3.1. Primeira Parada: Os significados do Asesoramento

PRIMEIRA PARADA: OS SIGNIFICADOS DO ASESORAMENTO

Comezamos aquí un longo pero interesante percorrido tendo moi en conta as nosas teorías previas, sobre os diferentes escenarios nos que se desenvolven tarefas de asesoramento, as tarefas desenvolvidas por un asesor/a, a definición de asesoramento e a formación que precisa un asesor ou asesora.

A continuación, enlázovos as reflexións sobre ditos aspectos que son a Tarefa Grupal 1. Ademais do reflexionado na sesión do 3 de outubro.

Sesión do 3 de Outubro

Esta primeira parada, foi moi importante, xa que partimos das nosas ideas previas, podendo discriminar as que eran axeitadas, das que non o eran tanto. Ademais, para poder tratar aspectos máis profundos sobre o asesoramento, debemos comezar a estudar o asesoramento de xeito máis xeral e coñecendo o seu significado.

Como puidemos observar, definir o termo asesoramento non é unha tarefa nada fácil, xa que atopamos múltiples definicións autores/as. A pesares disto, quero destacar aquí algunha definición de asesoramento. En primeiro lugar, Lippit y Lippit (1986) din: “El asesoramiento es una interacción en dos sentidos – un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio”.

Outra definición pode ser a de Monereo y Pozo (2005): “Orientar, facilitar, ayudar, mediar, apoyar, colaborar, guiar, asesorar… Son verbos intransitivos… Las acciones que describen no tienen un objeto directo. En este caso se trata de actividades educativas prácticas, dirigidas a alguien (profesores, madres o padres, educadores, monitores, etc.); alguien que, a su vez, debe promover actividades de enseñanza y aprendizaje en otro… Parece haber un consenso en que la actividad de asesoramiento educativo, para ser tal, debe nacer de una actitud de colaboración…”.

Ou outra de Lidia Fernández (1997), “La función del asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico, identificación de carencias, en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción”.

A pesares de gran amplitude de definicións, Aubrey (1990) sinala que de todas elas podemos sacar unha serie de trazos común que son:

- O asesoramento é un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coas persoas e non directamente sobre estas.

- O asesoramento ten lugar entre profesionais de estatus similar (simetría-asimetría), sen diferenzas de posición e de poder. A horizontalidade tamén xoga un papel fundamental xa que todos os profesionais se deben situar á mesma altura. Todos os papeis son importantes e todas as opinións contan. Opino que a clave disto, é enriquecerse e nutrirse das diferentes aportacións, retroalimentarnos. Unha boa ferramenta é o diálogo, unha modalidade que serve para comunicarse e intercambiar ideas e opinións.

-É unha interacción ou comunicación bidireccional destinada á axuda.

-Xeralmente o proceso de asesoramento é iniciado polo asesorado/a, quen ten total liberdade para aceptar ou rexeitar os servizos en calquera momento, sen limitar a capacidade de elección e de decisión do asesorado/a.

-Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións. Evidentemente non sempre imos ter que traballar única e exclusivamente con un individuo senón que o proceso de asesoramento vai máis alá e esténdese moito máis, de aí que poidamos ter que prestar axuda a un grupo de individuos ou a unha institución.

-Trátanse asuntos ou problemas “prácticos”.

-Trabállase sobre a base de acordos negociados.

-A resolución de problemas vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares (competencia).

-Involucra ao asesor/a e ao asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa. É preciso recordar sempre que cando intervimos cun cliente é importante a confidencialidade é dicir, manter en segredo a información aportada, para non romper coa confianza depositada en nós.

Os dous piares base do asesoramento son a axuda e o apoio. O fin último de todo asesoramento é dar capacidade á persoa para que adquira competencias para poden enfrontarse a situacións similares en sucesivas ocasións.

Cómpre destacar aquí que o asesoramento é un proceso principalmente indirecto, xa que se actuamos com profesorado, este vai intervir co alumnado, e de aí o seu carácter indirecto e a importancia do traballo colaborativo, en equipo. Neste punto tamén destacamos a intelixencia colectiva.

Intelixencia Colectiva

colaboracion.jpg

 

Outro lugar a ollar nesta parada é a idea de se un asesor debe actuar ou esperar. Sobre este elemento de discrepancia profundicei máis nunha entrada do blog.

Para irnos achegando ó asesoramento, da man de Escudero, J.M. e Moreno, J.M (1992) detívenme nesta estación sobre o asesoramento a centros educativos que é o eixe fundamental da materia.

Traballando con Escudero, J.M. e Moreno, J.M.

 

Continuando co asesoramento a centros educativos

 

Unha vez aquí, podemos continuar o traxecto e facer outra parada máis neste interesante percorrido.

33788-gibaja-estacion-de-tren-de-gibaja.jpg