2. Introdución

2. Introdución

Última actualización de en Débora Seguín Pérez

INTRODUCIÓN

Como ben adiantei na miña entrada anterior, o fío condutor que vou a seguir durante toda a elaboración do portafolios dixital é: O percorrido ou traxecto que fai un tren, de parada en parada, de estación en estación; ata o destino final.

estacion-tren.jpg


O traballo realizado nesta materia, fíxome ver ó asesoramento dende a perspectiva dese traxecto que realiza o tren. Ó longo dese percorrido, fomos facendo paradas nas diferentes estacións. Cada unha das paradas supoñía novos coñecementos, novos conceptos, nos que nos tiñamos que deter para ollar e explorar. O traxecto, non ía só en liña recta, senón que ían xurdindo diferentes interrogantes ó longo das diferentes paradas. O destino final, compároo coa a adquisición de multitude de coñecementos.

Gustaríame destacar aquí, que ó ser a primeira vez que realizo un traballo de tales características, un portafolios, custoume enfocalo e comprender o desenvolvemento do mesmo; sobre todo ó comezo do curso onde estaba un tanto “perdida”. Agora que xa está case finalizado, entendendo á perfección a frase de “Learning By Doing”. En efecto, a mellor maneira para aprender, é facendo. E en palabras de Benjamín Disraeli “Ser conscientes da propia ignorancia é un gran paso cara o saber”. E eu era consciente das dificultades que ía atopar neste camiño e que me quedaba un longo traxecto por percorrer.

A elaboración deste portafolios dixital, supón un gran reto ó ser unha total novidade para min; pero aínda así estou segura de que lle vou sacar partido tanto na actualidade, como de cara ó meu futuro profesional.

A finalidade deste portafolios é reflectir a forma na que vou aprendendo, investigando, contrastando os diferentes contidos tratados na materia. Espero acadar os obxectivos previstos, e que o resultado final sexa satisfactorio.