Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

5. Segunda peza

5. Segunda peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

image

 

Xa teño colocados as pezas que farán de base na miña construcción e que permitirán que o meu proxecto non se "derrumbe", así que sigo construíndo... A seguinte peza que forme parte da miña construcción sera a figura do asesor, englobándose aquí os aspectos referidos á súa formación, ámbitos nos que está presente...

 

Ideas previas sobre a figura do asesor

image

Se buscamos nun diccionario o significado da palabra asesor atoparemos definicións similares a “individuo que asesora” (RAE) ou “especialista que presta consello sobre algún tema” (Wikipedia). Para min asesor é a persoa que aconsella, guía e orienta a outras persoas.

Ó poñerme a pensar neste tema, deime conta de que podemos atopar a figura do asesor en múltiples ámbitos: nos centros educativos, nos gabinetes, oficinas de emprego, hospitais, centros penitenciarios, concellos, centros sociais, unidades terapéuticas, clínicas de beleza, centros relixiosos, universidades, asociacións, e incluso nese lugar tan amplo chamado Rede; así, tamén o podemos atopar no ámbito xurídico, deportivo, publicitario, político... Isto lévanos a dicir que a labor do asesor é moi ampla e xenérica pois traballa en lugares moi distintos dependendo do ámbito do que se trate.

Para rematar, quería comentar que me chamou moito a atención unha frase que escoitei en clase na que nunca me parara a pensar: “o asesor é unha figura oculta”. Botando a mirada atrás cara a miña estadía no instituto, doume conta de que esta frase é totalmente certa, pois acordome que o orientador era unha persoa que se mantiña totalmente nun segundo plano pero que, ó mesmo tempo, sempre estaba presente cando algún alumno requería da súa axuda.

É pois, a figura do asesor un elemento clave en moitos ámbitos. Incluso podemos dicir que o asesor está presente en todos ou case todos os ámbitos e escenarios imaxinables.

 

Formación dos profesionais da Psicopedagoxía

image

É esencial non confundir o espazo profesional da psicopedagoxía (e en consecuencia o proceso de formación dos profesionais que desenrolarán a súa actividade neste espacio) co campo de aplicación dos coñecementos dunha disciplina ou unha subdisciplina científica.

O exercicio competente do traballo psicopedagóxico esixe o dominio de coñecementos e competencias que teñen a súa orixe en distintos ámbitos da psicoloxía e das ciencias da educación; sen embargo, estes coñecementos e competencias non teñen o mesmo peso ou a mesma función no proceso formativo dos profesionais da psicopedagoxía, por iso falaremos de varios núcleos de formación.

O núcleo de formación básica (na súa doble vertente de coñecementos relativos ós procesos psicolóxicos e ós procesos educativos) define as bases sobre as cales debe apoiarse a formación psicopedagóxica en sentido estricto. Así pois, é practicamente imposible que o profesional da psicopedagoxía poida chegar a desempeñar adecuadamente a maioría das funcións se non dispón, por exemplo, de coñecementos suficientes sobre os curriculos dos diferentes niveis educativos, sobre a organización e funcionamento dos centros educativos, sobre materiais didácticos e curriculares, sobre os recursos de educación especial que ofrece o sistema educativo (aspectos de formación básica sobre procesos educativos); da mesma maneira, é prácticamente imposible que poida facelo sen un coñecemento sólido sobre os procesos psicolóxicos fundamentais e sobre as bases biolóxicas e os condicionantes socioculturais do comportamento das persoas (aspectos de formación básica sobre procesos psicolóxicos).

Pero estes coñecementos non son para estes profesionais o punto chegada, senón máis ben o de partida para unha formación específica que se vertebra en torno a varios eixes: os procesos de aprendizaxe escolar; as relacións entre ensinanza e aprendizaxe; o aprendizaxe de contidos específicos nos contextos escolares; a microsocioloxía das institucións educativas; as estratexias de asesoramento e traballo grupal colaborativo; os trastornos do desenrolo, as dificultades de aprendizaxe e os procedementos e técnicas de avaliación e diagnóstico; e a organización da atención educativa á diversidade. Estes son os eixes en torno ós cales se articulan a maioría das funcións e tarefas encomendadas ós servicios psicopedagóxicos.

Outro núcleo de formación contempla os aspectos relativos a coñecementos que teñen a súa orixe en diversas ramas ou especialidades da psicoloxía e das ciencias da educación (psicoloxía social, psicoloxía clínica, socioloxía da educación...). Ó igual que ocorre co núcleo de formación básica, tampouco estes coñecementos son específicos da formación do profesional da psicopedagoxía, pero, a diferencia destes, son máis ben de carácter complementario e opcional en función das circunstancias concretas nas que ten lugar a actividade profesional.