Viaxando pola experiencia creada no meu portafolios...

Como xa dicíamos onte...chega o momento de pechar provisionalmente esta pequena pero intensa etapa, estos 3 meses fantásticos nos que aprendín moito, pero no que tamén teño a sensación de facerseme corto para o moito que podería chegar a aprender.

Comezábamos alá por Setembro con ilusión unha nova etapa nun medio que xa coñecíamos do ano anterior, e que deberíamos aproveitar esa pequena experiencia xa con él, para aproveitar este medio ó máximo e sacarlle así o máximo rendemento para a nosa aprendizaxe.

Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Día 1.

.

Cando rematamos a experiencia do e-portafolio coa materia de Tecnoloxía Educativa, todos dixemos un ata pronto e non un adiós, pois é e será , un instrumento que nos sirve para enriquecer os nosos coñecementos dunha maneira innovadora.

Esta vez, non será un reto pola novidade que nos supoñía, senón polo perfeccionamento do noso traballo en el. Xa sabemos como funciona, todos os seus elementos e como empregalos, asique o noso fin será construír os nosos coñecementos da mellor maneira posible para o noso enriquecemento persoal, e tamén o dos meus compañeiros/as.

En esta ocasión, a materia non se centrará no ámbito das TICs, senón na formación profesional do profesorado, aínda que de algún xeito tamén teñan relación entre elas.

Resulta evidente, que dende fai un par de décadas, a formación docente inicial e o desenvolvemento profesional continua, son elementos centrais dos diagnósticos educativos, sendo un foco de intervención das políticas educativas de reforma e das estratexias destinadas á elevación da calidade. Son varios os estudos que sinalan o factor docente como un elemento clave da transformación educativa ( Aguerrondo , 2004 ; Fullan, 2002 ; Vaillant 2005 ).

Precisamente un de eses autores, concretamente Michael Fullan ( 2002, 122) sinalou que : " a educación do profesorado ten o honor de ser ao mesmo tempo, o peor problema e a mellor solución da educación."

Será pois, neste ámbito no que centraremos a nosa aprendizaxe con este e-portafolio, co fin de poder melloralo cada día e facelo moito mellor para aprendizaxe de todos, e en particular a miña propia.

Por último, benvidos todos outra vez.

Nas clases tratábamos algúns conceptos importantes, moitos coñecidos que me parecía importante averiguar sobre eles para ampliar a información que xa tiña, e outros totalmente descoñecidos, e que unha vez buscaba e sabía o que significaban, era consciente do interrelacionados que estaban todos coa materia, e non só coa materia, senón con nós e coa nosa vida profesional como pedagogos e pedagogas.

Algúns que podo destacar polo seu interese son :

Resiliencia.

Resulta evidente que cando asistimos a unha clase expositiva, son moitos os coñecementos tratados, pero na nosa mente sempre hai uns que sobresaen sobre os outros. Isto mesmo foi o que me sucedeu a min no dia de onte, pois falamos de varios autores e de varios conceptos, entre o que me chamou especialmente a atención o de " resiliencia ", posto que nunca escoitara falar del.

Coñécese a resiliencia como a capacidade das persoas para afrontar a adversidade e lograr adaptarse ben ante as traxedias, os traumas, as ameazas e o estrés severo.

Según Teitelman e Arazi, os tres pilares que sosteñen a capacidade da resiliencia son :

a) A capacidade de xogo : non tomar as cousas a peito e empregar o sentido do humor é esencial para a nosa vida. A creatividade, a multiplicación dos intereses persoais, os xogos de imaxinación, etc...

b) A capacidade de encarar as situacións con un sentimento de esperanza : é fundamental ter alguén en quen depositar o noso afecto, a admiración, que nos sirva como guía e como estímulo.

c) O auto-sostén : podemolo resumir como unha mensaxe que a persoa elabora para sí mesma, por exemplo : " eu sei que esto vai pasar pronto" , " confio en min " , . . .

