Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

4. Primeira peza

4. Primeira peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

 

O artista debe crear unha chispa antes de que poida ver lume e antes de que o arte nazca, o artista debe estar listo para ser consumido polo lume da súa propia creación. (Auguste Rodin)

 

Unha vez determinado o soporte sobre o cal comenzarei a miña construcción, dispóñome a presentar as dúas  primeiras pezas que formarán parte de dita construcción: o asesoramento e a orientación. Estas dúas pezas son presentadas conxuntamente porque contan con moitos rasgos comúns; así mesmo, considero especialmente enriquecedor plasmar os aspectos distintivos cos que contan (forma, cor, tamaño..)

Ambas pezas estarán presentes ó longo de toda a construcción de maneira relevante, pois son a base de todo o coñecemento posterior, por iso as coloco en primeiro lugar e formarán o "cimientos" de dita construcción.

 

imageimage

Orientar vs Asesorar

"Asesoramento e orientación. Dúas prácticas emparentadas nas súas finalidades: axuda e apoio ó sistema educativo"

image

 

O asesoramento e a orientación presentan un certo parecido, pois ambas naceron coa mesma función: axudar e apoiar ó sistema educativo. Sen embargo, a pesar do seu parecido inicial, ambas presentan rasgos distintivos que presentarei no seguinte cadro:

 

 

Orientación

Asesoramento

Orixe

Guidance, Counseling

Support, adviser

Práctica

Directa: con estudantes

Indirecta: con profesores ou outros membros da comunidade educativa

Poder

Asimetría

Horizontalidade, profesionais do mesmo estatus

Comunicación

Unidireccional

Bidireccional

Meta

Resolución de problemas

Capacitación asesores/asesorados

 

O asesoramento está mais comprometido con aspectos curriculares (aspectos que teñen que ver coa definición de propósitos do centro, os estilos de ensinanza, o curriculum oculto, as prácticas de avaliación, as regras e rituais das rutinas da aula e do centro…) organizativos e de desenrolo posterior (Mar Rodríguez, 1998: 182)

Pode definirse como o proceso de axuda e apoio á (re)construcción do curriculum realizado polos centros educativos. Todos os apoios, tanto internos como externos ós centros, que se dirixen á elaboración e posta en práctica de proxectos curriculares estarían no ámbito do asesoramento curricular. (Moreno Olmedilla, 2004: 83)

Orientar sería, en esencia, guiar, conducir, indicar de maneira procesual para axudar ás persoas a coñecerse a sí mesmas e ó mundo que as rodea; é auxiliar a un individuo a clarificar a esencia da súa vida, a comprender que el é unha unidade con significado capaz de e con dereito a usar da súa liberdade, da súa dignidade persoal, dentro dun clima de igualdade de oportunidades e actuando en calidade de cidadán responsable, tanto na súa actividade laboral como no seu tempo libre. (Rodríguez Moreno, 1995) 

Como podemos observar no cadro, as diferencias entre ambos termos son diversas. Así, unha das diferencias que podemos atopar é que o asesoramento é un servicio indirecto destinado principalmente a profesores ou outros membros da comunidade educativa, mentres que a orientación é unha práctica directa realizada cos estudantes. Así mesmo, no caso da orientación, existe un poder asimétrico, pois o orientador trata con suxeitos de menor estatus mentres que o asesor traballa con profesionais cun poder similar.

Por tanto, o asesoramento é un servicio indirecto que recae sobre o mesmo profesional que trata coa “clientela”, de forma bidireccional, entre profesionais do mesmo estatus, e que sempre pretende, ademais da resolución do problema, capacitar ó suxeito para que afronte de forma existosa outros problemas similares. En cambio, a orientación é unha práctica directa, que recae sobre o cliente e que pretende detectar e tratar o problema e, se fose o caso, previlo.

A dúbidas que me xurden agora a min son: ¿asesoramos máis que orientamos? ¿orientamos máis que asesoramos? ¿asesorar inclue orientar? ¿orientar inclúe asesorar? 

 

Ó presentar estas pezas da miña construcción (asesoramento e orientación) doume conta de que estiveron sempre presentes no meu xogo diario, ainda que eu non fose consciente diso. Botando unha ollada cara atrás podo confirmar dita afirmación.

Tarefa 1: materias nas que se aborda a temática do asesoramento

Ó longo da nosa traxectoria estudiantil (sobre todo na etapa universitaria) traballamos a temática do asesoramento en varias materias, máis superficialmente ou en maior profundidade, pero traballámola. Ó facer memoria, véñenseme á mente materias como “Bases Psicopedagóxicas da educación especial”, realizada durante a diplomatura de Maxisterio en Educación infantil. Neste caso, abordamos a temática dun modo moi superficial, por non dicir case nulo; algo co que non estou de acordo pois creo que xa dende un principio se tería que ter abordado este tema, tendo en conta a carreira que estabamos a estudar e o feito de que no noso futuro profesional imos estar en continuo contacto con alumnos, familias, profesores...e debemos ter moi claros estes termos e saber como levalos á práctica.

Polo que respecta á licenciatura en Psicopedagoxía, foi este o primeiro momento no que me falaron do asesoramento nun sentido amplo.

Durante o 4º curso, abordamos esta temática en asignaturas como “Diagnóstico en educación” e “Intervención psicopedagóxica nos Trastornos do desenvolvemento”, aínda que en ambas dun modo moi sinxelo e simplemente dando lixeiras pinceladas sobre o tema. Foi en materias como “Psicoloxía da instrucción” ou “Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica”, onde abordamos a temática do asesoramento dun modo máis profundo, informándonos sobre o tema e traballando sobre él de maneira profunda.

No curso actual estamos a abordar a temática do asesoramento de modo moi profundo en asignaturas como “Orientación profesional”, na que realizamos unha comparación entre asesoramento (counseling) e orientación (guidance) establecendo a orientación como un proceso:

  • Máis cognoscitivo.
  • Máis persoal e público.
  • Iniciado xeralmente polo orientador/a.
  • Máis colectivo, pois fai referencia a actividades que se desenvolven en grupo.
  • Ámbito de educación vocacional, aínda que se estende ó ambito educativo en xeral.

Pola contra, nesta materia (Orientación profesional) definimos o asesoramento como un proceso:

  • Máis afectivo.
  • Máis persoal, privado e confidencial.
  • Iniciado polo cliente (porque supón sempre que a persoa parte da aceptación da súa situación)
  • Individualizado (aínda que existe o counseling grupal)
  • Foi estendido a diversos campos (multidisciplinar)

Botando a vista atrás observo que os meus coñecementos sobre o asesoramento foron en aumento, pois durante a Diplomatura apenas escoitei falar deste termo e polo tanto pouco aprendin sobre él, pero dende que comecei a Licenciatura os meus coñecementos sobre esta temática increméntanse pois nas diversas materias vaise tratando este tema en maior profundidade, algo que me parece moi productivo para a miña formación e para un futuro profesional non demasiado lonxano.