Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

A outra cara da peza

A outra cara da peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

A liberdade da fantasía non é ningunha fuxida á irrealidade, é creación e osadía. (Eugène Ionesco)

Todas as pezas de construcción ás que me veño referindo neste proceso que estou a describir constan de varias caras. Nalgunhas pezas todas as caras son iguais e se refiren ó mesmo aspecto; noutras as caras son diferentes e fan alusión a contidos diferentes. Anteriormente fixen alusión e describin as caras correspondentes á formación do asesor, ámbitos nos que está presente... Agora centrareime en detallar as funcións e tarefas que realiza o asesor,  así como os roles que pode adoptar nas diferentes situacións ás que faga fronte, o que constitúe a outra cara desta peza.

 

Construcción do rol de asesor/a

Posto que a construcción do rol de asesor/a é un dos contidos que estamos a tratar agora mesmo nesta materia, adicareille esta entrada a esta figura. Centrareime principalmente no rol dos asesores no ámbito educativo (quizais por ser o que teño máis cercano), aínda que, obviamente, todo iso se pode traspasar a outros ámbitos e escenarios.

Como xa sabemos, os asesores pedagóxicos son profesionais encargados de axudar e asesorar (como a propia palabra indica) a toda persoa implicada no proceso educativo co fin de mellorar a práctica educativa. Aínda que non existe unha definición clara do papel dos asesores, podemos realizar unha aproximación a ela. Unha das funcións claves do asesor é traballar coas persoas implicadas no proceso de asesoramento, co fin de mellorar as relacións que se dan entre estes e mellorar ó mesmo tempo a organización do traballo no sistema.

Podemos falar do rol de asesor como unha dualidade: por unha parte fálase de rol como unha serie de expectativas de comportamento que se lle esixen a este ó ocupar unha posición social determinada e, por outro lado, fálase de rol como papel que xorde ó ocupar un determinado escenario.

Sanz e Sobrado (1998: 27) definen o concepto de rol profesional como o conxunto de realizacións no desempeño do traballo que expresan as accións e resultados esperados dos profesionais da orientación nas diferentes situacións laborais. Tamén podería ser definido como o papel ou papeis propios e xenuínos dos orientadores no desempeño das accións típicas das súas intervencións psicopedagóxicas.

Existen varios roles atribuídos ó traballo do orientador que son os seguintes:

 image 

 

Pero eu centrareime no rol de asesor:

O macro-rol de asesor ven definido por un dos grandes modelos de intervención, o modelo de consulta, e inclúe os roles de asesor de profesores, conselleiro, consultor, informador, asistente, director pedagóxico e formador. Centrareime só nalgúns:

  • Rol de asesor de profesores, caracterizado como profesional con coñecementos e experiencia en orientación capaz de dar resposta a situacións conflitivas complexas en forma de suxerencias, orientacións, procedementos ou materiais, dirixidos a outros profesores, ben ante demandas dos mesmos, ben a partir da evaluación de necesidades realizada polo propio orientador ou a institución. É o máis importante, ó que lle adican máis tempo e para o que se sinten máis preparados os orientadores.
  • Rol de consultor, entendido como persoa especialista en psicopedagoxía á que poden acudir profesores, alumnado e familia a pedir parecer ou opinión.
  • Rol de informador, definido como profesional que acumula unha información precisa e relevante sobre orientación e educación e establece os mecanismos oportunos de transmisión da mesma ós seus destinatarios.  Resalta o papel da información no proceso de orientación pois sen información non hai posible orientación. Para orientar hai que coñecer e para decidir hai que estar informados.
  • Rol de formador de pais, como responsable co-solidario co tutores de que os pais adquiran os coñecementos, habilidades e actitudes apropiados en orden a unha educación dos alumnos-fillos integral e armonizada dende os contextos escolar e familiar. É indudable que os pais constitúen un dos destinatarios clave na orientación.
  • Rol de formador de profesores, caracterizado como responsable expreso e formal de detectar e desenrolar labores de formación no centro dos profesores.

 

Dende o meu punto de vista, o máis importante é entender que o rol do asesor o vai construíndo él mesmo, a medida que interactúa cos iguais, polo que podemos dicir que o papel do asesor non se trata de algo que esté marcado, que debe ser dunha maneira ou doutra, senón que se trata dun papel que se vai adquirindo a medida que se traballa e que se adquire segundo as expectativas que este teña, segundo as relacións que mantén no sistema...