Resultoume moi chamativo a cantidade de páxinas que teñen como contido único este concepto, e mesmo que existe o Instituto Nacional de Resiliencia, formado por un conxunto de científicos e profesionais co obxetivo de crear técnicas para que as persoas poidamos desenvolver esa capacidade. ( http://www.resiliencia-ier.es/ )

http://www.portalplanetasedna.com.ar/resiliencia.htm

ou outro que tratamos mais recientemente en un debate de clase como o Bournout :

Burnout

Na última clase da materia, tivemos un interesante debate sobre as razóns do benestar e do malestar docente. Foron moitos os motivos sobre os que debatimos, e investigando sobre este tema, atopei un concepto importante : o burnout.

Este concepto ten a súa orixe nos anos 70, da man de Freudenberger, coñecido como un síndrome de carácter psicolóxico, descrito para profesionais que traballan en relacións de axuda hacia outras persoas.

A súa traducción en español sería algo parecido a " estar queimado".

Este concepto formou parte do modelo mais utilizado nos estudos sobre profesores, o modelo trifactorial de Maslach, que describe tres tipos de síntomas : o agotamento emocional, a " despersonalización" e a sensación de baixo logro profesional. O agotamento emocional está altamente asociado á resposta do extrés, sin embargo a despersonalización, tamén chamada " cinismo" ou distanciamento emocional non está descrita sobre o extrés, pero é moi perxudicial para os procesos de enseñanza.

Por outra parte, a relación inversa entre a satisfacción laboral e o burnout foi ampliamente reportada pola investigación, tal e como plantean Faragher, Cass e Cooper. Asimismo, os investigadores plantean que, pese a esta relación inversa , non se pode afirmar que ambos conceptos sean sólo un. Outra variable de benestar estudada foi o compromiso co traballo (engagement o commitment), reportándose que algúns aspectos do compromiso, especialmente aa dedicación, relacionanse de maneira inversa co burnout. Jepson y Forrest encontraron no seu estudo que esta variable mostraba unha relación forte e negativa co estrés percibido.

Que vos parece? Coñecíades xa este termo, ou como me pasou a min, aínda o acabades de coñecer?

.

http://www.estres.edusanluis.com.ar/2011/12/factores-asociados-al-malestarbienestar.html

En outras entradas tratei aqueles aspectos directamente relacionados coa formación do profesorado como poden ser os principios que deben dirixir esta formación, a formación continua e permanente , docentes como mediadores, etc... Un exemplo de esta tamén podería ser o Plan de Formación Permanente do Profesorado de este ano sobre o que tanto falamos nas clases :

Plan de Formación Permanente do Profesorado 2012-2013

Investigando pola rede, atopeime con un gran proxecto que leva a cabo a comunidade autónoma de Cantabria : o Plan de Formación Permanente do Profesorado, co fin de propiciar que o sistema educativo desta comunidade avance en calidade e eficiencia. Este itinerario iniciouse o pasado ano e ten os seus pilares principais na aprendizaxe temperá do inglés, na competencia dixital dos alumnos e profesores, e o fomento da autonomía responsable dos centros.

Son conscientes de que nos tempos que estamos vivindo, o perfil docente debe estar adaptado ás novas situacións e contextos, dende o dominio das TICs ao servizo da tarea educativa, ata as competencias mais persoais derivadas do traballo en equipo ou as habilidades sociais.

En este marco de actuación, os asesores da formación terán a capacidade de reconvertirse en función das necesidades do sistema educativo e das propias da formación do profesorado.

Este novo Plan incide nas modalidades de formación dos centros, a través de seminarios e traballos en grupo, ou ben modalidades mixtas cando as necesidades así o requiran. Nel recóllense tamén as demandas de necesidades formativas expresadas polos propios centros.

