Traballo en grupo

Traballo en grupo

Última actualización de en Silvia

En todas as clases tamén foi moi valorado o traballo en grupo, pois só de él se poden sacar múltiples opinións sobre un mesmo tempo, e á vez todas válidas sen ser unhas mais importantes que outras, que nos axuda tamén a crear e construír o noso coñecemento.

Algúns dos traballos mais relevantes en grupo foi a análise do documento " Levántate y Quéjate" ou a análise e posterior comparación entre a LOE-LOMCE.

 

Levántate y quéjate!

A continuación vou a falar sobre un dos documentos que tratamos e penso que trataremos nas clases dada a súa importancia.

Este escrito foi redactado por Paco Imbernón, informando e protestando á vez polas políticas que o goberno está implementando no ámbito educativo.

 

  1. INTRODUCCIÓN

 

Desde a chegada do Partido Popular ó goberno, non se pode falar de outra cousa que non sexan os recortes.

Dende o 2011, recostáronse 5.212 millóns de euros en Educación, e mesmo na previsión dos presupostos para o próximo ano 2013, son 2.276 millóns de euros menos, polo que podemos afirmar que se reducen en un tercio do total dos anos anteriores.

Ademais, este goberno ten a inteción de deixar o PIB do gasto Público nun 3,9% , á altura de países en vías de desenvolvemento.

As becas son outro dos problemas, pois xa non só as recortan, senón que as condicións para conseguilas son cada ano superiores.

A inversión en educación vaise reducindo, e isto vai provocar ( e xa o estamos notando ) unha baixada da calidade da enseñanza e esto repercutirá na igualdade e na equidade.

 

2 . REPERCUSIÓNS NO CONXUNTO DO SISTEMA EDUCATIVO

 

Ademais das repercusións que se poidan dar no ámbito educativo, a reforma ideológica que se está producindo coa nova Lei de Mellora da Calidade so Sistema Educativo non deixa de ser un dos puntos mais importantes. Algunhas das modificacións que trae é sustituir a materia de Educación para a Cidadanía, as escolas que diferencia por sexos vanse a financiar con fondos públicos, extensión dos concertos educativos, avaliación externa, etc….

 

3. REPERCUSIÓNS NOS PAIS, NAIS E NO ALUMNADO

 

Para empezar, 2.267.000 de nenos e nenas españois sitúanse por debaixo do umbral de pobreza, pola precaria situación que conleva o paro, engadíndolle ademais o aumento do I.V.A.

As familias recortan cada vez mais en actividades extraescolares. Elimínanse os comedores de colexios, as becas de libros, axudas para actividades extraescolares, etc..

Ademais, o novo proxecto de Lei enche a vida do alumnado de avaliacións.

 

4. REPERCUSIÓNS NO PROFESORADO

 

Redúcense os salarios, pero increméntanse horas lectivas do profesorado e amortízanse as xubilacións con efectos de destrucción de postos de traballo de interinos.

Mais alumnos, menos profesores e degradación do profesorado interino con dúas opcións : ou van ó paro ou acatan as deficientes condicións laborais que se lle imponen.

A precarización da función docente xunto coa masificación das aulas e que as sustitucións non se cubran  ata o décimo día laborable, e que eses sustitutos cobren ata un 15% menos en algunhas autonomías…todo é unha suma que o único que fai é perjudicar a educación en particular e á sociedade en xeral.

Ademais o director convírtese no único órgano decisorio do centro, e o consello escolar pasará a ser un órgano meramente consultivo que non participará nin na elección do equipo directivo.

O profesorado vai pouco a pouco desmotivándose, o que tamén se trasmite ao alumnado e o que fai empeorar a situación.

 

5. REPERCUSIÓNS NA UNIVERSIDADE

 

O número de estudantes universitarios este ano diminuiu en mais de 150 mil universitarios debido ao brutal encarecemento das tasas. As aportacións ás universidades reduciuse drásticamente.

A tasa de algúns másteres subiu ata un 200%, e as becas mais que aumentar, complícanse con requisitos case imposibles de acadar.

Esto é unha forma de ir vaciando a Universidade pública de calidade e aumentar a desigualdade social.

Conxeláronse os prezos da primeira matrícula en Galicia e Asturias , e aplicáronse aumentos moi importantes nas segundas e sucesivas matrículas en todo o país.

Os salarios do profesorado tamén descendeu nun 7%, elimínanse as axudas e matrículas, as horas lectivas tamén se incrementaron con unha carga docente maior, e apareceu unha nova forma de seleccionar ao profesorado disminuíndo o número de profesorado funcionario sustituidnos por persoal laboral mais facil de contratar, controlar e de despedir.

Os novos requisitos de notas que han de obter os becarios aumenta, e polo tanto, é posible que se perdan axudas nun 32% o próximo curso.

