6. REFLEXIÓN

6. REFLEXIÓN

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

Deseñar e unha das miñas pasións, cando o fago evádome, desfruto e sempre despois de cada traballo realizado hai unha experiencia e unha reflexión, o mesmo ocorre cando asesoramos ou orientamos, o proceso leva consigo unha profunda reflexión que nos fai crecer e mellorar. Neste caso, o cartafol pareceume un traballo moi enriquecedor ainda que o comecei con algo de medo por non saber por onde tiña que tirar pero pouco a pouco foise formando case sen darme conta, ata chegar ata aquí. Sinto a mesma ilusión que cando remato un deseño e teño que entregarllo ao cliente: gustaralle? será o que buscaba? consigue transmitir o que quero?.... agardo que este traballo reflicta o meu enriquecemento persoal ao longo da asignatura, este método didáctico gústame moito pola liberdade que lle da ao estudante a seguir o seu ritmo e a ir investigando seguindo unhas claves que me foron de moita axuda, cada un ten o seu propio ritmo e maneira de aprender, trátase polo tanto de construir o teu propio camiño seguindo unhas marcas trazadas.

Polo camiño deste proceso, como pola vida, como no propio asesoramento ou no traballo dun deseño trátase de ir experimentando, cometendo erros e aprendendo deles para poder chegar a adquirir coñecemento e experiencias que nos fagan medrar e chegar a un resultado, a unha aprendizaxe. Eso sí, ninguén dixo que fora a ser sinxelo......

Deixovos aquí un video que agardo vos faga reflexionar, ao fin e ao cabo tanto a creación dun cartafol como o deseño dun logotipo, cartel, web.. ou a propia tarea de asesorar é isto: