11. Reflexións

11. Reflexións

Última actualización de en Leti

Aprender sin reflexionar es malgastar la energía (Kung FuTse, Confucio)

Todo traballo implica unha reflexión antes, durante e despois, pero que implica iso de reflexionar? A verdade non me parece unha tarefa sinxela pero intentémolo e a ver que sae…

No que se refire ao cartafol, nun principio a idea aterrábame bastante porque é unha ferramenta que nunca había empregado e a verdade e que non me sentía segura para afrontar esta forma de traballo, sensación que xa transmitín na autoavaliación xunto coa comparación co ratiño. Pouco a pouco esta inseguridade foi mudando e, case sen darme conta, mil idea roldaban a miña cabeza e as miñas mans comezaron a escribir case soas. A día de hoxe síntome orgullosa e satisfeita co traballo realizado e volvería a aventurarme en outra experiencia deste tipo. O único dos temores que sigue latente é aquel no que me cuestiono si souben transmitir todo o que pretendía de xeito claro e sinxelo, xa que aínda que na miña cabeza as ideas e os nexos do fío condutor están moi claros non sempre se consigue plasmar todo iso no papel. Agardo sinceramente habelo conseguido e que se vexa reflectido nese mundo imaxinario ao que quixen dar vida a partir dos coñecementos adquiridos.

En canto á metodoloxía empregada na aula, debo recoñecer que os primeiros días me sentía un pouco perdida porque, aínda que non estou orgullosa do que vou dicir, parece que xa me acostumei a ter un libro ou un montón de fotocopias coas que traballar e das que se me vai examinar ,e cando iso desaparece rómpense todos os esquemas e a incertidume apodérase dun. Tamén é certo que esa sensación pouco durou e estou moi satisfeita coa forma de traballo empregada. Penso que realmente aprendín máis con esas clases interactivas que con outras nas que pasei dúas longas horas copiando diapositivas de corrido sen sequera entender ás veces o que estaba escribindo.

Sen máis, remato este e-portafolios con algunhas citas célebres para que agora sexades vós os que sigades reflexionando.

 

Ninguna fuerza doma, ningún tiempo consume, ningún mérito iguala, el nombre de la libertad (Maquiavelo)

 

Recuerda que el hombre permanece en el rincón de la oscuridad por temor a que la luz de la verdad le deje ver cosas que derrumbarían sus conjeturas (JJ Benitez)

 

Soy un idealista, no sé dónde voy, pero estoy en camino (Carl Sandburg)

 

Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo (Benjamin Franklin)

 

Si te atreves a enseñar, no dejes de aprender (John Cotton Dana)

 

El maestro que intenta enseñar sin inspirar en el alumno el deseo de aprender está tratando de forjar un hierro frío (Horace Mann)

 

El estudio, asesoramiento y ejemplo nunca podrán enseñar tanto como enseña un fracaso (Samuel Smiles).

 

E sobre todo, non esquezades que...

mice_in_cheese_print-rc04388b352e34c02b709d14e0ab190a8_wvm_400.jpg