10. Necesidade dun compromiso de futuro

10. Necesidade dun compromiso de futuro

Última actualización de en Leti

Decidín engadir esta parte ao meu e-portafolios porque o papel do orientador/asesor nun centro paréceme de vital importancia e creo que actualmente non está suficientemente valorado.

Durante as práctica (tanto I como II) achegueime a realidades que distan considerablemente do que se nos transmite dende a facultade, vendo orientadores sobrecargados de traballo que non lle corresponde e que, en numerosas ocasións, senón o fai el/ela queda sen facer. Deste xeito, ademais de realizar o seu traballo convértese a maiores no encargado de desenvolver certas actividades que son relativas á función docente. Por exemplo, vivín unha situación na que no desenvolvemento da aplicación de diversos programas nos cales o orientador sería o encargado de elaborar o programa, avalialo e dar pautas de intervención, logo viuse na obriga ademais de levar a cabo a intervención e preparar o material adaptado ás necesidades do alumnado, traballo que correspondería ao profesorado.

Dito isto, tales situacións creanme unha gran confusión acerca da miña futura labor no ámbito profesional e por iso penso que é necesario un compromiso de futuro para mellorar esta situación e deixar de ser ratiños que viven atemorizados por rateiras que dificultan o traballo diario.