O asesoramento ao longo da miña traxectoria universitaria

 

 

En canto a primeira tarefa do portafolio, o primeiro que me plantei é afondar no que significa asesoramento dende a miña traxectoria universitaria, pois a dicir verdade esta palabra anteriormente para min tiña un significado moi superfluo, evidentemente isto sucedía por carecer dos coñecementos necesarios para poder falar deste tema, mais una vez posto a estudar na miña carreira, fun adquirindo diversos coñecementos que xiran entorno o concepto de asesoramento, que a continuación me plantexo a expoñer:

 

  • O meu primeiro contacto tivo lugar na materia de Formación e Orientación Ocupacional (materia de 3º educación social). Materia na cal abordouse o asesoramento dende as función do orientador, dende os seus diferentes ámbitos de actuación. Asesoramento, como ben di a palabra e neste contexto de estudo referíase ao feito de asesorar, aparecendo recollida de forma implícita dentro do concepto de orientación, de xeito que está ligado a forma similar o concepto que se lle da nesta materia.
  • Nun segundo momento, volvemos a afondar dun xeito mais profundo e mais rigoroso na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica ( materia de 4º Psicopedagoxía). Tratouse o tema do asesoramento dun xeito moi minucioso proporcionándonos diferentes definicións deste termo, de xeito que establecésemos una análise  entre os diferentes conceptos expostos, coa súa pertinente reflexión e comparación. Viñamos a entender o asesoramento como un proceso de ensinanza – aprendizaxe que se da entre os mestres e os psicopedagogos, para chegar a unha consecución dos obxectivos previamente establecidos e unhas metas comúns: Unha ensinanza de calidade a través da cal propiciar o mellor aprendizaxe para o alumnado.

Tratamos tamén a figura do psicopedagogo no referente a este concepto, sendo a súa función a de asesorar para con os diferentes docentes e ao mesmo tempo co propio centro educativo, sendo en todo momento unha relación equivalente. Destacar que existe en todo momento uns procesos de axuda mutua entre as partes implicadas para un mellor funcionamento.

  • E por ultimo, a materia coa que finalicei o meu contacto co termo do asesoramento foi na materia de orientación profesional, que ao mesmo tempo que nesta clase fumos tendo contacto con este termo dun xeito explícito, estando presente na Orientación Profesional o asesoramento no sentido en que o propio asesor – orientador guía aos alumnos, profesores, traballadores… e en definitiva, a todas as persoas que o soliciten, de cara o desempeño profesional e laboral, sendo este un proceso de axuda presente durante toda a vida. Tamén elaboramos un proxecto de inserción profesional e laboral para un colectivo concreto onde puidemos experimentar de forma practica e dun xeito conciso cales eran as función reais do asesoramento.

 

Para concluír, solo mencionar que estas foron as materias nas que principalmente e de xeito particular tratamos e analizamos o termo do asesoramento. Aínda que cursamos materiais nas que atopamos que o asesoramento se abriu camiño, este estivo sempre nun segundo plano, levando a orientación todo o protagonismo.