4. Continuando coa viaxe...

Continuando coa viaxe, facemos un transbordo, cambiamos de tren; pero non de destino. (Bloque II: Profesores/as e Asesores/as).

Neste punto, atópame outra vez preparada para coller un novo tren que me leve ó mesmo destino.

A medida que vou vendo diferentes paisaxes, cada vez teño máis e máis afán por ver máis e así saber e coñecer maior número de cousas para ese ansiado destino final.

Eu mesma, me sorprendo da variedade de paisaxes que hai ata ese destino, e que cada vez me fan entrar máis curiosidade e ganas de saber. Quero destacar aquí, que sen case darme conta, vou vendo diferentes aspectos que van quedando en min.

A continuación, entrarei neste segundo Bloque chea de ilusión.

A modo introdutorio deste apartado, gustaríame destacar que a actividade dos asesores psicopedagóxicos no desenvolvemento do curriculum ten como punto de partida a idea da colaboración.

Colaboraci__n_1.png

 

Dificilmente acostumamos colaborar con aquelas persoas acerca das que mantemos ideas implícitas de descompromiso e desvaloración. Por iso é moi importante decatarnos da importancia de todos e todas, a confianza e a credibilidade.