 

6. REPERCUSIÓNS NOS SERVIZOS EDUCATIVOS

 

O gasto público en Educación en relación ao PIB non subiu nos últimos dez anos, pero sí a inversión en términos semellantes ao incremento de ingresos. Esto distáncianos cada vez mais da media da Unión Europea.

A estrategia principal para eliminar o fracaso escolar e aumentar a calidade educativa é reducir os recursos en educación predominante dos da escola pública.

A educación pode ser vista dende dúas concepcións : como un gasto que hai que reducir, ou como unha inversión que debería analizarse e ser prudente antes de decidir reducir recursos educativos.

Cando un país reduce a educación, aumenta a pobreza económica e social xa que non pode asistir a todos con calidade, e eso fará aumentar o fracaso e o abandono do sistema. Cando un abadona a escola, tamén aumenta o risco de pobreza, de desempleo e de quedar marxinado socialmente.

Todos os servizos que se habían logrado conquistar ata o momento, irán desaparecendo do novo sistema educativo, e eso pagarase.

Pois ben, eu son das que opinan que a educación é un dos sectores, senón o mais importante xunto coa sanidade, dos que depende o benestar da sociedade para poder progresar. Se en este ámbito o goberno fai uns dos recortes mais significativos, non só este sector será o afectado, senón a sociedade en xeral, incluíndo a economía e todo o demais, o que pronostica non superar a crise económica ata que esto non sea solventado.

E eu pregúntome, ¿ para que nos estamos formando nós, para traballar ou para servir? Eu levo soñando co momento de traballar de aquelo que elixin e que me fai feliz moitos anos, co que non soñei é o con ter que traballar como un castigo, ou o que aínda é peor, o non poder traballar.

Por último, como ser humano en xeral, e como muller en particular : Non permitamos que morra outra sola muller a mans dun home. 25N  : Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Nadie está por encima de nadie!

http://firgoa.usc.es/drupal/node/50984

Análise LOE-LOMCE

 

 

 

A continuación, expoño os aspectos mais relevantes do novo Anteproxecto de Lei da LOMCE :

O anteproxecto de reforma educativa aprobado polo Consello de Ministros o pasado venres 21 de Setembro, propón implantar as avaliacións nacionais externas e estandarizadas ao final de cada etapa educativa non universitaria, que os alumnos terán que superar para obter os títulos de Graduado en E.S.O e Bacharelato.

A continuación compararemos os aspectos mais relevantes da nova Lei, coa Lei anterior.

  • A proposta da LOMCE modifica algúns aspectos da LOE, atribúelle ó goberno central a definición do 65% das ensinanzas básicas mínimas para as Comunidades con lingua cooficial; e o 75% para o resto, que a diferenza coa LOE onde lle corresponde o 55% e o 65% respectivamente.
  • A Educación Básica coa nova Lei queda constituída ademais de pola Educación Primaria e a Educación Secundaria, polos Ciclos de Formación Profesional Básica.
  • En canto ás areas na Educación Primaria tamén se vai dar un cambio con respecto á LOE, divide a materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, pasa a dividirse en dúas materias : Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.
  • Na Educación Secundaria Obrigatoria, pasarase a cursar de maneira obrigatoria a lo menos 1 materia optativa, mentras que na LOE, era opcional .
  • Eliminouse da LOMCE a materia Educación para a Cidadanía.

Con relación aos aspectos que este anteproxecto aporta á anterior LOE podemos destacar os seguintes :

  • A Lingua Castelá empregarase como apoio na aprendizaxe dunha lingua extranxeira.
  • A Educación Secundaria Obrigatoria estará formada por 2 ciclos : o primeiro de 3 anos, e o segundo de 1 ano de carácter preparatorio para o estudo dunha disciplina.
  • Coa LOMCE, para poder obter o título de Graduado en ESO e o de Bacharelato ( este último sustituira a proba de acceso á Universidade ), non só se requerirá o paso dos cursos, senón a aprobación dunha proba final, para despois facer unha media coas calificacións de cada materia.
  • Realizarase unha avaliación de 3º de Primaria para a detección precoz de dificultades na aprendizaxe.
  • Os alumnos/as realizarán unha avaliación ao finalizar o 6º curso de Primaria, para comprobar o grado de adquisición das competencias básicas e o cumplimento dos obxetivos da etapa, así como a viabilidade do tránsito do alumno/a pola etapa.
  • Modernizase a formación profesional de Grado medio, con materias adaptadas ao sector profesional correspondente e facilítase a continuación hacia o Grado Superior a través de materias optativas.
  • Tanto as avaliacións finais como as probas de admisión poderán repetirse en convocatorias sucesivas, cando non foran superadas.
  • Os centros teñen autonomía para diseñar e implantar métodos pedagógicos.

