Funcións do labor de asesorar

Funcións do labor de asesorar

Última actualización de en Fernando Neira Gomez

Existen moitas definicións do que é asesorar, e se relacionamos todas elas dámonos conta que teñen en común a interacción entre os profesionais que nela están implicados; o traballo multidisciplinar. Ademais disto, o asesoramento non se pode concibir de forma illada, coma se fose só unha persoa que está sentada na cadeira do seu despacho a cal a xente acode cando ten un problema ou se lles presenta algunha dúbida; non, o asesoramento está en relación directa ca escola no marco do proxecto formativo da mesma.

As funcións do asesor educativo parecen estar un pouco mitigadas; Rodriguez Moreno (1992) comenta a falta de unanimidade que existe acerca das función do asesoramento, e sinala algunhas pautas que lle outorgan a súa especialidade na ensinanza; estas pautas son as seguintes:

-          Proceso de axuda e apoio

-          Orientado cara o cambio ou a mellora

-          A responsabilidade recae nos asesorados

-          A habilidade do axente de apoio

-          A credibilidade do axente de apoio

-          A colexialidade.

(Rodriguez Moreno, 1992:11)

Sen embargo as funcións do asesor varían segundo diferentes autores, moitos destes diferencian  as funcións do asesor interno por un lado, e as do asesor externo polo outro.

Ao meu modo de ver, non establezo diferenza algunha entre o asesoramento interno do centro e o externo, senón que o vexo coma unha función de coordinación de ambas partes.

Como di Parrilla (1996) estaríamos falando de un proceso de apoio colaborativo que busca a adecuación da ensinanza en diferentes situacións e necesidades, e que se base ana igualdade como base das relacións dos profesionais intervintes, caracterizado pola súa confianza mutua, responsabilidade compartida e comunicación aberta.

Trátase de solucionar os problemas de forma conxunta e colaborativa, tendo en conta as aportacións doutros profesionais do centro educativo, ou externos a este.