Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

10. Séptima peza

10. Séptima peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias Comentarios (1)

A última peza á que farei alusión na miña construcción será a atención á diversidade, pero non por ser a última en mencionar é menos importante que as anteriores nin tampouco quere dicir que sexa a última peza desta construcción, pois esta construcción seguirá permanentemente xa que o proceso de coñecemento non ten fin nin barreiras.

image

Sentido e importancia da intervención psicopedagóxica nos procesos de E-A

imageO asesoramento e intervención psicopedagóxicos teñen como obxetivo ser útiles ós centros escolares; por iso, debe procurar que todas as actuacións lles sirvan de apoio e soporte nos distintos prismas en que se atopan comprometidos, dende os procesos educativos e curriculares ata os aspectos de organización, de estrutura e de funcionamento das institucións.

Dende esta perspectiva, a aportación máis sobresaínte da intervención ha de ser proporcionar un marco conceptual psicopedagóxico que permita explicar as distintas actividades que ocorren no centro e formular propostas de actuación coherentes. O asesoramento debe centrarse, pois, nas actividades educativas, curriculares, organizativas e de estrutura; nas actuacións do profesorado, nas conductas dos alumnos/as; na variedade de servizos e apoios que recibe o centro... o que o convirte nunha instancia de soporte para toda a institución escolar.

Isto é asi porque calquer feito educativo se produce e se desenrola a través da interacción de todos (ou boa parte deles) os seus elemenos constitutivos: o profesorado e as súas actividades educativas e curriculares; o alumnado coas suas características e os seus procesos de aprendizaxe; a estrutura do centro e os órganos dos que se dota; o funcionamento e a disposición que o regulan...

A intervención non debe limitarse únicamente a unha calquera das variables reseñadas anteriormente senón a todas elas e, en especial, á interrelación que se establece nun momento concreto, posto que todas elas se inflúen e se afectan mutuamente. É dicir, en toda actividade educativa existe un contínuo entre as distintas actuacións que se levan a cabo, de tal maneira que, determinado aspecto particular e concreto incide noutros, igual de concretos, pero tamén nos diversos aspectos globais e viceversa. Por iso as respostas que se producen en determinadas circunstancias configuran un continuo onde nun extremo aparecen os elementos máis particulares e no outro os máis globais e xerais.

O asesoramento psicopedagóxico debe contribuír á tarefa de relacionar constantemente o particular co xeral, ben sexa polas razóns expostas, ben sexa para que moitas innovacións e actividades pedagóxicas que se levan a cabo nos centros escolares atopen un marco interpretativo que permita aproveitar os diferentes aspectos que deben conservarse, da súa valiosa aportación na resolución de determinadas situacións, e modificar ou eliminar as que non son útiles. Isto toma maior relevancia ó observar os continuados cambios educativos, curriculares, organizativos e incluso normativos que se realizan nos centros dun curso para outro (ou dentro do mismo ano), e que moitas veces conleva, por exemplo, a repetir “experiencias” xa abandonadas pola sua ineficacia.

Ademáis, se se quere que as innovacións educativas valiosas perduren e pasen a formar parte do quefacer habitual e cotiá, é imprescindible que aquelas se contemplen e se incorporen na estrutura organizativa e nas normas reguladoras do funcionamento do centro, pois do contrario pérdense e evapóranse con facilidade, o cal provoca que o profesorado deba invertir un maior esforzo, voluntarismo e desgaste nos procesos pedagóxicos que leva a cabo.

Noutro orde de cousas, sábese que os procesos educativos, curriculares e organizativos se desenrolan a través do diálogo e a interacción de todos os compoñentes que constitúen a comunidade educativa e das interlocucións e interrelacións que se establecen entre os distintos órganos que conforman a estrutura do centro. Por iso o psicopedagogo/a debe coñecer estes órganos, as súas funcións e as normas que regulan as súas interrelacións, debe participar, puntual ou asiduamente, nos distintos órganos e instancias organizativas do profesorado e intervir en cada un deles para contribuir ó seu bo funcionamento e ó adecuado desenrolo das súas funcións.

Dende esta perspectiva, o asesoramento psicopedagógico debe colaborar co profesorado e os seus órganos de goberno e de coordinación pedagóxica, nos aspectos máis relevantes da planificación e desenrolo das respostas educativas, curriculares e organizativas, proporcionando as axudas psicopedagóxicas especializadas, dende o respeto escrupuloso ás funcións e responsabilidades de cada un dos profesores/as.

A participación activa do psicopedagogo nos distintos órganos de goberno e de coordinación pedagóxica facilítanlle un coñecemento amplo e relativamente completo da vida do centro, o cal, unido ás competencias que lle confire o seu perfil profesional e as súas funcións, proporcionanlle as mellores condicións para considerar e analizar a maioría de aspectos que interveñen nos procesos educativos, sistematizalos e interpretalos de acordo cun marco psicopedagóxico coherente.

