5.3 Vivencias

5.3 Vivencias

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

De prácticas!

Ola a tod@s!

Estamos de prácticas e isto está algo más parado do habitual, no meu caso estou no CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, a semana pasada estiven pasando o test BADyG para infantil e primaria e esta semana pasarei o test WISC a unha rapaza. A verdade e que están sendo unhas prácticas moi interesantes e positivas.

 

imageimageimage

 

Observando o papel do psicopedagogo como asesor, no meu centro de prácticas, de momento so presenciei un caso no que unha mestra de infantil pedía ter unha reunión con él (Oscar) porque tiña dúbidas respecto a un neno da súa clase, pero tiveron a reunión mentras eu estaba a pasar o test BadyG na clase de infantil, polo que non estou ao tanto de que ía realmente o problema. Ademais o primeiro día de prácticas houbo unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, sobre a Igualdade de Xénero, participou nela moitos compoñentes da comunidade educativa: alumnos, mestres, pais...

Xa queda menos para volver a rutina, vemonos!

-----

Reflexión tras chegar do periodo de prácticas

¿Que pensan futuras/os asesoras/es das/os profesores de Infantil, Primaria e Secundario con quenes van a traballar?. ¿Que pensan profesoras/es de asesoras/es?. ¿Que conocemos de estas relacións?

Despois de vir do periodo de prácticas e tras traballar en conxunto cos mestres de Infantil e Primaria a nosa opinión sobre a súa labor é boa en xeral salvo contadas excepcións.

Á hora de dar esta opinión existen dous puntos de vista diferentes:

Por un lado, unha compañeira no seu periodo de practicas fixo test a nivel grupo-clase que a parte de avaliar aos nenos están a valorar a labor do mestre. Neste caso os mestres sentíanse temerosos ante a opinión que se puidera ter deles á hora de avaliar os test dos seu alumnado.

Por outro lado, outro compañeiro fixo test individuais a nenos con posibles NEE, e neste caso a actitude dalgún mestre era que reacia a que o neno salira da aula para ir facer o test ao Departamento de Orientación, outros en cambio tiñan unha actitude positiva e colaborativa ante a valoración e axuda que se lle aportaría a estes nenos.

Noutros casos observamos que a visión dos mestres sobre os orientadores é que son persoas que nunca traballaron con nenos, e que so se dedican a facer test que teñen pouca utilidade. Como en calquera oficio existen profesionais e non profesionais, de aí as diferentes relacións que poidan haber.

Polo tanto podemos dicir que a visión do orientador por parte dos mestres é boa ainda que con certas reticencias e posible temor por sentirse avaliados e xuzgados, algo que debemos atallar deixando claro que o noso traballo é en colaboración con eles. Por outra banda, a opinión que os orientadores teñen dos mestres é boa en xeral, salvo excepcións por motivos de desconfianza mútua, por un lado un pode pensar que o traballo do orientador non ten valor e que teñen unha actitude de superioridade, e polo outro o orientador pode pensar que os mestres non valoran o seu traballo e non siguen as pautas que lles pode marcar para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

O necesario é facer entender a orientadores e asesores o valor da colaboración e a confianza mútua para poder levar a cabo un traballo eficaz. Non se trata de que uns estén sobre outros senon que trátase de traballar “man a man”

colaborar.jpg