Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

3. Soporte para a construción

3. Soporte para a construción

Última actualización de en Montse Pereiro Arias


Arquitectura é cousa de arte, un fenómeno de emocións, que queda fóra e máis alá de cuestións constructivas. O propósito da construcción é manter as cousas xuntas e o da arquitectura é deleitarnos. (Le Corbusier)

 

Toda construcción debe ter uns soportes sobre os que asentarse para que poida manterse en pé e non se derrumbe. O soporte que fará de base na miña construcción será o portafolios, a ferramenta empregada durante todo este tempo para ir aglutinando todos os coñecementos adquiridos.

 image

Unha nova ferramenta de traballo: o portafolios

Durante todo o cuatrimestre traballaremos na elaboración dun portafolios electrónico, que será o principal elemento de avaliación. Cando escoitei esta palabra non me resultou demasiado familiar, pois nunca traballei cunha ferramenta deste tipo. Sí que é certo que na materia de “Novas tecnoloxías”, realizada durante a diplomatura de Maxisterio, a mestra nos falou desta e doutras ferramentas similares que se podían empregar no ámbito da educación e que resultaban moi útiles, pero só as abordou de xeito teórico e moi básico.

Por todo isto, creo importante comezar respondendo ó principal interrogante que se me plantexou... ¿realmente que é un portafolios? A primeira definición que a miña mente xerou nese momento foi similar á de “agrupación de documentos que vamos atopando e que consideramos relevantes e valiosos”. De seguida a profesora nos deu a súa propia definición de portafolios “é un contenedor, un lugar para recopilar mostras. É unha recopilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artigos, prensa, publicidade, traballos, páxinas web, notas de campo, diarios...) conderados de interese para ser gardados polos significados con elas construídos”. Nese momento dinme conta de que non ía demasiado desencamiñada no momento en que elaborei a miña propia definción sobre portafolios.

Neste caso elaboraremos un tipo de portafolios concreto, un portafolios electrónico que é “unha colección de artigos dixitais (ideas, probas, reflexións, comentarios...) que se presenta como evidencias de aprendizaxe e/ou capacidade dunha persoa”.

Como xa dixen, a miña experiencia con este tipo de ferramentas é nula, polo que nun principio me asustei un pouco ó escoitar todo o que había que realizar nela pero tras pasar unhas semanas indagando como funciona e incluso publicando xa as miñas primeiras entradas no blog vexo todo con máis claridade e, sobre todo, tranquilidade.

Considero que esta vai ser unha boa ferramenta de traballo que me permitirá recoller e reflexar as miñas experiencias máis significativas así como compartilas co resto de compañeiros. Tratarase, por tanto, dun aprendizaxe continuado, compartido e colaborativo, no que cada un de nós irá extraendo información das propias “investigacións” realizadas, así como aprendendo de toda a información recollida por outros compañeiros. Será este, un aprendizaxe totalmente autónomo, pois todo colle nun portafolios sempre que teña sentido, e quen dá ese sentido é a propia persoa.

Mantereivos informados dos meus avances con esta nova ferramenta...