Ademais das razóns descritas, existen outras que xustifican a intervención nos diferentes órganos do centro. A actividade educativa do profesorado céntrase no deseño e planificación curricular, co obxetivo de adecuar o curriculo oficial ás características de cada centro e ás necesidades dos alumnos a través de diferentes instancias organizativas. Así, o referente básico da intervención psicopedagóxica debe ser o currículo e o seu desenrolo, co que é conveniente que participe nos distintos órganos que toman decisións, en cada un dos niveis de concreción curricular.

Esta estratexia de ensinanza adaptativa, para levala a cabo, require diversificación dos procedementos educativos, didácticos, organizativos e no funcionamento do centro, tanto no que se refire á estrutura mesma da etapa, do Proxecto Educativo, do Proxecto Curricular de etapa e das Programacións de Aula e das actividades de ensinanza e aprendizaxe.

En consecuencia, a actividade pedagóxica dos centros debe focalizarse, por unha parte, nos elementos que configuran o currículo e por outra nos órganos da estrutura organizativa do centro que posibilitan que os profesores/as tomen as decisións educativas e curriculares máis adecuadas en cada un dos ámbitos de planificación.

Un exemplo de centros nos que se leva a cabo unha atención á diversidade en sentido estricto é o caso dos centros nos basados na Pedagoxía Waldorf.

 

Pedagoxía Waldorf

O currículo dunha escola Waldorf pode verse como unha espiral ascendente con prolongadas clases cada día e bloques de estudo que enfocan un tema durante varias semanas.

Cando os nenos relacionan o aprendido coa sua propia experiencia,se interesan e se enchen de vitalidade convertindo o aprendido en algo propio. Os colexios Waldorf están diseñados para promover e desenrolar este tipo de aprendizaxe.

Esta corrente distanciase das metodoloxías tradicionais que conducen ós estudantes cara un aprendizaxe xerárquico e competitivo; neste método trabállanse as conductas de serenidade, capacidade de reacción, imaxinación e sensibilidade artística, solidaridade e tolerancia, entre outras. Un peso moi importante teno a arte, as linguas extranxeiras e a gramática a partir de contos de fadas, fábulas, lendas populares, poesías...coas que os nenos van adquirindo formación.

No aprendizaxe Waldorf trabállase por septenios, é dicir, por ciclos de 7 anos. Non hai libros de texto nos primeiros anos de escolaridade. Os aprendices producen os seus propios libros, recopilando experiencias e aprendizaxes da vida cotiá. Desde moi pequenos introducen o alfabeto de forma pictórica, deletreando, recitando, representando símbolos.

Nas escolas Waldorf non hai director, nin xerarquía, isto non implica que non estean organizados e que cada mestre é responsable da evolución da súa clase, e durante os primeiros sete anos os nenos entrelazan as súas relacións co mesmo profesor-tutor.

O xogo como elemento indispensable, é outro dos anclaxes empregados por este método, xa que xogar significa percibir con todos os sentidos, poñer en movemento todo o corpo, ser activo. O xogo é o medio para que o neno domine o movemento corporal, constrúa o seu equilibrio, defina un tacto delicado e un impulso cheo de forza; disto nace máis tarde a experiencia consciente de sí mesmo.

A medida que os estudantes maduran, enfróntanse con niveis de experiencia con cada meteria. É como se cada ano se asomasen a unha ventá da espiral ascendente enfocando ó mundo a través dunha lente dunha materia en particular. Mediante o curriculo en espiral cunha lección principal, os mestres preparan o camiño para unha integración gradual, vertical, que profundiza e ensancha a experiencia de cada materia e, ó mesmo tempo, mantena en sincronía coas demais facetas do coñecemento.

image

Todos os estudantes participan de todas as materias básicas independentemente das aptitudes especiais. O propósito de estudar unha materia non é convertir ó estudante nun matemático, historiador ou biólogo profesional, senón espertar e educar aqueles talentos que todo ser humano precisa.

A elección dunha vocación está librada á decisión do adulto, pero a educación temperá que un recibe debera proveelo dunha paleta de experiencias de onde cada quen poida elexir as cores particulares que lle permiten os seus intereses, aptitudes e circunstancias e expectativas persoais.

Se a espiral ascendente do currículo, ofrece, ano tras ano, unha “integración vertical”, unha igualmente importante “integración horizontal” permite que os estudantes encaren a totalidade das súas aptitudes en cada etapa do seu desenrolo. As artes e habilidades prácticas xogan un papel fundamental no proceso de educación ó longo dos grados. Non se lles considera como luxos senón unha parte esencial para o crecemento e desenrolo humano.

 Cando o currículo Waldorf se completa existosamente, todo o ser humano, a cabeza, o corazón e as mans, foron verdadeiramente educados.

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Montese, a revista  Cuadernos de Pedagogía dedicou o seu número 428, de noviembre de 2012 a Escuelas alternativas. De interés para la Pedagogía Waldorf.

    saúdos

    lourdes