Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

7. Cuarta peza

7. Cuarta peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

Cada momento é un momento de creación, e cada momento de creación encerra infinitas posibilidades. Podo facer as cousas como sempre ou avaliar todas as demáis posibilidades, intentar algo novo e distinto, potencialmente máis gratificante. Cada momento bríndanos unha nova oportunidade e unha nova decisión. (Shakti Gawain)

Non podía faltar nesta construcción unha peza como esta, o curriculum, o documento no que se basa docentes e outras integrantes da comunidade educativa para levar a cabo as súas actuacións... Pois ben, esta será a seguinte peza que forme parte da estrutura que estou a construír.

Curriculum

“Es posible construir, sobre el papel, programaciones primorosas y ser un mal profesor. Y es que los problemas de escribir una programación en la mesa camilla de casa suelen ser muy diferentes a los de trabajar con 20 o 30 alumnos/as en un aula”

Angulo, F. y Blanco, N. (1994)

 

¿Que entendemos por curriculum?

O curriculum é un documento no que veñen especificadas de forma xeral as intencións educativas que a sociedade procura para a escola. Seguindo a definición de Guarro Pallás (2007), podemos definir o curriculum como: Conxunto planificado e organizado dos diferentes contidos de aprendizaxe, explicitando ou apuntando determinadas intencións educativas e dirixido a un nivel, grupo ou población específica de estudantes”.

imageÉ un vello conocido para moitos de nós, pois estivo presente ó longo de toda a nosa traxectoria escolar. No meu caso, estivo sobre todo presente durante a miña etapa universitaria. Dende que comecei a universidade falaronme a todas horas do termo “curriculum”, pero sempre dunha maneira moi xeral e teórica, polo que ata fai pouco tempo non fun capaz de entender exactamente a que nos referimos ó falar de curriculum.

Podemos realizar diferentes clasificacións de curriculum dependendo do aspecto no que nos centremos e do autor que sigamos, así a clasificación da que se falou na aula foi:

 

  • Oficial:   -  Formal

                    -  Manifiesto

                    -  Prescrito

                    -  Explícito

 

  • Nulo:   - Excluído

                 - Ausente

  • Oculto:  - Implícito

                   -  Latente

                   -  No escrito

 

¿Qué entendemos por asesor curricular?

Entendemos por asesor aquela persoa que escoita, avalía, informa, posibilita, da alternativas, acomoda as súas propostas ás necesidades dos usuarios, busca o máis favorable para estes, axuda a tomar decisións, favorece a responsabilidade, a autonomía, fai un seguimento da acción, anticipa, promove, dinamiza, da apoio colaborativo, capacita, dialoga… todo isto en materia curricular.

O asesor debe ter un coñecemento amplo sobre o seu posto de traballo e a lexislación que o articula, debe estar sempre nunha posición de mellora e non quedar exclusivamente no nivel no que se atopa. Un bó asesor non só espera, senón que se anticipa ós poblemas que poidan emerxer, buscando as solucións pertinentes.

 

¿Qué actuacións definiríamos como de asesoramento curricular?

Algunhas actuacións poderían ser o asesoramento na elaboración dos documentos do centro, as medidas de atención á diversidade (diferentes nun centro ordinario a un centro de educación especial), identificación dos problemas así como o plantexamento de propostas de mellora… É importante centrarnos en aspectos nos que podemos incidir, máis que en aspectos que non podemos modificar en absoluto, e isto é algo no que pecamos moito.

 

¿Cómo poden asesorar sobre o curriculum quenes non son especialistas nun ámbito curricular?

Dende o meu punto de vista, pódese facer a través da promoción da innovación nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, promovendo o diálogo, as novas tecnologías… Realmente que é un especialista? Nós non somos especialistas pero si temos a formación teórica para poder asesorar; somos especialistas noutras cousas.

Factores como a experiencia son importantes aquí. É un traballo de colaboración, de axuda, hai que ir reconstruíndo esta espiral para ir construindo o noso rol, o noso papel profesional.

No caso de que o asesor non teña coñecementos sobre un determinado tema, terá que informarse e asesorarse externamente buscando recursos fora.