4.2. Sexta Parada: Malestar e Benestar Docente

SEGUNDA PARADA: MALESTAR E BENESTAR DOCENTE

Nesta ocasión tratamos un tema de total actualidade: O malestar e Benestar Docente. Hoxe en día, está máis en voga, por desgraza, o malestar deste colectivo. A sociedade en xeral, e o sistema educativo en particular, están en constante cambio e iso repercute negativamente no profesorado.

Este tema foi abordado na última sesión de clase do 19 / 12 na cal debatemos e demos argumentos a favor tanto do malestar como do benestar. Todos eles aparecen recollidos a continuación.

Sesión do 19 de decembro

Nos últimos anos, houbo un aumento moi importante do malestar docente, o coñecido como Síndrome Burnout. Para profundizar máis nesta cuestión déixovos unha entrada que preparei.

Burnout

Como sabemos a escola é unha organización, e como tal, posúe unha cultura, unhas relacións e unhas interaccións concretas, entre as que se atopan os conflitos. Nesta organización, o asesor/a atópase infratutilizado.   

Existen múltiples definicións de Malestar Docente, pero todas coinciden en que o malestar é un proceso ó que se chega e que afecta á personalidade da persoa que o sofre. Quero destacar aquí diferentes causas do malestar docente como poden ser a masificación das aulas, a desvalorización docente, a complexidade da organización educativa, a esixencia de altos niveis de atención, concentración e precisión, a indisciplina do alumnado, a falta de recursos, ou a sobreimplicación emocional do docente. Isto pode derivar nunha serie de consecuencias como pode ser o esgotamento emocional caracterizado por un grande desinterese e agobio xeral, a despersonalización ou a incapacidade para relacionarse e establecer vínculos co entorno, a falta de realización persoal e o sentimento de eficacia, e a aparción de enfermidades físicas graves.

Outro termo fundamental aquí é o de resiliencia, que se xera cando o docente se recupera do malestar, se volve mellor e máis capacitado para afrontar calquera situación deste tipo a través dos instrumentos e das estratexias aprendidas. Trátase entón de levantarse da adversidade e enfrontarse ós obstáculos e ós retos que nos van xurdindo. Somos capaces de enfrontar a situación problema, sempre con fortaleza e sabendo converter as debilidades en fortalezas. É entón, unha maneira de entender a realidade pero tamén de actuar.

Como conclusións disto, destacamos a concepción de profesores/as como colectivos ós que debemos destinar os nosos esforzos; os aspectos positivos da intervención programada e, finalmente, a necesidade de incluír intervencións como as presentadas en programas anuais de asesores/as.

Con situacións como as vividas (adxunto o arquivo) dificilmente se poderá eliminar o malestar docente. Esperemos que paulatinamente a situación cambie.

Agresión dunha nai a unha mestra

Neste traxecto, sexamos asesores e asesoras do benestar; e tamén debemos ter en conta que antes de axudar, debemos axudarnos a nós mesmos.