6. Educación de calidade

6. Educación de calidade

Última actualización de en Leti

Seguindo coa nosa amiga Educación, vouvos contar un pequeno segredo, e é que esta ratiña é unha gran cociñeira. Non me credes? Pois aquí vai unha proba! Seguro que si aplicades esta receita ides obter moi bos resultados.

Receita da Calidade educativa:

  • 100g de mestres preparados que exerzan de guías no proceso de ensino-aprendizaxe.
  • 100g de curriculum centrado no alumnado dentro dun contexto de diversidade.
  • 1 cucharadiña de estruturas e procesos das institucións educativas óptimos.
  • 1 clima favorable.
  • 100g de coherencia.
  • 1 cucharadiña de cultura cooperativa e participativa.

Unha vez que teñamos todo isto ben mesturado, metémolo ao forno durante o curso escolar e listo para disfrutar dunha educación de calidade!

 

La referencia del término al ámbito educativo no ayuda de manera especial a precisar su definición, dado que puede ser igualmente abordado partiendo de diversos enfoques y criterios. Sabemos que no tienen los mismos planteamientos sobre la calidad de la educación los investigadores que los prácticos, ni tampoco suscriben los mismos criterios quienes diseñan las reformas y aquellos que deben aplicarlas. Ello significa que, de una parte, cualquier planteamiento justificado sobre la calidad de la educación puede ser considerado como válido, y de otra, que en todo proceso de análisis y valoración sobre los fenómenos educativos se debe partir de la definición operativa que en cada caso concreto se establece sobre la calidad de la educación (...) (De Miguel, 1994).

Tras a receita e esta cita de autor, xa podedes imaxinar que esta páxina se vai adicada nada mais e nada menos que a ese termo tan empregado que aparece no nome da nova lei que se quere instaurar en Educación (LOMCE). Exacto, fálovos da calidade, pero… que entendemos por calidade educativa?

Existen diversas definicións centradas neste termo tan subxectivo e difuso, centradas no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe e/ou en aspectos didácticos. Deste xeito, podemos diferenciar as seguintes definicións:

  • Centradas no profesorado: o mestre como guía dunha ensinanza de calidade, quen traballa nunhas condicións temporais, ideolóxicas con unha determinada formación.
    • Centradas no alumnado: dado que son os últimos destinatarios da educación de calidade, son eles quen deben ser beneficiados polo mellor funcionamento dos centros educativos.
    • Centradas no curriculum: a calidade consiste en planificar, proporcionar e avaliar un curriculum óptimo para cada alumno nun contexto de diversidade.
    • Centradas no centro educativo: o que ocorre no centro, as estruturas e os procesos das institucións educativas inflúen en gran medida na calidade da educación impartida.
    • Centradas no proceso de ensinanza-aprendizaxe: importancia da coherencia entre o que se ensina e aprende, adecuándose ás necesidades de aprendizaxe dun alumnado determinado.
    • Centradas noutros elementos: como son aspectos internos, o clima e a cultura de cada centro, xa que para mellorar a calidade é necesario mellorar estes aspectos de xeito que exista un clima favorable, unha cultura cooperativa, participativa e compartida por toda a comunidade educativa. La calidad no es sólo calidad producida, sino también y, sobretodo, calidad percibida (López, F. 1994).

E xa para rematar, paréceme importante falar das distintas concepcións de calidade educativa xa que, como ben sabemos, trátase dun concepto multidimensional que pode ser operativizado en función de variables moi diversas. Harvey e Green (1983) analizan cinco diferentes concepcións de calidade xunto coa súa relevancia en educación.

  • Calidade como fenómeno excepcional: define a calidade como algo especial que distinto a uns centros de outros e dentro dela poden distinguirse tres variantes que son a calidade como excelencia (definida polos insumos e os resultados), idea tradicional ou clásica (implica distinción, elitismo, exclusividade,…) e a calidade como satisfacción dun conxunto de requisitos (control da calidade en base a uns estándares).
  • Calidade como perfección ou coherencia: a calidade entendida como a consistencia das cousas ben feitas de xeito que non haxa deficiencias e se eviten os defectos procurando a perfección nos procesos.
  • Calidade como axuste a un propósito: concíbese como a adecuación dos procesos para conseguir acadar os obxectivos, resultados ou produtos propostos; partindo dunha definición funcional da calidade e centrándose así no que é bo ou adecuado para algo ou alguén.
  • Calidade como produto económico ou relación valor-custe: concepto de calidade desde a perspectiva do custe que supón a súa obtención. Neste enfoque destacan centros eficientes o relacionar custes e resultados, e centros orientados á rendición de contas.
  • Calidade como transformación (cambio cualitativo):  calidade centrada na avaliación e mellora a nivel institucional.