Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

8. Quinta peza

8. Quinta peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

A seguinte peza que formará parte da miña construcción será a escola. Trátase dunha gran peza, que abarca gran cantidade de aspectos, interaccións e dimensións. É unha das institucións sociais máis importantes, moito máis recente que outras como a familia ou o Estado e completamente necesaria para favorecer a inserción dos nenos na sociedade que no seu futuro como adultos deberán enfrentar sós. A escola é un ámbito onde as persoas aprenden diferentes áreas de coñecemento e de saber humano que van dende cuestións científicas, pasando por cuestións sociais, ata chegar a cuestións prácticas; pero o máis importante, na escola os nenos aprender a ser e comportarse como persoas. 

image

 

Técnica de acuario

image

Esta é unha técnica que debe o seu nome á colocación que se fai dos participantes: fórmanse 3 círculos; os integrantes do primeiro circulo serían os expertos, os do segundo os observadores críticos e o terceiro e gran grupo serían os observadores. Se estrapolamos esta estructura a un acuario poderíamos chamar ó primeiro circulo o grupo dos peixes, ó segundo o dos retroalimentadores e ó terceiro os sintetizadores. No noso caso o grupo dos “peixes” estivo formado por catro persoas, o dos “retroalimentadores” por tres compañeiras e o resto de asistentes á sesión compuxemos o grupo dos sintetizadores.

Con esta ténica poden manexarse contidos de tipo teórico que permitan a análise e a síntese dos seus compoñentes. Os participantes deben exercer dominio sobre a información, con anterioridade ó desenrolo da técnica.

Os obxetivos desta ténica son:

-  Propiciar o aprendizaxe dun tema mediante o análise e a síntese da información.

-  Profundizar no coñecemento dun tema.

-  Avaliar o grado de dominio que posee o grupo sobre o tema.

-  Propiciar un ambiente informal para o análise dun tema.

 

Pero, ó igual que todas as técnicas, presenta varios puntos fortes e débiles:

-  Fortalece as habilidades de sintese e analise.

-  Favorece a integración do grupo.

-  Esixe escoitar críticamente e expresar ideas claras e con brevedade.

-  Permite realizar unha sintese grupal do tema. Permite detallar a información, facilitando ó grupo a comprensión do contido en tres niveis: comprensión, análise e síntese.

-  Ofrece retroalimentación ós participantes sobre a súa presentación.

-  Se os participantes falan en voz baixa ou cun linguaxe complexo, á persoa en turno fáiselle difícil retomar e complementar os comentarios.

-  Esixe que os participantes posúan habilidades desenroladas para a observación, o análise e a síntese.

-  Todos os participantes deben dominar o tema.

Con esta técnica traballamos o texto "Comprender e redireccionar as prácticas en asesoría" de Jesús Domingo Segovia.

 

"Comprender e redireccionar as prácticas en asesoría"

Tras ler o texto profundamente e despois desta sesión, vou salientar algunhas das ideas que me pareceron máis interesantes.

A primeira idea que quero resaltar é a do binomio equidade-calidade. Nunha sociedade caracterizada pola pluralidade todos os alumnos deberían poder acceder ás aulas nas mesmas condicións, tendo en conta os distintos tempos de cada alumno. Hai que buscar as necesidades coas que conta cada un e telas en conta, pois as persoas somos diferentes pero precisamente esas diferencias son as que constitúen o enriquecemento. Dende o meu punto de vista, creo que moitas veces isto non se fai. Os mestres empéñanse en levar a cabo de modo estricto o principio de igualdade pero moitos deles non saben exactamente que conleva iso e non prestan atención ás caracteristicas individuais de cada alumno. Pero “a escola non pode asumir soa este desafío, pois para que se xere e circule o coñecemento e todo se realice de maneira significativa e comprometida necesítanse, tamén, liderazgo, apoio e asesoría”

Por outra parte, tal e como se dí no texto, o asesoramento é unha práctica complexa, que debe levarse a cabo nunha relación democrática e nun escenario de colaboración profesional, ó longo dun proceso e cun propósito ético; pero...que entendemos realmente por colaboración? Ó longo da historia podemos ver claros exemplos de colaboración entre veciños á hora dos traballos ou de compartir ferramentas, por exemplo; pero ó trasladar isto ó ámbito da educación atopámonos con profesores que compiten dentro da aula, que lles molesta que un profesor lles “roube” a un alumno durante un tempo para traballar con eles a parte... Obviamente isto non é colaborar, e sen colaboración entre os distintos membros da comunidade educativa dificilmente vamos xerar cambios no sistema.