No Plan defínense en total unhas 7 liñas de formación docente. Unha de elas pon énfasis na atención á diversidade dende o enfoque da educación socio-emocional. Outras dúas liñas, son transversais e vertebran a adquisición dos obxetivos de todas as demais, no referido ao fortalecemento das linguas estranxeiras e programas europeos, e a competencia dixital. Algunhas das restantes fan referencia ao que xa nomeamos antes, como son a autonomía dos centros basada no liderazgo pedagóxico dos equipos directivos, mentras que outras constitúen prioridades absolutas da Administración Educativa, comprometida con unha Formación Profesional mais cercana e atenta ao mundo laboral, profesional e empresarial.

Eu descoñezo ata o momento si este Plan o temos na nosa comunidade, vós sabedes algo? Seguiremos investigando para coñecelo...

http://www.educantabria.es/formacion_del_profesorado/profesorado/formacionpermanente/plan-de-formacion-permanente-del-profesorado-2012-2013

Pero...que sería do noso blog sen aquelas páxinas que nos aportasen a información que necesitamos para construír os nosos coñecementos e contribuíran na nosa aprendizaxe.Algunhas son por exemplo a ANPE e o Instituto de Evaluación Educativa :

ANPE

Como xa sabedes, na clase expositiva do día de onte ( 17.12.2012), falamos entre outras cousas do ANPE, o sindicato dos profesores.

Persoalmente descoñecía que éstes contaran con un sindicato propio, pois pensaba que participaban nos mesmos que as empresas e demais colectivos. Por eso, decidinme a investigar un pouquiño sobre él.

ANPE é un sindicato independente, sin ningún tipo de compromiso coa política. A unica relación que teñen é cos profesionais docentes que depositan a súa confianza neles.

En relación co resto de sindicatos, hai dúas características que os distinguen de éstes : a primeira é a profesionalidade, e a segunda a independencia.

En AMPE todos son docentes da enseñanza pública, e non teñen como xa dixemos ningún tipo de afiliación política.

Poñen a súa dedicación tanto nos servizos que prestan, como nas negociacións que levan a cabo para buscar o ben común para o interés dos docentes e o benestar da educación.

As súas funcións principais son as seguintes :

  • ANPE traballa para solucionar os problemas e dar respaldo a cada profesor individualmente, e para conseguir melloras nas condicións laborais e profesionais de todo o colectivo docente, por medio da reivindicación, a negociación, a movilización e a posta en marcha de campañas e estratexias.
  • ANPE posibilita e canaliza a participación dos docentes nos seus ámbitos de representación, e faino como sindicato exclusivamente de profesores.
  • ANPE está especializado no ámbito educativo e por eso, no ten conflictos de intereses con outros sectores.
  • ANPE presta servicios efectivos: información profesional actualizada a diario, asesoramiento ante situacións profesionais e administrativas, acompañamento nas situacións de conflicto a través do Defensor do Profesor, atención xurídica, convenios con diversas entidades, e actividades de formación e de ocio.
  • ANPE traslada á opinión pública a realidade da docencia, a través das súas publicacións propias e da súa aparición nos medios de comunicación, aportando puntos de vista profesionais ós debates sobre educación e expresando en toda ocasión a necesidade de valoración social que precisa a tarea docente.
  • ANPE esfórzase por crear correntes de opinión a favor da tarea docente, a mellora da convivencia nas aulas ou a necesidade de un cambio de modelo e estructura no sistema educativo, e defende a recuperación da autoridade do profesor, tanto académica como legal, mediante o recoñecemento da súa condición de autoridade pública.
  • ANPE mantense sempre cerca do profesorado, para descubrir e evidenciar novas necesidades ou problemas e trasladar as preocupacións dos docentes ós estamentos oficiales.

.

http://www.anpe.es/anpe/


Instituto de Evaluación Educativa.

 

O Instituto Nacional de Evaluación Educativa , coa denominación de Instituto de Evaluación Educativa, aparece citado no Título VI da Lei Orgánica 2/2006 , do 3 de maio, da Educación ( L.O.E.) que o adica á evaluación do sistema educativo e á finalidade, no ámbito e nos organismos de dita avaliación.