 Ademais, pareceume interesante buscar algunhas opinións sobre a LOMCE e coa comparación que se fai de ésta e coa LOE. Algunhas das mais relevantes foron :

  • Os Sindicatos de Enseñanza FETE-UGT , FE- CCOO y STES-I afirman que este anteproxecto de Lei da Mellora da Calidade Educativa ( LOMCE ) é unha “ contrareforma ideolóxica” que non resolverá os problemas do sistema educativo.
  • O Ministro de Educación, Cultura e Deporte , Ignacio Wert, asegurou que as novas medidas educativas que se incluen no anteproxecto están destinadas para mellorar a equidade do anterior sistema educativo que existía en España, e que esto crearía enormes diferencias entre as Comunidades Autónomas.
  • A portavoz de STEC-IC, Silvia Rodriguez Court, afirmou que : “ A LOMCE é unha contrareforma educativa supón unha regresión pura e dura aos anos do fascismo.”
  • Dende o periódico digital.es afirman que o novo anteproxecto é un retroceso e unha volta ao pasado.
  • Dende o xornal larioja.com, Capellán avala a reforma educativa, aínda que considera que se queda “ algo excasa.”
  • Dende o xornal ABC, considérase como unha “ reforma educativa de alcance.”

Fontes de información :


Cabe destacar tamén que a aprendizaxe en esta materia estivo directamente relacionada coas nosas experiencias nos Prácticums I e II. De ahí realizamos tamén unha práctica moi interesante en grupo, facendo preguntas sobre os aspectos mais relevantes de esta experiencia, e contestándoas cada un dende o seu punto de vista.


Na miña experiencia persoal, o profesorado e as súas relacións marcaron a miña estancia alí. Pareceume realmente admirable a relación que entre todos mostraban de compañerismo e cooperación, axudábanse uns a outros sen necesidade de pedirse axuda, mostrábase unha preocupación polo alumnado dentro e fóra da clase que levou a descubrir varios problemas familiares externos ao centro e que afectaba a varios alumnos co fin de mellorar a súa vida, e como esa, mil anécdotas. Non obstante, un dos aspectos que destacabamos no debate na clase era a de si exercéramos como pedagogos/as ou se desempeñáramos outro rol. No meu caso foi mais un rol como unha docente, e non como unha pedagoga, pero sentinme plenamente satisfeita e realizada facendo aquelo que mais me gusta.

En algunhas entradas, tamén falamos sobre estes aspectos das culturas profesionais do centro, e de outros aspectos como os que aparecen reflexados na seguinte entrada :

Prácticum II : práctica. Parte 2

Na entrada anterior, falei das culturas profesionais da institución na que realicei o meu prácticum; e hoxe vou a falar de outros tres puntos bastante importantes na miña estancia alí.

.

En primeiro lugar, falarei das tecnoloxías, e do papel que éstas xogan dentro da institución. Cada aula conta con un proxector e unha pizarra dixital para uso tanto de alumnos como de profesores ; así como un ordenador con acceso a internet, que os alumnos utilizan para aprender a investigar aquelas cousas que lle interesan, sempre coa supervisión da titora.

Ademais, o centro conta con varios mobles que contan con unha TV e un DVD para que solicitándoo previamente, cada titor poida facer uso dela na clase.

.

En segundo lugar, falamos do proceso de planificación, desenvolvemento e avaliación da formación. Ao tratarse dun colexio público, a planificación lévase a cabo coa elaboración da Programación Xeral Anual para todo o colexio, ademais dos Programas Educativos adaptados a cada curso. En ambos recollense tanto as actividades lectivas como as que van a complementar a programación de cada curso, así como os recursos humanos e materiais que se van adicar a cada unha de esas accións.

Para que estas programacións se adapten ao alumnado e teñan os resultados que se esperan, o profesorado reúnese todos os martes polas tardes no centro, non só entre eles, senón tamén coas familias para poder facer modificacións, sempre co fin de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Ademais de esta avaliación interna, tamén se realiza unha avaliación externa levada a cabo pola Inspección Educativa, que permite conocer a calidade do ensino.

.

En último lugar, falarei sobre a miña institución de prácticum como un lugar idóneo para a aprendizaxe. Normalmente adoita darse por suposto que calquera institución educativa debe ser idóneo para a aprendizaxe, pero quédase nunha suposición, pois non sempre se dan as circunstancias para que esto sexa así. Dende logo, no meu caso sí podo decir que a institución é idónea para a aprendizaxe tanto de profesores como de alumnos. Os alumnos contan ademais de ca Programación Xeral e a Programación de Aula, con un plan adaptado ás características individuais de cada alumno, para poder reforzalo nos seus puntos débiles no proceso de enseñanza e motivalo nos mellores para que continue así.

Os profesores fomentan no alumnado unha actitude de colaboración e traballo en equipo que os nenos perciben, e ademais dos contidos teóricos, neste colexio priorizan as enseñanzas sobre " saber ser " e non tanto sobre " saber facer"; pois é mais importante enseñar a que os nenos medren sabendo socializarse e comportarse en cada momento de acordo ao contexto no que se atopen, e non tanto sobre que sepan uns contidos teóricos que non sepan poñer en práctica.