4.2 O rol do deseñador/asesor

4.2 O rol do deseñador/asesor

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

O rol do asesor

Segundo Benko, os Asesores no mundo da Educación, teñen como función " a de guiar, dar apoio, contribuír á solución de problemas e avaliar aspectos que se refiren ao desempeño académico do estudante e conforme este autor non se pode desvincular o carácter académico do motivacional e da orientación administrativa. Por outra parte; as funcións de apoio netamente académico responden á dun faciltador de aprendizaxe e partindo de necesidades do Estudante que puidesen vincularse coas: técnicas de lectura, técnicas de estudo, medios de apoio, estratexias cognitivas de repaso, manexo do material de autoinstrucción. Pode centrarse na comprensión dunha materia, o apoio para resolver exercicios prácticos, requirir que se formulen experiencias de aprendizaxes presenciais ou a distancia en forma individual e/ou grupal para propiciar aprendizaxe en aspectos importantes do material que non estean claros para o estudante..

Podemos clasificar as funcións do asesor pedagóxico en xerais e específicas:

1.- Funcións de tipo xeral:

  • Asesoramento aos Centros na elaboración dos Proxectos de Centro e Curricular no relativo á orientación e á atención á diversidade.
  • Asesoramento aos profesores na avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Colaboración cos Centros do Profesorado na formación e o asesoramento do profesorado.
  • Avaliación psicopedagóxica do alumnado que o requira.
  • Participar no deseño e desenvolvemento de programas de reforzo, adaptación e diversificación.
  • Elaborar, adaptar e difundir materiais e instrumentos de orientación e intervención.

2. Funcións de tipo específico:

  • Asistencia técnica ao profesorado propoñéndolle técnicas, instrumentos e materiais.
  • Asesorar os profesores na prevención e tratamento das dificultades de aprendizaxes.
  • Facilitar ao profesorado técnicas, materiais e instrumentos didácticos que faciliten as actividades de reforzo e de adaptación curricular.
  • Cooperar na mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • Apoio á función titorial:
  • Orientación vocacional e profesional:
  • Colaborar cos titores na implementación dun programa de orientación vocacional que estea integrado no currículo.
  • Facilitar a profesores, pais e alumnado información de tipo académico e profesional.
  • Elaborar, adaptar e difundir programas e materiais, así como documentación acerca da orientación vocacional.
  • Colaborar cos Departamentos de Orientación na aplicación de programas de orientación.
  • Atención ás necesidades educativas especiais:
    • Realización de avaliacións psicopedagóxicas de alumnado con n.e.e.
    • Asesoramento a profesorado e pais referido á atención educativa deste tipo de alumnado.
    • Asistencia técnica a profesores na elaboración, aplicación e avaliación de ACls.
    • Atención directa a alumnos con dificultades e que a xuízo do E.O.E. faga necesaria a intervención especializada.
    • Elaboración, adaptación e difusión de material psicopedagóxico útil ao profesorado na atención dos alumnos con n.e.e.
    • Planificación e desenvolvemento de accións para a prevención e atención temperá de alumnos con n.e.e.
    • Compensación educativa:
      • Impulso e coordinación de actuacións e programas de compensación educativa.
      • Asesoramento ao profesorado no deseño e aplicación de estratexias, así como para a implementación de programas de compensación.
      • Asesoramento a Centros na avaliación de situacións de riscos e/ou desvantaxes que presente os alumnos así como para o deseño de actuacións que permitan afrontalas.
      • Participación no deseño e desenvolvemento de programas de garantía social. " (Rede Canaria, 2005)

 

Como pode apreciarse, as funcións apuntan a traballar co centro, os profesores, os alumnos e as familias pero dentro dunha perspectiva técnica e de especialista. Este tipo de apoio tende a producir cambios de corte máis estrutural que cultural. Algo diferente resulta do rol do asesor dende unha óptica de axente de cambio. López e Sánchez destacan que o seu rol non só debe ser técnico senón tamén social.