Este instituto é o organismo responsable da avaliación do sistema educativo no Ministerio de Educación, cultura e deporte. As funcións de éste en colaboración coas Administracións educativas son tres principalmente :

  • A coordinación das políticas de avaliación xeral do sistema educativo e a realización, en colaboración cos organismos correspondentes das Administracións educativas, das avaliacións xerais de diagnóstico.
  • A coordinación da participación do Estado español nas avaliacións internacionais, a participación na elaboración dos indicadores internacionais da educación, así como o seguimento das actuacións da Unión Europea neste ámbito, sin perxuicio das competencias da Subsecretaría en materia estadística.
  • A elaboración do Sistema Estatal de Indicadores da Educación, e a realización de investigacións e estudos de avaliación do sistema educativo e a difusión da información que ofrezan ambas actuacións.

Ademais, tamén ten outras funcións non tan importantes como as anteriores, pero que si realiza en colaboración cos organismos correspondentes que designan as Administracións Públicas :

- A elaboración de plans plurianuais de avaliación xeral do sistema educativo.

- A coordinación da participación do Estado español nas avaliacións internacionais.

- Elaboración de un Sistema Nacional de Indicadores da Educación que contribúan ao coñecemento do sistema educativo e orienten a toma de decisións das institucións educativas e de todos os sectores implicados na educación.

- Colaborar na realización das avaliacións xerais de diagnóstico, que permitan obter datos representativos tanto do alumnado como dos centros das comunidades autónomas como do conxunto do estado.

.

E como toda materia, para poder entendela e encontrarlle significado ao que nela se traballa, é buscarlle a súa aplicación práctica, con novos xacementos de emprego para nós os pedagogos/as , ou con outros asuntos de interese que nos afectan directa ou indirectamente para a nosa vida profesional e persoal. Tales como por exemplo:

Nova saída profesional.

.

Hoxe sorprendíame a noticia do xornal de " La Voz de Galicia", no que se adicaba unha longa sección a falar da búsqueda persoas, e para que preguntarédesvos, pois sólo e sencillamente que para acompañar ás persoas na entrada á vida adulta.

Son moitos os adolescentes que por motivos diversos están baixo a custodia da Xunta de Galicia, e é esta a que se encarga de proporcionarlle os medios necesarios para unha boa vida ata a maioría de idade. Unha vez cumplen os 18 anos, axúdanlle a incorporarse á vida adulta e a que adquiran a autonomía necesaria para enfrentarse á sociedade por sí sólos.

Cabe destacar tamén que estas persoas non están nin directa nin indirectamente relacionadas co mundo das drogas, dos malos tratos, do alcoholismo, etc... ; senón que son persoas sin ningún tipo de problema, que sólo necesitan de compañía e un pequeno empuxón para insertarse na sociedade como persoas totalmente autónomas.

E eu pensei...qué mellor que nós os pedagogos/as para compartir experiencias con esas persoas, para orientalos e aconsellalos na importante transición que van a pasar. E ahí precisamente, no mundo tan difícil que temos por diante para poder traballar, a nós presentasenos unha oportunidade para poder facelo, e ademais en aquelo que mellor sabemos facer, e para que eu polo menos sí me sinto capacitada.

Que vos parece? Dá gusto que nos cheguen boas noticias..parece que por Navidad todo son alegrías Smile, e por certo, aproveito para desearvos os meus mellores desexos para estas navidades e para o próximo ano.


http://www.mecd.gob.es/inee

http://www.mecd.gob.es/inee/acerca

 

O 86% das licencias para formación do profesorado quedan vacantes.

 

Estes días, aparecen artigos nos xornais de moita relevancia para a nosa materia. O pasado xoves gardei esto que queria ensirnárvolo no que o titular xa o dí todo.

