Comprender e redirecionar as prácticas de asesoría
O artigo de Jesús Domingo Segovia "Comprender e Redirecionar as prácticas da asesoría" comenza cun percorrido histórico das primeiras accións da asesoria, logo fai unha clasificación dos modelos e remata redireccionando o concepto de asesoría.
Sobre a historia do asesoramento educativo, esta naceo cos servizos de apoio que se crearon nas escolas. O que facían era supervisar, formar, orientar e ofrecer estratexias pero de maneira esporádica, agardando a que tanto mestres, como asesores, alumnos e familia tomaran conciencia de que era necesaria a sua colaboración conxunta para conseguir unha mellora educativa.
O autor pasa, tralo breve percorrido pola historia do asesormento educativo, a salientar os distintos modelos
1. Dependendo do saber do asesor:
- Contidos ou especialista nun modelo de actuación: relacionase co modelo clínico
- Procesos: asesor-mestre-alumno (triádico)
2. En función dos estilos de actuacion poden ser:
- Directivo: cando a actuación do asesor é directa
- Indirecto: máis productivo que o anterior, o asesor ofrece pautas ao mestre pero deixando que sexa este o que decide que estratexia ten que empregar.
3. En función da súa ubicación:
- Interno: asesor que pertence a propia institución
- Externo: asesor que provén de fora da institución
4. En función da práctica profesional:
- Iterventor: é o mdoelo clínico
-Facilitador: ofrece estratexias e pautas de actuación (centro de recursos)
-Colaborador: é o modelo idóneo, actuación colaborativa:
- Colaboración técnica: cando actúa con aires de superioridade (experto especialista)
- Colaboración crítica: cando actúa de maneira colaborativa
5. En función dos modelos:
- Modelo de servizos: servizo de apoio que actúa de modo experto pero illado
- Modelo de programas: tódolos servizos de accións intégranse e coordínanse en torno a programas (continuidade)
- Modelo de programa: actúase coa filosofíaanterior pero con un solo programa aglutinador