que abandonar la batuta para no molestar a la orquesta.

Herbert Von Karajan

image