1. Xustificación e Fío Condutor

XUSTIFICACIÓN E FÍO CONDUTOR DO PORTAFOLIOS

Antes de somerxerme na estrutura que vou seguir para a realización do portafolios dixital, quero deixar aquí recollida unha pequena xustificación, a definición de portafolios. Este é unha recompilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artigos, prensa, publicidade, programas, traballos, páxinas web, notas de campo, diario, relatos…), considerados de interese para ser gardados polos significados con eles construídos. (Montero, 2002).

O portafolios ten unha dobre función, por unha banda a de recoller e reflectir as experiencias máis significativas dunha persoa (estudante, traballador, profesional…), dunha forma continuada. Pola outra, a de informar de forma clara sobre o nivel de competencia e de outras experiencias importantes ó longo da súa aprendizaxe.

O bo deste tipo de ferramenta, é que non hai unha única maneira de entender o portafolios. A súa definición depende da concepción da ensinanza, aprendizaxe, avaliación e coñecemento. Este consiste principalmente nun traballo continuado (ó longo de todo o proceso de ensino – aprendizaxe), realizado de xeito autónomo; polo que terá un gran peso a responsabilidade e compromiso do “portafolista” que será o “protagonista” do mesmo.

A secuencia que vou seguir para a elaboración do meu portafolios dixital,  é segundo os eixes principais que fomos tratando nas sesións de clase sobre os diferentes contidos.

Concretamente, o transcurso do meu portafolios vai seguir un fío condutor que é:  O percorrido ou traxecto que fai un tren, de parada en parada, de estación en estación; ata o destino final. Decidín elixir esta metáfora, xa que eu emprego este medio de transporte habitualmente, e creo que reflicte á perfección o transcurso que fomos facendo coa materia. Ademais disto, elixín un tren porque neste non viaxei soa ó igual que acontece nun tren, e a condutora do mesmo foi a profesora Lourdes Montero.

Ademais de todo isto, o tren ten unha ruta e unhas paradas obrigatorias, que nós realizamos e tamén pode haber outras facultativas.

Con esta metáfora pretendo reflectir que ata chegar o destino final (que sería a multitude de coñecementos adquiridos sobre o asesoramento) primeiramente débense facer varias paradas.

  tren.jpg