 

En este blog fixen bastante fincapé no tema da desmotivación, e con este artigo demóstrase que é moi importante para a formación de todos.

 

A resolución da convocatoria de licencias para a formación do profesorado recolle a 85 beneficiarios das 600 prazas que se convocaban nas diferentes modalidades. Un dato do mais preocupante.

 

UGT atribúelle este feito  precisamente á desmotivación dos profesorados, así como pola " política errrática da formación continuada da Xunta". Un dos representantes de esta organización, Raúl Gómez, asegura que mentras outros anos se convocaban menos prazas pero de maior duración e para temas como a innovación, a ampliación de estudos ou a creatividade, ahora elévanse a 600 prazas para " a confección de material dixital e de formación en idiomas", moi vinculadas aos programas Abalar e de plurilingüísmo.

 

A min sinceramente é unha noticia que mais que extrañarme e sorprenderme dame pena, porque se os docentes que teñen que impartir coñecementos aos alumnos/as, e se éstes non se actualizan e innovan, o resultado será unha educación inadaptada aos novos tempos e ás novas sociedades.

 

Que pensades vós sobre este tema?

 

http://www.lavozdegalicia.es

 

.

Non poderíamos deixar de mencionar algúns dos autores mais importantes e significativos en éste ámbito da Pedagoxía en particular e da Educación en xeral, que marcaron a nosa experiencia na materia, como é o caso de Rosa Sensat, Hargreaves, Marta Mata ou Jurjo Torres. En este caso, adxunto como exemplo a éste último porque trata un dos temas que mais tratamos, e é a desmotivación do profesorado :

Jurjo Torres e a desmotivación do profesorado.

Jurjo Torres é un catedrático da Universidade de Didáctica e Organización Escolar da Coruña. Foi un investigador que destaca no ámbito da pedagoxía, e concretamente na materia de " Formación e desenvolvemento profesional do profesorado ", entre outras cousas, polas súas investigacións en materia da formación do profesorado.

 

Entre algunhas das súas obras mais importantes podemos destacar : " Multiculturalismo anti-racista " , " La desmotivación del profesorado", " Educación en tiempos del neoliberalismo" ou " El currículum oculto".

 

Precisamente de unha das súas obras, é de donde poido sacar varias ideas que me pareceron de gran relevancia neste ámbito, e é precisamente da desmotivación do profesorado.

 

A menudo falamos do importante de que os alumnos se encontren motivados no seu proceso de aprendizaxe, para que poidan adquirir un maior número de competencias, e á vez, non deixen nunca de seguir formándose. Sin embargo, non é tan frecuente falar do estado do profesorado, como senón fora tan ou mais importante que o dos alumnos, pois non só debe transmitir coñecementos, senón tamén resolver dúbidas, afrontar posibles problemas e motivar a quenes o escoitan.

 

Cada vez é mais frecuente escoitar conversacións entre profesores/as, donde poñen de manifesto sentimentos de desconcerto e insatisfacción no seu traballo, e o que é peor, móstranse incrédulos ante a posibilidade de que as cousas poidan mellorar.

 

Na miña opinión sería imprescindible crear un ámbito de formación do profesorado exclusivo para éstes casos donde non se sabe como afrontar situacións emocionais complicadas, e non só dos alumnos, senón de eles mesmos, permitíndolle así non perder a motivación e as ganas de seguir exercendo a función docente.

 

E vos qué pensades? Considerades que o profesorado debe aprender de xeito autónomo como afrontar este tipo de situacións ou debe recibir unha formación sobre este ámbito?

 

image


A continuación, na subpáxina mostrarei unha avaliación xeral sobre o meu proceso de aprendizaxe na materia de Formación para o Desenvolvemento do Profesorado, unha autoavaliación, e algúns dos traballos realizados en grupo, pois todo o anterior foi feito por min de xeito individual, así como falar sobre os tweets, archivos e favoritos agregados ao meu portafolios.