Outro aspecto que se tocou foron as reunións do centro. Son reunións supérfluas ou realmente o que se fala nelas lévase a cabo? Dende o meu punto de vista isto depende do centro. Non podemos xeralizar neste aspecto, senón que é necesario coñecer a realidade de cada un dos centros para poder responder a esta cuestión. Hay que ser prudentes ó falar deste tema e, como di Domingo Segovia, sempre nos quedamos con todos os aspectos negativos en lugar de cos positivos e isto é un erro. Neste caso o autor propón ir máis alá e que as reunións se convirtan en algo máis que un mero trámite burocrático, que realmente teñan unha finalidade óptima, pero isto depende do que se entenda por colaboración en cada centro. Se por colaboración entendemos realizar as tarefas por separado e logo unilas como se se tratase dun puzzle, obviamente as reunións nunca van ter unha finalidade óptima.

Por tanto, é necesario redireccionar as prácticas educativas para alcanzar unha escola de calidade, e iso só é posible se se traballa dende unha visión democrática, sempre coa colaboración e a cooperación como premisa básica, e tendo en conta as circunstancias contextuais do centro, posto que cada escola conta cunhas características que a diferencian e a fan única. O cambio en educación e o aprendizaxe do profesorado e da escola son maís fáciles de xerar e soster se existen sistemas de apoio integrados que actúen desde modelos constructivistas e colaborativos. Neste contexto a axuda debe facerse de forma rigurosamente respetuosa das realidades e posibilidades do centro, de maneira razonable, coas estruturas organizativas do propio centro, centrándose no currículo como contido prioritario da tarefa, o que resitúa o asesoramento nun novo marco de acción, e dentro dun funcionamento e un currículo democráticos.

Por último gustaríame salientar unha idea que dixo unha compañeira:

“Para asesorar, a veces pesa máis o como unha persoa é, que a formación que este teña, xa que esta profesión básase nas relacións humanas, e con colaboración e compromiso pódese chegar máis lonxe que profesionais e expertos que rechazan esas actitudes”

Como conclusión, e tal e como se dí no texto “para lograr a mellora da educación necesítanse, en primeiro lugar, comunidades de aprendizaxe comprometidas, en cuxo seno están as claves dunha mellor ensinanza para todos e do desenrolo profesional dos docentes, así como apoio e asesoría.” Por tanto, para asesorar aparte de saber de que se asesora, é dicir, os contidos pertinentes, tamén hai que contar tamén coas ferramentas técnicas adecuadas para que as accións e propostas sexan efectivas.

Comunidades de aprendizaxe

“Comunidades de aprendizaxe: unha alternativa educativa contra o fracaso e a exclusión escolar”


image

O concepto de comunidade de aprendizaxe pode ser definido como un grupo de persoas que aprende en común, empregando ferramentas comúns nun mismo entorno. O seu obxetivo é o cambio na práctica educativa para conseguir a utopía daquela escola ou da educación que todo o mundo queira ter e, sobre todo, facer realidade o soño de que ningún neno/a quede marxinado/a ou etiquetado/a pola procedencia da súa clase social, etnia, estatus económico, xénero…

A partir deste “soño”, plantéxase un verdadeiro éxito académico do alumnado cunha educación de calidade gracias a un profesorado máis autónomo para innovar, experimentar e aprender nas aulas e onde as familias e a comunidade en xeral sexan partícipes activos da educación integral dos seus fillos/as.

As comunidades de aprendizaxe poden ser consideradas como unha aposta pola igualdade educativa no marco da sociedade da información para combater as situacións de desigualdade de moitas persoas en risco de exclusión social. O plantexamento pedagóxico eixe dunha comunidade de aprendizaxe é a posibilidade de favorecer o cambio social e disminuír as desigualdades. O aprendizaxe enténdese como dialóxico e tranformador da escola e o seu entorno.

Os valores de cooperación e solidariedade que se fomentan en todos os momentos da transformación dunha comunidade de aprendizaxe facilitan que todas as persoas teñan posibilidades de conseguir os aprendizajes requeridos na actual sociedade. É especialmente importante recalcar que as altas expectativas son un elemento imprescindible para que esta transformación sexa unha realidade. Sen altas expectativas no alumnado, as familias e o profesorado…a transformación non é posible.

Toda comunidade de aprendizaxe parte duns principios pedagóxicos compartidos polo profesorado, as familias, o alumnado… entre os cales podemos mencionar:

- A creación dunha organización e un ambiente de aprendizaxe: búscanse formas alternativas na organización escolar tradicional para abrir máis posibilidades de aprendizaxe.

