4.3. Sétima Parada: Algo de Todo.

Nesta última parada, non por iso menos importante, quero recoller unha serie de cuestión que foron xurdindo ó longo do curso.

Estamos nunha situación e crise, e como non afecta directamente á educación.

Cada vez son máis os casos de acoso escolar que lle afectan non só ó profesorado, senón tamén ó alumnado e a calidade da ensinanza. Sobre esta cuestión profundicei, ó ser un tema de total actualidade e que nos toca de primeira man tanto a asesores como profesores.

Acoso Escolar

Debido ás constantes transformacións que estamos vivindo cómpre destacar aspectos como a posible reforme que imos ter, a LOMCE.

LOMCE (LEI ORGÁNICA PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA).

Continuando coa LOMCE…

A LOMCE no ollo do furacán

E como non, facer referencia ó texto de Francisco Imbernón que non deixou indiferente a ninguén.

¡LEVÁNTATE Y QUÉJATE, EDUCACIÓN! De Francisco Imbernón.

Tamén quero facer mención da importancia do asesoramento de compañeiros ó cal dediquei unha entrada, ó ser de vital importancia.

Asesoramento de Compañeiros

E como non ó texto de Lourdes Montero e Mª Dolores Sanz que recollía a perfección moitas das cousas dadas nas sesións de clase.

Da man de Nicastro, S. e Andreozzi (2003) poño fin cun documento no cal se caracteriza ó asesor nestes tempos.

O asesor/a nestes tempos: un intérprete desconcertado?

Non foi unha tarefa doada ir indo de estación en estación, tentando ver todo o que había nelas. Pero a pesar de chegar ó destino final, podemos seguir collendo outros trens para así seguir coñecendo moitas máis “paisaxes”. Por iso non é un punto final, senón un punto seguido. Smile