Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

12. Autoavaliación

12. Autoavaliación

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

 

A palabra que definiría a miña cara o primeiro día de clase, cando a profesora nos explicou en que ía consistir a materia, foi a de medo, desconcerto e incertidume. Nunca tivera unha asignatura na que se traballase desta forma ou similar, caracterizada polo traballo autónomo, a través do cal ir construíndo un mesmo o seu propio coñecemento. Ata o imagemomento sempre existía a figura doutra persoa que nos ía indicando as a seguir para percorrer este camiño, e dalgunha forma xa no lo daba "todo feito"; o noso papel era únicamente o de escoitar e acatar as súas ordes. Este foi o motivo polo que me resultou tan complexa esta materia, non estaba acostumada a traballar autónomamente, no sentido estricto da palabra.

A ferramenta coa que traballamos durante toda a materia resultoume bastante complexa ó principio, pois requería moito traballo por parte do alumno, moita constancia e dedicación... pero a medida que o cuatrimestre ía transcurrindo deime conta de que é unha ferramenta interesante si se usa de maneira correcta, pois permite levar a cabo un aprendizaxe moi enriquecedor ó ir vendo as aportacións e reflexións que cada compañeiro colga no seu blog; esa interacción virtual e en persoa (unha vez á semana) foi o que máis chamativo me resultou desta asignatura.

A construcción do portafolios, tanto do blog como agora das páxinas, foi unha tarefa complexa e que tivo sempre como fondo a dúbida, o non saber que é o correcto e o incorrecto. No caso do blog, nos inicios sempre xurden as típicas interrogacións ¿de qué fago as entradas? ¿cómo as plantexo? ¿que información introduzo nelas?... pero a medida que avanzaba a asignatura e fun collendo máis práctica estas dúbidas íanse solucionando e todo resultaba máis sinxelo. Polo que respecta ás entradas, tras moitas horas de reflexión para saber cómo organizar as entradas e elexir a metáfora que faría de fío conductor, tras moitas horas de conversación/debate con outros compañeiros para saber o que había que facer realmente, tras as explicacións da profesora e posteriores correos preguntándolle dúbidas... o resultado final foi moi gratificante. Quizáis todas esas horas de traballo non se vexan reflexadas no resultado final, ou quizáis sí... pero o que sí que é certo, é que traballei moito e con gran esforzo neste portafolios e todo iso serviume como elemento de aprendizaxe pero tamén como medio a través do cal seguir aprendendo.

Unha etapa cérrase...pero o camiño continúa!!


A natureza deunos as semillas do coñecemento, non o coñecemento mesmo(Lucio Anneo Séneca)