3.4. Cuarta Parada: Asesoramento Curricular e Medidas de Atención á Diversidade

CUARTA PARADA: ASESORAMENTO CURRICULAR E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Esta nova parada, ten moitísimas cousas nas que deternos a mirar, observar e analizar de cara ó noso destino final. Todos nós traballamos nalgunha ocasión sobre o curriculum.

Para afrontarnos a isto realizamos a técnica das 3P (3 preguntas) que eran que actuacións observamos que definiriamos como de asesoramento curricular?; como poden asesorar sobre o curriculum quenes non son especialistas nun ámbito curricular?; e que saberes sobre o curriculum posúen os psicopedagogos/as no seu proceso de formación e cales deberían posuír? As respostas ás mesmas quedan recollidas a continuación.

Sesión do 7 de Novembro

Aquí, decidín sacar a cámara fotográfica e retratar diferentes aspectos que me pareceron de vital importancia no referente a esta parada.

Asesoramento e Curriculum

Antes de nada, tamén quixen explorar o que me podería atopar; polo que profundicei sobre os diferentes tipos de curriculum.

Tipos de Currículum

Toda proposta curricular actual debe dirixirse a posibilitar coñecementos que fagan conscientes ós cidadáns da súa situación e podan contribuír a transformala ó servizo dunha sociedade máis xusta e equitativa.

Asesoramento e Curriculum

A mellora da educación debe ser un marco de referencia para o asesoramento pedagóxico, e de aí o meu seguinte enlace.

A mellora da educación como marco de referencia para o asesoramento pedagóxico.

A partir do asesoramento curricular (unha paisaxe), seguimos ollando e vimos unha fantástica montaña, que eran as medidas de atención á diversidade. Partimos da idea da diversidade curricular ante as demandas e propostas do curriculum. Para isto debemos ter en conta que a lexislación nos sitúa normativamente sobre o que podemos facer ou o que non; é dicir, delimita o noso nivel de actuación. Aínda así considero que non debe ser totalmente estrita e actuar a modo de “corsé”, porque cada situación pode ser diferente cunhas características particulares.

O apoio á diversidade como asesoramento curricular e organizativo: Apoio Interno

Ante a diversidade de situacións que nos podemos atopar, debemos ser conscientes de que non podemos arranxar todos os problemas (non podemos ver todo o que hai nunha determinada estación). Debemos recoñecer ata que punto debemos chegar, pero sen limitarnos a nós mesmos. Sobre todo tendo en conta que a diversidade é unha característica da conduta que se manifesta tanto no comportamento e no modo de vida das persoas coma no seu modo de actuar e pensar.

Esta diversidade ten unha forte repercusión nas aulas, sobre todo nos últimos anos nos que nos atopamos máis frecuentemente alumnado con diferentes culturas nas aulas, diferentes estilos de aprendizaxe, etnia… Isto non debemos de velo só como un aspecto negativo, senón tamén como algo moi enriquecedor e do que podemos e debemos sacar proveito.

O asesoramento en educación e unha práctica controvertida xa que forma parte dun conxunto moi amplo de prácticas profesionais, polo que profundicei neste aspecto que vos arquivo a continuación.

Diversidade e Curriculun

Continuando nesta parada, vemos tamén o concepto de mellora escolar. Para isto é preciso ollar as principais funcións encomendadas ós asesores de centros educativos.

Principais funcións encomendadas ós asesores de centros educativos

Como futuras psicopedagogas e psicopedagogos, considero que debemos apostar por un papel de apoio nos procesos de desenvolvemento curricular, compartido as nosas competencias con outros profesionais; para así atender á diversidade de mellor xeito posible. Aquí tamén vemos a importancia da proactividade, para anticiparse ós problemas e previlos con anterioridade. Outro aspecto a destacar é ser dinamizador do desenvolvemento curricular, e o traballo colaborativo.

En definitiva, o asesoramento é unha práctica fronteiriza que ten que lidiar entre cada realidade, salvando as posibles contradicións que poidan aparecer, como ven adxunto no seguinte arquivo.

Redimensionar o asesoramento.

 

Nesta última parada antes de facer un transbordo (cambiamos cara o bloque II), observo que o asesoramento é un todo formado por varias partes, todas elas igual de importantes e fundamentais. Como ben puidemos apreciar neste camiño ata aquí, os asesores e asesoras non se poden limitar a un marco teórico senón que están influído por múltiples factores.

A continuación faremos ese transbordo que adiantaba antes, simplemente imos coller outro tren, pero que nos leva cara o mesmo destino.