- Os procesos de ensinanza-aprendizaxe son o centro da institución escolar: o centro educativo convértese no centro de aprendizaxe de toda a comunidade, máis alá das suas tarefas escolares.

- A ensinanza ten propósitos; planifícanse para o colectivo e establécense finalidades claras, expresadas e compartidas pola comunidade.

- O fomento de altas expectativas: todos os colectivos implicados parten de altas expectativas e tamén as fomentan no resto.

-  O desenrolo da autoestima: o traballo riguroso e o apoio e recoñecemento deste xera maior autoestima.

- A participación do alumnado, da familia e da comunidade: cando se da voz de forma igualitaria a todas as persoas aumenta a participación.

- O liderazgo escolar é compartido: xéranse comisións de traballo para coordinar todo o proceso cunha gran delegación de responsabilidades.

- A educación entre iguais: incídese na igualdade de dereitos de todas/os para acceder a todos os procesos formativos.

 

Polo que respecta á metodoloxía, quedámonos co modelo de Paolo Freire, que suxire abandonar o concepto tradicional da educación “bancaria” (o profesor emite coñecementos e o alumno acumúlaos e almacénaos para logo volcalos nun exame). Freire propón unha pedagoxía na que os alumnos se convirten en participantes activos nunha comunidade de aprendizaxe que existe dentro dun contexto social, e asumen a responsabilidade do seu propio aprendizaxe.

As comunidades de aprendizaxe parten dunha base: todos os nenos/as teñen dereito a unha educación que non os condene dende a súa infancia a non completar o bacharelato ou non acceder a un posto de traballo.

Unha comunidade de aprendizaxe é un proxecto de transformación social e cultural dun centro educativo e do seu entorno para conseguir unha Sociedade da Información para todas as persoas, basada no aprendizaxe dialóxico, mediante unha educación participativa da comunidade, que se concreta en todos os seus espacios (Valls: 2000)

As comunidades de aprendizaxe non queren adaptarse á diversidade (é dicir, á desigualdade) senón tranformar a escola e o seu contexto social cara a utopía de convertila nun proxecto educativo igualitario. O obxetivo da igualdade toma a súa esencia no plantexamento da sociedade da información, para que todas as persoas que intenten conseguir que os seus fillos/as teñan a posibilidade de seguir uns itinerarios educativos exitosos, vexan que é posible independentemente da clase social, minoría étnica ou condición socio-cultural da que proveñan.

Resulta indudable que o aprendizaxe do alumnado depende cada vez máis do conxunto das súas interaccións e non só das que se producen na aula. Tamén está claro que a coordinación dos diferentes axentes de aprendizaxe aumenta moito o rendemento do escolar e fortalece as redes de solidariedade e os obxetivos igualitarios.

A veces ocorre que se agrupan nun mesmo espacio a nenos e nenas en diferentes grupos según os ritmos de aprendizaxe ou ós diferentes (lentos, conflitivos) sácanse da aula “regular” a outras aulas con adaptacións imagecurriculares, é dicir, dun nivel que nin o profesorado que o propón e aplica quere para os seus propios fillos/as.

Os grupos interactivos son o enfoque contrario. En lugar de dicir que como non se pode tratar con todos os nenos e nenas na aula, se saquen a estes, o profesorado pide axuda para que entren máis persoas na aula.

Os grupos interactivos son  unha forma flexible de organizar o traballo educativo na aula. A finalidade destes é intensificar o aprendizaxe mediante interaccións que se establecen entre todos os participantes (nenos/as, profesorado, voluntariado…) Con esta metodoloxía consíguese favorecer a interacción entre iguais e activar o traballo en equipo, xa que se trata de chegar a un obxetivo común a partir das aportacións de cada un dos membros do grupo.

O principio básico deste procedemento é ampliar o intercambio de coñecementos mediante unha trama de interaccións entre o alumnado e entre o alumnado e as persoas adultas que estén na aula. Este intercambio de coñecementos non segue un formato ou secuencia preestablecida, senón que o establece o propio alumnado a partir da súa propia experiencia. A maioría das veces, as explicacións que ofrecen os nenos/as que acaba de efectuar un aprendizaxe determinado son moito máis ilustrativas que as que pode realizar o mesmo profesorado. ¿A quen non lle quedaron algunha vez as cousas máis claras cando llas explica un compañeiro, con palabras informais, que un profesor? O alumando adoita empregar unha linguaxe máis próxima e ten a experiencia de aprendizaxe moito máis recente, co cal, adoita explicar ós seus compañeiros/as moito mellor os exercicios.

 

Aqui vos deixo un vídeo no que se contrapón a escola tradicional coa moderna. Espero que vos guste ;)