 

Funcións dos asesores

image

Dende unha perspectiva educacional constructivista, podemos definir o asesoramento psicopedagóxico como un proceso interactivo de axuda, que involucra tanto ó asesor como ós asesorados nunha relación colaborativa e que propón orientar ós centros educativos no coñecemento e estratexias necesarias para que a escola poida elaborar os seus propios proxectos de cambio, poñelos en marcha e avalialos.

Nesta definición podemos observar claramente certos aspectos que considero necesario resaltar. Por unha banda, fálase dun traballo conxunto e colaborativo co mestre; por outra, fálase da idea de cambio levando a cabo un traballo dentro da escola, que se ve influenciada e que inflúe ó mesmo tempo na realidade do mundo exterior; así como a idea de diagnóstico e avaliación.

A finalidade do asesoramento psicopedagóxico na escola é, por tanto, contribuír coas suas accións á mellora cualitativa dos procesos de ensinanza/aprendizaxe. O asesor, dende dentro ou fora da escola é un profesional que debe manter a ésta vinculada e relacionada cos avances da investigación psicoeducativa e colaborar na búsqueda de estratexias para afrontar as situacións de conflicto ou dificultade que xorden no proceso educativo. O asesor será o investigador das posibilidades de mellora da escola e por tanto un facilitador do cambio sendo respetuoso en todo momento coas directrices e ritmos marcados polos órganos de decisión da escola, así como comprensivo coas actitudes de resistencia ó cambio que poidan xerar.

Por tanto, no traballo do asesoramento psicopedagóxico débese dar gran importancia a aqueles aspectos que se refiren á relación cos mestres, ó coñecemento da institución e ós aspectos de relación e de comunicación, que a miúdo quedan bastante olvidados. Así, o asesor tratará de recoller e analizar os aspectos que trascenden puramente ós individuais intentando estudiar a situación na que se producen os problemas, a situación de aprendizaxe, a metodoloxía aplicada, os aspectos positivos do alumno, a súa situación familiar e social e a partir deste primeiro contacto intentará provocar cambios que axuden ó alumno a saír da súa dificultade e ó mestre a ver a situación nun contexto máis amplo.

Centrándonos nas funcións do asesor, propiamente ditas, creo necesario diferenciar varios ámbitos de actuación dentro dunha escola: asesoramento ós órganos de dirección e xestión do centro, ó profesorado (docentes e tutores), ó alumnado e ás familias.

No caso do asesoramento ós organos de dirección e xestión do centro, pódese dicir que é o ámbito máis complexo e con máis riscos para o asesor. Este aportará coherencia ó proxecto educativo, ó diseño e avaliación do Plan de acción Tutorial, ó funcionamento dos equipos, á formación do persoal, á xestión dos recursos humanos, ou á implantación dun sistema de calidade no centro, pois na práctica o asesor está presente nos equipos directivos e de coordinación e no asesoramento a directores e coordinadores académicos.

No caso do asesoramento ó profesorado, o asesor contribuirá á mellora da calidade docente e tutorial coa súa intervención en equipos de profesores e tutores ou respondendo de xeito individual ás súas demandas de asesoramento. Por outro lado, as relacións con alumnos e familias, a metodoloxía docente, a elaboración de material didáctico, a planificación da avaliación das materias, a atención á diversidade, a formación e manexo da satisfacción laboral dos propios profesores, son áreas nas que o asesoramento psicopedagóxico pode enriquecer a práctica docente e tutorial; así, as estratexias que o asesor empregue neste ámbito poden ser clave para o apoio que anima á mellora profesional e colabora na búsqueda de estratexias válidas para que esta mellora se produza.

Por último, no ámbito do asesoramento ó alumnado e ás familias, a práctica profesional do asesor diríxese a situar a intervención grupal ou individual dos asesores psicopedagóxicos con alumnos e familias no continuo da acción educativa e orientadora da escola, cuxos referentes fundamentais son os titores. Así, o papel do asesor consiste en incrementar o potencial educativo de pais e titores, o cal implica a veces traballar directamente cos alumnos, pero en xeral é esta unha intervención completada e coordinada co asesoramento a titores, profesores e familias.