5. Conclusións Finais e Autoavaliación

CONCLUSIÓNS FINAIS E AUTOAVALIACIÓN

Con esta última parada do meu portafolios, pretendo dar unha visión xeral acerca do que significou para min o paso por esta materia. Nunca antes me enfrontara a unha materia de tales características polo que non foi nada fácil.

  evaluar.jpg

Cando comezamos coa materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores no mes de setembro, e a profesora Lourdes Montero nos explicou como sería o desenvolvemento da mesma, sentinme un tanto perdida, ó ser a primeira vez que realizaba un traballo de tales características. Pouco a pouco, funme somerxendo na dinámica e metodoloxía empregadas. E aquí neste punto é onde quero resaltar a frase que xa nos dixo Lourdes no primeiro día de clase: “Learning by Doing”, que reflicte a perfección o que me pasou ó longo da materia; aprender facendo. Segundo ían pasando os días cada vez aprendía algo novo, e me sentía máis comprometida.

A forma de traballar foi moi boa para nós porque á vez que afianzabamos coñecementos tamén adquiriamos un maior uso e manexo das novas tecnoloxías que tan importantes son para o noso futuro.

Dende a miña humilde opinión, considero que a elaboración do portafolios non foi unha tarefa doada, xa que supón moita responsabilidade e compromiso, e moitas horas de traballo, pero aínda así creo que os resultados son satisfactorios. Quero destacar aquí que segundo ían pasando os días, cada vez xurdía en min unha maior motivación intrínseca en min.

A constante busca de información para facer as sucesivas entradas, supuxeron unha grande aprendizaxe e crecemento persoal, sobre todo no ámbito do asesoramento.

A elección do fío condutor tampouco foi nada fácil, pero debido a que emprego o tren como medio de transporte habitual, e que creo que reflicte á perfección o transcurso que fomos facendo ó longo da materia decidín empregalo como tal.

Para finalizar, dicir que en xeral a experiencia foi moi positiva e enriquecedora, e volveríaa a repetir sen dubidalo. Ademais tamén adquirín moitos coñecementos, que antes de comezar esta materia non posuía. Foi unha experiencia moi gratificante.

Destacar tamén que con este sistema de traballo que se baseou na comunicación e no diálogo se logrou un grande nivel de compañeirismo, cousa que creo que é fundamental na nosa futura profesión.

Todo este traxecto non sería posible sen a profesora, xa que xogou un papel fundamental. Este percorrido polo camiño do saber non remata aquí, senón que aínda está comezando.

Agora a esperar que o resultado de Lourdes Montero sexa satisfactorio. : )