9. Autoavaliación

9. Autoavaliación

Última actualización de en Leti

Unha vez rematado o e-portafolios dispóñome a realizar a miña autoavaliación. Sen dúbida penso que é a parte máis difícil de todo o traballo, xa que ás veces custa ser obxectivo á hora de xulgar o traballo realizado por un mesmo.

Á miña maneira de velas cousas, creo firmemente que traballei e  que me esforcei por facelo da mellor e máis creativa forma posible; aínda que é certo que ás veces puiden haber sido máis reflexiva ou buscar e descifrar algún entramado, pero non sempre resulta doado acadar ese nivel de reflexión e coñecemento.

Con respecto ao fío condutor escollido, penso que foi unha boa elección porque me permitiu recoller todo o que me pareceu necesario aproveitando esa fábula que di tanto en tan poucas palabras e que, baixo o meu punto de vista, se pode aplicar perfectamente á vida real. Ademais, ao comezo do curso sentinme bastante ratiño nesta materia, xa que aínda que xa habíamos visto algo sobre o asesoramento custoume ter que pasar da mera teoría a verlle aplicación práctica e cuestionar diversos aspectos sobre el, provocando que me sentise pequena e indefensa como un ratiño que sae do seu pequeno buraco e se atopa con cantidade de cousas que nun principio percibe como inalcanzables e superiores a el.

Finalmente creo que o resultado foi positivo e estou satisfeita tanto coa metodoloxía empregada (na aula e na rede) como co traballo realizado pola miña parte, xa que ao longo deste cuatrimestre fun perfeccionando os coñecementos que xa tiña ao tempo que acadei outros novos e os fun relacionando.

1d5fc7dd1216122e29a.jpg