2.2 Tipografía: "Entre a realidade e o desexo"

"Pegamento e vitaminas": Entre a realidade e o desexo

Neste artigo, de Lourdes Montero y Mª Dolores Sanz Lobo busca resaltar a importancia de aspectos como o traballo en rede, a colaboración e a dinamización de proxectos de innovación, como eixes fundamentais do asesoramento psicopedagóxico nun centro educativo, centrándose na realidade da figura do asesor interno, o orientador escolar.

Chamoume a atención  no artigo a chamada que se nos fai a nos, aos alumnos de 5º de psicopedagoxía da materia de "Asesoramento curricular a centros e profesores", a nosa posta en práctica de actividades na aula. Un dos eixes clave e a diversidade de escenarios cos que se pode atopar o asesor, e grazas a este traballo feito en clase as autoras chegan a considerar 3 tipos de asesoramento:

 - Asesoramento interno: asesor totalmente dentro do sistema: tutores, profesores, especialistas varios, equipos directivos, órganos colexiados...

 - Asesoramento externo: asesor que responde a unha demanda concreta e puntual da institución e non existe ningún tipo de dependencia con dita institución por exemplo a administración educativa a través dos servizos de apoio existentes.

- Asesoramento interno-externo: o asesor é un profesional de unha entidade independente pero traballa esporádicamente nunha institución determinada, colabora con ela, sin que exista dependencia administrativa (traballo por programas).

Gústame especialmente do artigo os consellos que as autoras nos dan sobre que temos que desprendernos de certas rémoras que arrastra a profesión de orientador, unhas expectativas creadas ao redor desta figura que provén dun sustrato diferente a propia escola e que se lle ve dende unha visión de intervención clínica, "remedial" e puntual.

O feito de que o orientador se posicionase dentro da escola levou consigo moitos cambios e maneiras diferentes de actuar:

- Visión clínica: o profesor deriva ao alumno problemático ao orientador que actúa en solitario sobre o alumno

- Visión triádica: asesor - profesor -alumno

- Visión colaborativa: o asesor axuda ao profesor para que sea él quen actúe co alumno, pero ademáis o asesor tamén actúa sobre o alumno si é preciso, sen perder o punto de vista global, incluso facendoo de forma colexiada, en equipo e utilizando os recursos humanos e materiais que fosen precisos.

Estamos a falar dun orientador como asesor interno, tal e como se nos mostra neste artigo, un orientador que debe situarse no enfoque da investigación-acción, axudando nos procesos reflexivos e manifestando dúbidas para lograr "alimentar" a investigación educativa. Ademais disto, é necesario que o orientador entenda a escola como un sistema cheo de subsistemas que están relacionados entre sí (escola, familia, barrio, cidade..) e cada vez mais complexos, con problemas sociais cambiantes día a día aos que hai que facerlle frente.

Unha ferramenta útil para os orientadores de hoxe en día, como ben o explican as autoras deste artigo, a utilización das TIC que ofrecen a posibilidade de manter unha relación de caracter non presencial podendo dar resposta sen ter que depender de coordenadas espacio-temporais. Pero esta ferramenta é útil sempre e cando teñamos en conta a máxima de Dolores Sanz "pegamento e vitaminas", trátase de traballar en conxunto, en equipo, cunha actitude positiva, creativa e aberta, de maneira interdisciplinar e cordial.

pega_vita