4.1. Quinta Parada: Psicopedagogos/as e Profesores/as: Que relacións?

QUINTA PARADA TRALO TRANSBORDO. PSICOPEDAGOGOS/AS E PROFESORES/AS: QUE RELACIÓNS?

Nesta primeira parada, detereime en analizar as percepcións mutuas entre profesores/as e psicopedagogos/as. Nesa ocasión, o día 12 /12 / 12 tivemos que dar resposta, por grupos, a tres cuestións que foron: Que pensan futuros asesores/as dos profesores/as de infantil, primaria e secundaria con quenes van traballar?; Que pensan profesores/as de asesores e asesoras?; e Que coñecemos sobre estas relacións?.

As respostas do noso grupo Pentagrama foron as seguintes.

Sesión do 12 de Decembro

Como ben adiantei antes, como futuros profesionais non podemos pensar mal daqueles que van traballar con nós; xa que isto derivará nuns resultados negativos. De aí a importancia da confianza .

Os profesores teñen claro a horizontalidade. Como sabemos, a realidade é diversa, e non podemos esquecernos da complexidade desta. Debemos aproveitar calquera situación para traballar intelixentemente con eles.

É moi importante, sobre todo nos primeiros momentos, atendelos. Pero debemos ser conscientes de que NON TEMOS RECEITAS MÁXICAS, senón coñecementos e predisposición para buscar.

Outro aspecto fundamental a ter en conta é a historia previa do orientador, xa que marcou as pautas nese centro. Este elemento non o debemos perder de vista nunca.

A prudencia e a fortaleza son esenciais na vida dun asesor, xunto coa resistencia á frustración ante situacións difíciles.

Como futuros profesionais, debemos ter moi presentes os erros máis comúns para non caer neles segundo Lorenzo, 2008:

- Crer que a comunidade educativa coñece como funciona a orientación.

- Elaborar programas sen a intervención dos profesores e xefe de estudos.

- Entregar o PAT ós profesores a principio de curso e esquecernos do seu seguemento.

- Esperar a que demanden a nosa axuda.

- Asumir funcións de outros profesionais do centro.

- Traballar sen programas atendendo demandas espontáneas.

- Ofuscarse con algúns profesores/as que non colaboran.

- Querer atendelo todo ó mesmo tempo.

Relacións entre Psicopedagogos/as e Profesores/as

En definitiva, non hai nada como a propia práctica para aprender. Unha vez aquí, podemos continuar no tren cara á seguinte estación.