4.5 Fases

4.5 Fases

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

Asesoramento Educativo: Fases

Na actualidade, o asesoramento enténdese como un recurso de cambio e mellora escolar nun sentido amplo. Trátase de proporcionar aos centros o apoio necesario para guiar e orientar o coñecemento e as estratexias necesarias para que a escola poida elaborar os seus propios proxectos de cambio, desenvolvelos e avalialos. Neste sentido o papel que deben desempeñar os asesores ha de estar en consonancia coas esixencias e responsabilidades aparelladas ao seu rol, e debe considerar que cada centro ten a súa propia historia e realidade interna. Non existen, polo tanto, receitas ou secuencias fixas de actuación e é cada centro o que ha de determinar as súas prioridades e maneiras de levar a cabo o proceso.

Pérez Ríos (1994) fai referencia a unha serie de pasos ou etapas que se deben levar a cabo no proceso de asesoramento, son os seguintes:

a) Actividades dirixidas á creación da capacidade de colaboración do Centro.
b) Análise e revisión do Centro.
c) Actuación como estratexia de colaboración do Centro.
              c.1) Fase de Pre-Contacto.
              c.2) Comezo e desenvolvemento do contacto inicial.
              c.3) Diagnóstico da situación.
              c.4) Busca de solucións e preparativos para aelaboración dun Plan de Actuación.
              c.5) Elaboración do Plan de Actuación.
              c.6) Preparativos para a súa posta en práctica.
              c.7) Desenvolvemento colaborador do Plan.
              c.8) Avaliación.


image